P4161203 - Enerxías renovables (Especialidade en Agroenxeñaría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer, dimensionar e proxectar instalacións destinadas ao aproveitamento das energías renovables no ámbito rural
Contidos1. Enerxía solar fotovoltaica: células solares, compoñentes dos sistemas fotovoltaicos, dimensionado de instalacións illadas e conectadas á rede.
2. Enerxía solar térmica: paneis solares, compoñentes das instalacións, dimensionado das instalacións.
3. Enerxía eólica: principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos, tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia.
4. Enerxía da biomasa: procesos de transformación. Biogás e coxeración. Biocombustibles
Bibliografía básica e complementariaCastañer, L.1994. Energía solar fotovoltaica. Ediciones UPC. Madrid.
Ciemat. 1995. Principios de conversión de energía eólica. Ciemat. Madrid.
Fernández Salgado, J.M. 2007. Guia Completa De La Energia Solar Fotovoltaica.
Méndez Muñiz, J. 2006. Energia Solar Fotovoltaica
www.windpower.dk
Sebastian, F.; García Galindo, D.; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa (vol.I). Prensa Universitarias de Zaragoza
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata.
U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
CompetenciasCapacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garantice a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas nas situacións novas, analizando a información proveniente do entorno sintetizándoa de forma eficiente para facilitar el proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario
Capacidade para transmitir seus coñecementos e as conclusións dos seus estudios ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
Capacidade para dirixir ou supervisar equipos multidisciplinares e multiculturales, para integrar coñecementos en procesos de decisión complexos, con información limitada, asumindo a responsabilidade social, ética e ambiental da súa actividade profesional en sintonía con o entorno socioeconómico e natural na que actúa.
Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación
Específicas
1. Comprender os fundamentos básicos que rixen o funcionamento das células solares, paneis termo solares e aeroxeradores.
2. Proxectar instalacións fotovoltaicas e termo solares.
3. Comprender os fundamentos físicos do aproveitamento da enerxía eólica
4. Elixir e calcular os diferentes tipos de aeroxeradores
5. Comprender os fundamentos físicos do aproveitamento da enerxía da biomasa
Metodoloxía da ensinanza O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes se clasifican como sigue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en líneas xerais. O obxectivo destas clases e proporcionar ao alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudio da materia de modo autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios. O estudante disporá do material depositado na Aula Virtual da materia: se pretenden que interactúen o profesor e os estudantes na resolución dos exercicios. Este traballo complementarase con traballo persoal ca resolución de exercicios de forma autónoma.
3. Titorías: destinadas a discutir, comentar, aclarar ou resolver dubidas ou cuestións relacionadas co o desenvolvemento da materia.
4. Probas de avaliación: O alumno realizará una proba escrita constituída por cuestións resoltas ao longo do curso. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas.
Sistema de evaluaciónRealizaranse de tres a catro traballos de aproveitamento das enerxías (40 %) e exercicios ao longo do curso (10 %)
Exame final escrito de teoría (50% de ponderación da nota final)
Os traballos e as outras actividades desenvolvidas deberán ser entregadas nos prazos establecidos e só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos seguinrtes:
-obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame
-a nota global obtida como ponderación do exames, traballos e exercicios sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período e conservaranse as calificacións obtidas nos exercicios e nos traballos.
A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
Clases expositivas: 12,0
Clases interactivas: 12,0
Actividades de avaliación 2,0
Traballo persoal do alumno
Lectura e preparación de temas: 20
Realización de exercicios: 10
Elaboración de traballos de curso: 10
Preparación de probas de avaliación: 9
Total: 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular ás clases tanto teóricas como prácticas e uso do campus virtual.
- Asistencia e participación nas clases.
- Dedicación regular ao estudio teórico e realización dos exercicios e cuestións propostas.
- Uso do campus virtual tanto para a realización de test como para a resolución de dubidas e estudio da materia.
- Uso das títorías para a consulta das dubidas que xurdan do estudio da materia a medida que se necesite.