P4161206 - Tecnoloxía da información xeoespacial (Especialidade en Agroenxeñaría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar ao alumno da perspectiva necesaria para analizar eventos e procesos que teñen lugar sobre o territorio, ao permitir localizar cada evento na súa posición xeográfica. As novas tecnoloxías de información espacial proporcionan información precisa, detallada e rápida de gran utilidade para a avaliación e xestión de recursos.
Aplicación de novas tecnoloxías de información espacial (teledetección, fotogrametría e Sistemas de Información Xeográfica) á produción e análise de información xeo-espacial para a avaliación e xestión ambiental a diversas escalas, tanto local como rexional e global.
ContidosContidos teóricos
1.- Captura, tratamento, análise, interpretación, difusión e almacenamento da información xeográfica.
2.- Teledetección.
2.1- Correccións xeométrica da imaxe
2.2- Tratamentos dixitais da imaxe.
2.3- Extracción, análise da información
3.- Fotogrametría.
3.1- Introdución
3.2- O levantamento fotogramético
3.3- A fotogrametría aérea de baixa altitude
4.- Técnicas de modelado 3D a partir de imaxes
5.- Aplicacións no ámbito da agroenxeñería
Contidos prácticos
I Teledetección
- Corrección xeométrica dunha imaxe e visualización 3D
- Realce de contraste, composición coloreada, filtrado
- Clasificación dixital dunha imaxe multiespectral
II Fotogrametría
- Análise dun fotograma. Visión tridimensional dun par estereoscópico
- Fotointerpretación de fotografía aérea a distintas escalas
III Modelado 3D
- Virtualización tridimensional dun obxecto sinxelo
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- FERNANDEZ GARCÍA, S; GIL DOCAMPO, M. L. Topografía y Geomática Básicas en Ingeniería. Ed. Bellisco. ISBN 978-84-92970-38-4,351 pp. Madrid. 2012
- GIL DOCAMPO, Mª L; ARMESTO GONZÁLEZ, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002
Bibliografía complementaria
- Ferrer Torío, R y otros “Fotogrametría” ETSI de Caminos Canales y Puertos. Universidad de Cantabria.
- Chuvieco Salinero, E. “Teledetección ambiental” Ed Ariel Ciencia. 2006.
-López Cuervo, Serafín. “Fotogrametría” Ed Egraf. 1980
- Manzano Agugliaro, F. y otros. "Aplicaciones fotogramétricas y cartográficas en la ingeniería rural". Ed Universidad de Almería. 1999.
-Ortiz Sanz, L.; Gil Docampo, M L,; Rego Sanmartín, T. - Problemas resueltos de topografía y fotogrametría. Ed. Bellisco. 2003.
- Núñez, R; Ramil, L; Gil M."Statistical comparison of photogrammetry close range equipments at low cost "CIPA 2005 XX International Symposium. Proceedings CIPA 2005 XX International Symposium.Torino, Italia.2005. http://cipa.icomos.org/text%20files/TURIN/481.pdf
- Ortiz Ortiz, J.; GIL, M. L; MARTÍNEZ, S.; Rego, T.; Meijide, Gonzalo
A simple methodology for recording petroglyphs using low-cost digital image correlation photogrammetry and consumer-grade digital cameras”
JOURNAL OF ARCHAEOLOGICAL SCIENCE. V.37, 3158-3169 2010
- Ortiz, J; Núñez, R; Rego, .T "Use of volumetric targets to improve accuracy in architectural photogrammetry at low cost "CIPA 2005 XX International Symposium. Proceedings CIPA 2005 XX International Symposium.Torino, Italia.2005. http://cipa.icomos.org/text%20files/TURIN/485.pdf
- Ortiz, J; Gil, M; Rego, T; López, A. “Documentación métrica de las construcciones rurales tradicionales. Caso particular del levantamiento de molinos harineros ”X Congreso Internacional Conjunto XXI INGEGRAF – XVII ADM. Proceedings Caminando desde la idea hacia las alternativas del diseño. ISBN 978-84-96351-54-7; ISBN CD-ROM: 978-84-96351-57-8, D.L. LU-122-09. Lugo, España. 2009.
CompetenciasCapacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas
suscitados en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou
informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
Capacidade para obter información xeoespacial adecuada, diversa e actualizada.
Coñecementos e aplicación dos métodos e técnicas xeomáticas no ámbito da enxeñería agronómica.
Metodoloxía da ensinanza Materia semestral, con 9 horas de clases maxistrais que se impartirán fundamentalmente mediante power point.
Se impartirán así mesmo 12 horas de prácticas de laboratorio nas que se traballará no aula de informática fundamentalmente. Levarase a cabo a aplicación de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. O software a empregar será o de Geomática entre outros
Os alumnos deberán realizar unha memoria de prácticas individual. A asistencia ás clases é obrigatoria.
Sistema de evaluación Realización de exercicios e entrega de informes de prácticas 60%
Exames teórico-prácticos 40%
Realizarase un exame final na data oficial fixada polo centro.
A asistencia a prácticas é obrigatoria, esíxese unha asistencia mínima do 80%. Será preciso a entrega dunha memoria final de prácticas. As prácticas aprobadas gardaranse para sucesivas convocatorias.
NOTA FINAL = NT x 0.40 + NP x 0.60
Para o cálculo da nota final é necesario que ambos NT e NP sexa maior que 4.
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva en grupo de 40 alumnos 9 Lectura e preparación de temas 12
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos
(laboratorio, aula de informática,…) 12 Realización de exercicios 12
Titorías en grupo de 10 alumnos Preparación previa das prácticas
e traballo posterior sobre as mesmas 12
Actividades de avaliación 2 Elaboración de traballos de curso
(en grupo ou individuais) 12
Outras (traballo en grupo) Preparación de probas de avaliación 4
TOTAL 1 23 TOTAL 2 52
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a las actividades presenciales