Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161205 - Enxeñaría da madeira estructural (Especialidade en Agroenxeñaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia está orientada a proporcionar ao aluno a formación necesaria para deseñar, calcular, planificar e dirixir as infraestruturas e construccións mais comúns no ámbito da súa competencia. Isto supón o estudo dos elementos construtivos na edificación en madeira, a adquisición de cooñecementos que lle permitan o dimensionamento e o cálculo de estruturas de madeira na edificación,
    Contidos
    • Tipoloxías estruturais e materiais utilizados. Deseño.
    • Cálculo de estruturas de madeira co código técnico da edificación. Bases de cálculo. Estados límite último e estados límite de servizo.
    • Cálculo de unións e aparellos de apoio.
    • Dimensionamento con programas informáticos.


    Programa de teoría

    - Tema 1: Bases de cálculo
    Introdución. Normativa. Materiais. Clasificación visual da Madeira Estructural. Clases resistentes.
    - Tema 2: Estados Límites Últimos e de Servizo.
    Comprobación de sección en dirección paralela e perpendicular. Análise de Pandeo. Análise de inestabilidade por volteo lateral. Determinación de flechas.
    - Tema 3: Comprobacións Singulares
    Análise de trabes a duas augas. Arcos e pasarelas.
    - Tema 4: Comprobacion a Lume
    Dimensionamento a lume
    - Tema 5: Introducción ao Cálculo de Unións
    Tipoloxias e execución de unións en estruturas de madeira

    Programa de actividades interactivas

    • Laboratorio 1 (3 horas): Caracterización mecánica da madera
    • Laboratorio 2 (3 horas): Introducción ao programa Estrumad
    • Laboratorio 3 (3 horas): Resolución práctica de forxado de madeira.
    • Laboratorio 4 (3 horas): Resolución práctica de Cercha Española

    • Tutoría 1: Análise de Estrutura de Madeira

    Bibliografía básica e complementaria
    a) Bibliografía básica:
    .

     ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ARGÜELLES ÁLVAREZ, R. 2003. Estructuras de madera. Diseño y cálculo. AITIM. Madrid.
    Trátase do libro base para a formación en estruturas de madeira. Abranque de maneira global os aspectos bases para a realización de proxectos de madeira.

     Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.


     Eurocódigo 5. 2006. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto en situación de incendio. AENOR. Madrid.


    b) Bibliografía complementaria:

     DUPRAZ, P.A.; MOOSER, M.; PFLUG, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.

     FERNÁNDEZ-GOLFÍN SECO, J.I.; DÍEZ BARRA, M.R.; HERMOSO PRIETO, E.; MIER PÉREZ, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.

     HERZOG, T.; NATTERER, J.; SCHWEITZER, R.; VOLZ, M: WINTER, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.







    Competencias
    A) Xerais

    De acordo co apartado 3 3 do Anexo da Orden CIN/325/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo, os titulados deste Máster, a través da materia de Enxeñaría da Madeira Estructural deberán adquirir as seguientes competencias xerais:

    - Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestructura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desenvolvemento eficiente das actividades productivas realizadas na empresa agroalimentaria.

    - Capacidad para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas plantexados nas situacóns novas, analizando a información provinte do entorno e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
    - Capacidade para transmitir os sus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía das comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.

    - Capacidade para dirixir ou supervisar equipos multidisciplinares e multiculturais, para integrar coñecementos en procesos de decisión complexos, con información limitada, asumindo a responsabilidade social, ética e ambiental da súa actividade profesional en sintonía co entorno socioeconómico e natural na que actúa.

    - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar co aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, el desenvolvemento e a innovación.

    B) Específicas

    De acordo co apartado 5 do Anexo da Orden CIN/325/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo, os titulados deste Máster deberán acadar as seguientes competencias específicas, entre as que destacamos, como parte fundamental da materia de Enxeñaría da Madeira Estructural, as siguentes:

    • Dirección de proxectos de Enxeñaría Agronómica
    • Inxeñaría da madeira estructural


    Metodoloxía da ensinanza
    A CLASE TEÓRICA

    Nas clases teóricas emplearase o método expositivo, de maneira que o alumno/a reciba una base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan dunhos coñecementos mínimos.
    En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o argumento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
    A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introducción ao aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que cumpre lograr por outros medios.

    OS SEMINARIOS E AS PRÁCTICAS. TRABALLO EN GRUPO

    Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo.
    Contemplarase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos na resolución de estruturas reais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construcción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
    Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo. Tanto os seminarios, como as clases de problemas e las clases prácticas baséanse na aplicación do método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dudar e cuestionarse..


    O TRABALLO PERSOAL

    Trátase de orientar o esforzo persoal cara un modelo no que será o propio alumnado quen descubra relacións entre feitos, construíndo interpretacións idóneas destes. Neste senso contémplase a posibilidade do encargo e realización de traballos tanto en teoría como en prácticas, que serán evaluados.
    Asimesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos na materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.

    TITORÍAS

    A maiores de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou da formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de alcanzar unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, aínda que estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan abrangue o conxunto do alumnado.


    Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio á titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.


    Sistema de evaluación
    • Exame de contidos teórico-práctico (mínimo un 70% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7).
    • Traballos de curso (ata 30% da cualificación final).

    - Cualificación final

    Obterase como suma das cualificacións acadadas para cada concepto, debendo conseguir un mínimo de 5 puntos para superala materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por término medio, considérase necesario dedicar duos horas de estudo por cada hora de carácter expositivo na materia, ás que se lles engade unha media de tres horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases prácticas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, é recomendable a lectura ou preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.