P4161218 - Viticultura de zoas atlánticas (Especialidade en Vitivinicultura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAquirir coñecemento:
No Terroir vitícola, escalas.
Na viticultura das zoas frescas: peculiaridades da cultura e produción de viño.
Na viticultura galega: importancia económica e social.
Nas zoas produtoras.
Nas variedades tradicionais: estado de selección clonal e sanitaria.
No manexo e xestión de pequenas e medianas propiedades.
Nas denominacións de orixen galegas.
ContidosTerroir vitícola, escalas.
- O solo e o clima.
- Outras características distintivas.
Viticultura galega: importancia económica e social.
- Os datos socioeconómicos.
- Datos históricos.
- As perspectivas para o futuro.
Viticultura de zonas frescas: peculiaridades da cultura e produción de viño.
- Diferenciación de áreas de produción.
- Sistema de cultivo.
- Sistemas de Mantemento.
- Aspectos particulares na produción de viño.
Zonas productoras.
- Segundo a Denominación de Orixen
- Segundo os aspectos edafoclimáticos.
Denominación de Orixen Galegas.
- Identificación.
- Lexislación.
- Características.
As variedades tradicionais: Estado da selección clonal e sanitaria.
- Variedades cultivadas.
- Clasificación das variedades galegas.
- Orixe das variedades galegas.
- Selección clonal e sanitaria.
O funcionamento e xestión de pequenas e medianas explotacións.
- A importancia das pequenas e medianas explotacións na viticultura de Galicia.
- As características específicas no manexo e xestión.
Prácticas de Campo: Visita á EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia).
Bibliografía básica e complementariaDíaz-Losada E., Tato Salgado A., Ramos-Cabrer A.M., Río Segade S., Cortés Diéguez S., Pereira-Lorenzo S. (2010). Twenty microsatellites (SSRs) reveal two main origins of variability in red grapevine cultivars from northwestern Spain. Vitis, 49, 55–62.
Díaz-Losada, E.; Río, S.; Cortés, S.; Soto, E.; De Sá Otero, M.P. (2008). Evolución de la maduración de viníferas de cultivo tradicional en Galicia. Enólogos, 40-45.
Díaz-Losada, E.; Río, S.; Soto, E.; Cortés, S. (2008). Estudio de la potencialidad del cultivar Sousón para la elaboración de vinos tintos. Actas del Segundo Congreso Internacional sobre Viticultura de Montaña y fuerte
Díaz-Losada, E.; Tato Salgado, A.; Ramos Cabrer, M.A.; Pereira Lorenzo, S. (2011). Denomination of Genetic Relationships of Albariño and Loureira Cultivars with Caíño Group by Microsatellites. Am. J. Enol. Vitic.,62(3), 371-375 doi: 10.5344/ajev. 2011.10040.
Díaz-Losada, E.; Tato Salgado, A.; Ramos-Cabrer, A.; Río Segade, S.; Cortés Diéguez, S.; Pereira Lorenzo, S. (2010). Twenty microsatellites (SSRs) reveal two main origins of variability in grapevine cultivars from Northwestern Spain. Vitis, 49 (2), 55-62.
DOG (2006). Orde do 11 de decembro 2006 pola que se recoñece a indicación xeográfica Viño da Terra Barbanza e Iria e se establecen as normas da súa utilización nos viños de mesa producidos na área xeográfica delimitada.
DOG (2006). Orde do 21 de decembro 2006 pola que se modifica a Orde do 8 de novembro de 2000, sobre as condicións que deben cumprir para acollerse á denominación Viño da Terra de Betanzos os caldos elaborados nesa comarca vitivinícola.
DOG (2009). Orde do 10 de febreiro de 2009 pola que se modifica e refunde a normativa reguladora da indicación xeográfica Viño da Terra Val do Miño Ourense.
DOG (2009). Orde do 21 de xullo 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador.
DOG (2009). Orde do 24 de novembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador.
DOG (2009). Orde do 29 de setembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu Consello Regulador.
DOG (2009). Orde do 30 de xullo 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Monterrei e do seu Consello Regulador.
DOG (2009). Orde do 30 de xullo de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Ribeiro e do seu Consello Regulador.
Ed. Xunta de Galicia. Office International de la Vigne et du Vin (OIV) (1999). Le code des caractères descriptifs des variétés et espèces de Vitis. Ed. Dedon, París.
