Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161209 - Manexo de pastos (Especialidade en Enxeñaría da Producción de Leite) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RUIZ NOGUEIRAS, BENIGNO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A.- OBXECTIVO XENÉRICO: Que os alumnos de Manexo de Pastos coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos relacionados co Manexo de Pastos na Zona Húmida da Península Ibérica, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista.

    B.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
    - Recoñecer especies pascícolas e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
    - Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudio e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes á formación do rendemento nestas especies.
    - Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo dos mesmos.
    - Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies e variedades para cada situación concreta.
    - Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
    - Coñecer a problemática da colleita e os criterios de calidade dos produtos.
    - Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.

    Contidos
    Introdución: marco da materia: especies e mesturas pratenses na España Húmida. Base forraxeira das explotacións gandeiras. Sementes de especies pratenses: criterios de calidade, influencia sobre o establecemento da pradaría. Gramíneas e Leguminosas pratenses: características, manexo e especies. Avaliación, utilización e manexo de pastos. Rotacións. Aspectos ambientais do pastoreo.

    Bibliografía básica e complementaria





    Libros e folletos

    BESNIER ROMERO, F., 1989. Semillas: Biología y tecnología. 638 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    DUTHIL, J., 1989. Producción de forrajes. 368 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    FRAME, J., 1994. Improved grassland management. 356 pp. Farming Press. Books. Ipswich. Reino Unido.
    HOLMES, W., 1989. Grass its production and utilization. Second edition. 306 pp Blackwell Scientific Publications. Londres.
    JONES, M.B.; LAZENBY, A., 1988. The grass crop: The physiological basis of production. 372pp. Chapman and Hall. Londres.
    LANGER, R.H.M., 1990. Pastures, their ecology and management. 204 pp. Oxford University Press. Oxford. Reino Unido.
    MOSQUERA, R.; ROMERO, R.; RIGUEIRO, A.; PIÑEIRO, J.; GONZÁLEZ, M.P.; LÓPEZ, Mª L., 2000. Plantas de los prados del noroeste de la Península Ibérica. 112 pp. Escola Politécnica Superior. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
    MUSLERA PARDO, E.; RATERA GARCIA, C., 1991. Praderas y forrajes: Producción y aprovechamiento. 676 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    PIÑEIRO ANDION, J.; PEREZ FERNANDEZ, M., 1993. Mezclas pratenses en la España húmeda. 48 pp. Hojas divulgadoras, Núm 8/92 HD. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Secretaría General de Estructuras Agrarias. Madrid.
    STEWART, T.A.; PIÑEIRO ANDIÓN, J., 2002. Siembra en superficie de trébol blanco en praderas establecidas. 4 pp. Una guía práctica basada en la experiencia de los participantes en el Proyecto EFFECT de la UE. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A Coruña.

    Artigos científicos e de divulgación

    PEREZ FERNÁNDEZ, M.; PIÑEIRO ANDIÓN, J., 1992. Especies pratenses y modo de aprovechamiento. II.- Efecto sobre el contenido en calcio, magnesio y la relación K/(Ca+Mg). Actas de la XXXII Reunión Científica de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 261-266.
    PIÑEIRO ANDIÓN, J.; PEREZ FERNÁNDEZ, M., 1992. Especies pratenses y modo de aprovechamiento. I.- Efecto sobre el contenido en proteína bruta, fósforo y potasio. Actas de la XXXII Reunión Científica de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 255-260.
    PIÑEIRO ANDION, J., 1994. Especies y mezclas pratenses en la España húmeda. Actas de la XXXIV Reunión Científica de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 146-160.
    PIÑEIRO ANDION, J., 1995. La base forrajera de la producción de leche en zonas de minifundio. Pastagens e Forragens, 16, 147-158.
    RODRÍGUEZ JULIÁ, M. Recomendación de abonado para las praderas en base al ciclo de mantenimiento de los nutrientes. En: II Xornadas Pratenses, 61-80. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo, Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia y Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo. Lugo.
















    Competencias
    Coñecer, comprender e aplicar os fundamentos do manexo das pradarias da Cornixa Cantábrica e Galicia a nivel de explotación, para a súa aplicación á hora de planificar unha explotación ou un sistema de cultivo no marco dunha agricultura sostible.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Desenvolvemento dos temas mediante clases maxistrais nas que se busca a interacción cos alumnos, con apoio de material audiovisual.
    - As clases teóricas compleméntanse con clases prácticas nas que os alumnos se familiarizan coa maior parte do material vexetal comentado nas clases teóricas, en parcelas sementadas no campo de prácticas, que se someten a distintos manexos en fase de establecemento e mantemento.
    - Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector.


    Sistema de evaluación
    - Será preciso aprobar conxuntamente as partes teórica e práctica da materia.
    A avaliación da teoría farase mediante un exame e a cualificación dos traballos realizados.
    - Nas prácticas avaliarase a asistencia e implicación do alumno, así como os posibles traballos que se realicen. As viaxes de prácticas valoraranse como prácticas, considerando un peso ponderado na nota respecto dunha práctica ordinaria, proporcional á súa duración.
    - As cualificacións corresponderán un 60% á teoría e un 40% á práctica.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por cada hora de clase teórica ou práctica, o alumno/a deberá dedicar por termino medio 1,5 horas de estudio.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir a clase e levar a materia ao día.
    - Estudio razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
    - Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
    - Tentar manter un contacto cos factores do entorno relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
    - Consulta da bibliografía recomendada