Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161115 - Comercialización e marketing agroalimentario (Xestión e Organización de Empresas Agroalimentarias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada, Economía Aplicada
  • Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria, Economía Aplicada
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SANTISO BLANCO, JORGE ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar os coñecementos necesarios para comprender o entorno dos mercados agroalimentarios. Proporcionar elementos de análise no que se desenvolve a función comercial da empresa. Traballar coas ferramentas de marketing como parte integrada no plan empresarial. Traballar coas ferramentas de observación e análise de mercados.
    Contidos
    Nota previa:
    Con carácter xeral os alumnos terán cursado previamente algunha materia inclusiva dos conceptos básicos de marketing. Tense en conta este factor para dar unha dobre orientación ó contido do programa: a) tratar aspectos concretos das diferentes variables de marketing, e b) aplicar os conceptos e estratexias de marketing a sectores específicos no contexto do Máster.

    Programa de teoría (14 horas)
    1.- Marketing estratéxico na empresa agroalimentaria. Integración do marketing no plan empresarial.
    2.- Consumo alimentario e estratexias de marketing. O consumidor e as pautas de comportamento. Mercados emerxentes e mercados maduros.
    3.- A investigación comercial. Observación e análise. Recursos e métodos. Paneis de consumidores. Fontes de información.
    4.- Segmentación de mercados: obxectivos, criterios e límites. A información como base da segmentación.
    5.- O produto como obxecto de marketing: innovación e diferenciación. O packaging como elemento de marketing.
    6.- Estratexias de marca: orixe, evolución e tendencias. Estratexias MDDs
    7.- Estratexias de prezo: custes, competencia e resposta. Observación e análise do entorno.
    8.- Estratexias de distribución. Acceso ao punto de venda: poder de mercado e poder de negociación. Un canal particular: restauración e colectividades. Canais alternativos.
    9.- Estratexias de comunicación e imaxe: a comunicación integral. Comunicación colectiva.
    10.- Os mercados agroalimentarios no entorno internacional.
    11 a 14.- Perspectiva sectorial: (1) Produtos lácteos, (2) Viños, (3) Produtos frescos, (4) Alimentación seca

    Docencia interactiva (prácticas obrigatorias) (10 horas)
    Elaboración dun plan de marketing inclusivo das bases do programa de teoría. Tomarase como guía para a redacción do “Caso práctico” que deberán elaborar e defender os alumnos no plan de avaliación.

    Bibliografía básica e complementaria
    CALDENTEY, P. & DE HARO, T. (2004) Comercialización de productos agrarios. Editorial Agrícola Española y Mundi-Prensa SA. Madrid

    GALLEGO, J. F. (2005) Marketing para hoteles y restaurantes en los nuevos escenarios. Editorial Paraninfo, Madrid.

    GRANDE ESTEBAN, I. (2006) Conducta real del consumidor y marketing efectivo. ESIC Editorial, Madrid

    MARTINEZ, I. J. (2005) La comunicación en el punto de venta. Estrategias de Comunicación en el comercio real y online. EESIC Editorial, Madrid

    PELLEMANS, P. (1999) Recherche qualitative en marketing: perspective psychoscopique, De Boeck Université. Paris, Bruxelles.

    RODRÍGUEZ-BARRIO, J. E.; RIVERA, L. M. e OLMEDA, M. (1990) Gestión comercial en la empresa agroalimentaria, Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.

    VILAS, J.M. (2011) Marcas líderes y distribuidores. Buenas prácticas de colaboración. ESIC Editorial, Madrid

    Competencias
    Competencias xerais:
    Aprender a aplicar o pensamento crítico, lóxico e creativo
    Desenvolver as capacidades de análise e de síntese

    Competencias específicas:
    Capacidades para aplicar os coñecementos adquiridos na función comercial da empresa integrados cos demais coñecementos da xestión da empresa agroalimentaria.
    Capacidades para a toma de decisións, considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.

    Competencias transversais
    Capacidade para o razoamento, a argumentación e o traballo individual ou en equipo, con actitude autocrítica.
    Capacidade para obter e analizar información axeitada, diversa e actualizada.
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas:
    O profesor introduce os conceptos básicos de cada tema (explicación teórica e exemplos prácticos), deixando un tempo para a discusión en grupo.

    Clases interactivas:
    Exercicios de aplicación práctica dos conceptos teóricos; apoio á elaboración dos traballos de curso.

    A plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre alumno e profesor e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.

    Sistema de evaluación
    A avaliación consta de tres elementos:
    a) Asistencia regular e participativa ás actividades na aula (80% das horas, mínimo)
    b) Exercicios ao longo do curso (por ex.: comentarios escritos e/ou orais sobre textos, artigos, etc.)
    c) Caso práctico (traballo persoal supervisado polo profesor)
    A calificación final obterase ponderando os apartados a), b) e c) na proporción de 10-40-50 %, respectivamente.
    Para superar a materia será preciso obter unha nota mínima ponderada de 5 sobre 10, sempre e cando as notas dos apartados b) e c) superen 4 sobre 10.
    De selo caso, as notas das partes superadas reservaranse para a segunda oportunidade, e/ou convocatorias posteriores.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase un total de 75 horas de adicación do alumno para superar a materia, co seguinte reparto: 28 horas de traballo presencial na aula e 47 horas de traballo persoal do alumno.
    O traballo presencial na aula consta de 14 horas de docencia expositiva, 10 horas de docencia interactiva e 4 de actividades de avaliación.
    O traballo persoal fóra da aula comprende 9 horas de lectura e preparación de temas, 8 horas de preparación previa e posterior consolidación das prácticas, e 30 horas de elaboración dos traballos de curso e preparación das avaliacións.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a tódalas actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Consultar ó profesor calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar as prácticas dos exercicios ao día.