Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161214 - Deseño e xestión de adegas (Especialidade en Vitivinicultura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    PROPORCIONAR AO ALUMNO

    Coñecementos avanzados do deseño e as instalacións das adegas, necesarios para a redacción de proxecto técnico e para o traballo en produción e xestión técnica


    Contidos

    PROGRAMA DE TEORÍA (15 horas)

    Deseño de adegas. Normativa. Situación. Relacións entre áreas de traballo: fluxos de materiais e dimensionamento. Materiais de construción e acabados. Deseño hixiénico de instalacións
    e equipos
    Instalacións en adegas. Descrición, elementos constitutivos, accesorios, control e cálculo de instalacións de fornezo de combustible, calor, frío, climatización e aire a presión.
    Aforro de enerxía en adegas.




    PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (15 horas)


    Realizásense 5 sesións de prácticas e seminarios de 3 horas, facendo en total 5 sesións, unha por semana


    Nas prácticas e seminarios resolveranse casos prácticos e faranse visitas a industrias enóloxicas representativas:
    • Adega inscrita na D.O. Ribeira Sacra
    • Industria de elaboración de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, inscrita na Indicación Xeográfica.

    TITORÍAS OBLIGATORIAS (3 horas)

    Seguimento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas

    Bibliografía básica e complementaria
    VINOS Y BEBIDAS ALCOHÓLICAS, J. luis Aleixande Benavent. Ediciones de la Universidad Politécnica de Valencia. Valencia 1999.
    MANUAL DE ENOLOGÍA, J. luis Aleixande Benavent y Francisco Martínez Sánchez. Ediciones de la Universidad Politécnica de Valencia. Valencia 1999.
    ENOLOGÍA PRÁCTICA, CONOCIMIENTO Y ELABORACIÓN DEL VINO. Emile Peynaud.- Ed. Mundi Prensa. Madrid 1996
    LAS INSTALACIONES FRIGORIFICAS EN LAS BODEGAS. A. López. Ed. AMV. Ediciones. Madrid 1992.
    DISEÑO Y CONSTRUCCIÓN DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS. E. García-vaquero y F. Ayuga. Ed. Mundi Prensa. Madrid 1993.
    DISEÑO DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS. A. López. Ed. AMV. Ediciones. Madrid 1990.
    DISEÑO DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS. A. Casp Vanaclocha. Ed. Mundi Prensa. Madrid 2005.
    NUEVO MANUAL DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS. I. Cenzano. Ed. AMV. Ediciones. Madrid 1993.
    INDUSTRIAS DE LA ALIMENTACION. E. Rguez. - Ed. Bellisco. Madrid 1990.
    PROCESOS DE ELABORACION DE ALIMENTOS Y BEBIDAS. M. T. Sánchez. Ed. AMV Ediciones , Madrid. 2003

    Competencias

    Tras cursar esta materia o alumno adquire coñecementos avanzados do deseño de adegas e de cálculo e optimización das súas instalacións. A docencia teórica e práctica completarase con visitas a adegas.


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases impartidas polos profesores sobre os fundamentos teóricos da materia, realización de exemplos numéricos e aclaración de dúbidas sobre os conceptos explicados

    Seminarios para realización de exercicios prácticos e resolución de dúbidas en grupo. . Os alumnos, traballando en grupo, elaborarán e expoñerán varios traballos relacionado cos contidos da materia.

    Realización de viaxes de prácticas para visitar as industrias agroalimentarias máis representativas

    Resolución de dúbidas en las clases e durante o horario de titorías.


    Sistema de evaluación
    Realizarase unha avaliación continua do aproveitamento individual mediante 3 exames parciais teórico-prácticos. A cualificación final obterase como a media ponderada da asistencia a clases teóricas e prácticas e ás visitas a industrias, a avaliación dos traballos e exercicios presentados e la s notas obtidas nos exames de avaliación realizados ao longo do curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (horas)
    Docencia expositiva en grupo de 40 alumnos 15
    Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (laboratorio, aula de informática,…) 15
    Titorías
    Actividades de avaliación 5
    Outras (traballo en grupo) 10
    TOTAL TRABALLO EN AULA 45

    TRABALLO INDIVIDUAL Ou EN GRUPO (horas)
    Lectura e preparación de temas 15
    Realización de exercicios 5
    Preparación previa de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 5
    Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 5
    Preparación probas de avaliación 5
    TOTAL TRABALLO PERSOAL 35

    Recomendacións para o estudo da materia
    Nesta materia recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa que nela recóllese gran cantidade de información dispersa e en continua evolución. Por iso, ademais da consulta da bibliografía recomendada recoméndase a consulta da información deixada en el aula virtual

    As competencias da materia só se poden adquirir realizándoas na práctica, polo que é importante facer todos os traballos prácticos. Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.