European Vitis Database. htpp://www.genres.de/eccdb/vitis/
Fernández Crespo, D. (1897). La invasion filoxérica en la provincial de Lugo. Cartilla vitícola; cultivo de cepas Americanas y Europeo-Americanas. Tipografía Antonio Villamarín, Lugo.
FREIJANES J.; ALONSO, M. P.; 1997: Videiras Galegas. Catálogo de Variedades Autóctonas. Ed. Servicio de Estudios e Publicacions da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
Freijanes, J.; Alonso, M.P. (1997). Videiras galegas.Catálogo de Variedades autóctonas. Ed. Servicio
Freijanes, J.; Alonso, P.; Pérez, J.E.; Rega, J.; Orriols, I.; Estevan, C.; Ferradas, P.; Martínez, F.; Lara, M. (1993). Variedades autóctonas de cepas gallegas para Vinos Blancos. Ed. Ici-Zeltia.
Gago, P.; Santiago, J.L.; Boso, S.; Alonso-Villaverde,V.; Grando, M.E.; Martínez, M.C.2009. Biodiversity and Characterization of Twenty-two Vitis vinifera L. Cultivars in the Northwestern Iberian Peninsula. Am. J. Enol.
Vitic., 60, 3, 293-301.
García de los Salmones, N. (1914). Memoria General de las Sesiones del I Congreso Nacional de Viticultura. Pamplona
GARCÍA DE LOS SALMONES, N.; 1914: Memoria General de las Sesiones del I Congreso Nacional de Viticultura, Pamplona.
Hernáez Mañas, J.L.; Rodríguez-Rodríguez, J.M. (2006). As decisións na plantación do viñedo.
HUETZ DE LEMPS, A. (1967) Vignobles et vins du Nord-Ouest de L’Espagne, tome premier. France: Impressions Bellenef, Bordeaux.
HUETZ DE LEMPS, A. (1967) Vignobles et vins du Nord-Ouest de L’Espagne, tome deuxième. France: Impressions Bellenef, Bordeaux.
MARTÍN, J. P.; SANTIAGO, J. L.; PINTO-CARIDE, O.; LEAL, F.; MARTÍNEZ, M. C.; ORTIZ, J. M.; 2006: Determination of relationships among autochthonous grapevine varieties (Vitis vinifera L.) in the Northwest of the Iberian Peninsula by using microsatellite markers. Genet. Resour. Crop Evol. 53, 1255-1261.
Pendiente. Monforte de Lemos (Galicia).
SANTIAGO, J. L.; BOSO, S.; MARTÍN, J. P.; ORTIZ, J. M.; MARTÍNEZ, M. C.; 2005 a: Characterization and identification of grapevine cultivars (Vitis vinifera L.) from northwestern Spain using microsatellite markers and ampelometric methods. Vitis 44, 67-72.
SANTIAGO, J. L.; BOSO, S.; VILANOVA, M. C.; MARTÍNEZ, M. C.; 2005b:Characterization of cv. Albarín Blanco (Vitis vinifera L.). Synonyms,Homonyms and errors of identification associated with this cultivar. J. Int. Sci. Vigne Vin 39, 57-65.
SANTOS-SOLLA, J. M.; 1992: Geografía de la vid y el vino en Galicia. Ed. Excelentísima Diputación de Pontevedra, Pontevedra.
UPOV. (1999). Directrices para la ejecución del examen de la distinción, la homogeneidad y la estabilidad. Vid (Vitis L.). Internacional Union for the Protection of new varieties of plants. Ginebra.
CompetenciasDe acordo coas competencias específicas da titulación e mediante o desenvolvemento das prácticas, os contidos teóricos e os traballos de reforzo e complementarios o alumno debe traballar as seguintes competencias xenéricas, descritas no Proxecto TUNING (www.unideusto.org):
a. Instrumentais. Un dos aspectos máis importantes no desenvolvemento profesional é usar o coñecemento como unha ferramenta organizada e metódica na resolución de casos en fruticultura. Para iso é preciso desenvolver competencias con función instrumental. Entre elas inclúense:
. Habilidades cognoscitivas, (capacidade de comprender e manipular ideas e pensamentos): Dominio dos coñecementos básicos da profesión no ámbito dos cultivos froiteiros.
. Capacidades metodolóxicas (ser capaz de organizar o tempo e estratexias para a aprendizaxe, tomar decisións ou resolver problemas): Capacidade de análise e síntese; iniciativa e capacidade de resolución de problemas nos procesos de produción froiteira; capacidade de organización e planificación; argumentación lóxica na toma de decisións.
. Destrezas tecnolóxicas relacionadas con coñecementos de informática e habilidades en xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
. Destrezas lingüísticas para a correcta expresión oral e escrita na lingua propia.
b. Interpersoais. O Enxeñeiro Agrónomo para o desenvolvemento do seu traballo en fruticultura debeu adquirir competencias que favorezan a capacidade de traballo en equipo, interdisciplinar ou multidisciplinar, buscando e compartindo información, achegando e criticando ideas e colaborar en todo momento.
c. Sistémicas. Á hora de titular un estudante debe ser capaz de integrar os coñecementos adquiridos en fruticultura tanto en si mesmo como con outras materias cursadas, co fin de conseguir un desenvolvemento profesional integral. Iso implica adquirir a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica, habilidades de investigación e capacidade de aprender.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia.
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase de carácter obrigatorio.
Alternativamente, poderase propoñer a elaboración de artigos individuais de artigos sobre temas relacionados coa materia na USC Virtual. Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" poderase examinar a oferta, directrices e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
Sistema de evaluaciónAs clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia.
A avaliación debe ser un proceso dinámico, continuo e sistemático, mediante o cal se verifican as competencias adquiridas en función dos obxectivos propostos e se posibilita a mellora da acción docente. Todas as medidas tomadas para incentivar o traballo do alumno deben ter un reflexo na cualificación final da materia. Na materia realizarase unha avaliación de competencias global (que considera todos os elementos e procesos relacionados coa aprendizaxe) e sumativa (para valorar os resultados conseguidos ao finalizar o proceso de ensino-aprendizaxe).
1. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación permite estimar o grao de aprendizaxe do estudante, considerando as competencias adquiridas, os criterios de avaliación e os instrumentos utilizados.
- Contidos teóricos. Os exames de teoría permiten considerar de xeito obxectivo o grao de aprendizaxe do alumno. Estes exames globais incluirán fundamentos e supostos e confeccionaranse mediante un número suficiente de preguntas curtas e tipo test (con ou sen respostas alternativas), de modo que no seu conxunto sexan representativos da materia impartida. A revisión de exames realízase nos días e horas indicados na lista que se expoñerá tras o exame.
- Prácticas. As prácticas avalíanse tendo en conta o aproveitamento por parte do alumno e mediante os informes elaborados, e a cualificación do exame práctico.
2. CUALIFICACIÓN: A cualificación final calcúlase segundo os distintos conceptos avaliados:
- 70% CONTIDOS TEÓRICOS
- 10% PARTICIPACIÓN ACTIVA EN CLASE
- 20% PRÁCTICAS E SEMINARIOS
Tempo de estudo e traballo persoal1.- Cada hora de clase debe multiplicarse por 1,5 para estimar as horas de estudo.
2.- Asistir ás clases teóricas e interactivas.
3.- Facer uso das titorías, tratando de buscar solución ás dúbidas que xurdan. Consideraranse un máximo de 4 horas.
4.- Utilizar os recursos da web USC.
Recomendacións para o estudo da materia1. TITORÍAS:
Titorías individuais (presenciais ou virtuais): Os alumnos poden realizar titorías sempre que o precisen, sendo aconsellable que o fagan sempre que teñan dúbidas que aclarar.
2. ASISTENCIA A CLASE:
Recoméndase aos alumnos a asistencia a clase como mellor opción para comprender e coñecer o contido real destas e é imprescindible para poder realizar os traballos de reforzo e complementarios. Ademais, é aconsellable que sexa activa (participar, preguntar dúbidas, etc.)
3. RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN E Á RECUPERACIÓN.
É preciso preparar con igual intensidade os contidos teóricos e prácticos, utilizando e complementando coa bibliografía recomendada. En caso de recuperación é interesante analizar os erros cometidos. Outro aspecto desexable é que o alumno realice un esforzo continuado respecto ao estudo, comprensión e adquisición de habilidades e capacidade
ObservaciónsLiñas Xerais de Actuación
As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxetivos de docencia.
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considérase de carácter obrigatorio.
Alternativamente, poderase propoñer a elaboración individual de artigos sobre temas relacionados coa materia na USC Virtual. Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" pódese examinar a oferta, directoras e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as "Ferramentas de Comunicación" da USC-Virtual.