P4171108 - Xestión sustentable de montes e comarcas forestais (Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 42.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAfondar nos aspectos dasocráticos básicos e ampliar coñecementos na aplicación práctica da ordenación, na toma de decisións e na optimización da xestión forestal, na ordenación de comarcas forestais e na certificación forestal.
ContidosTEORÍA:
* Unidade Temática I.- Ordenación de montes e xestión forestal sostible
Tema 1.- Definición, concepto, obxectivos e historia da ordenación de montes.
Tema 2.- Orixes e concepto da xestión forestal sostible.
Tema 3.- Modalidades de xestión forestal sostible.
* Unidade Temática II.- Normativa e instrumentos de xestión forestal
Tema 4.- Normativa relativa á ordenación de montes e comarcas forestais.
Tema 5.- Tipos de instrumentos de xestión forestal.
* Unidade Temática III.- Xestión sostible de comarcas forestais
Tema 6.- A ordenación de comarcas forestais.
* Unidade Temática IV.- Certificación da xestión forestal sostible
Tema 7.- Concepto e sistemas de certificación forestal.
* Unidade Temática V.- Métodos de ordenación de montes
Tema 8.- Métodos de ordenación clásicos.
Tema 9.- O método de ordenación por rodais.
Tema 10.- O método silvícola e outros métodos CCF.
* Unidade Temática VI.- Métodos de toma de decisións e optimización na xestión de montes e comarcas forestais
Tema 11.- Toma de decisións e optimización na xestión de montes e comarcas forestais.
PRÁCTICAS:
- Práctica 1.- Análise do contido e estrutura dun instrumento de xestión forestal.
- Práctica 2.- Elaboración dun instrumento de xestión forestal.
- Práctica 3.- Desarrollo da planificación dun instrumento de xestión forestal mediante programación matemática.
- Práctica 4.- Aplicación do método AHP á xestión forestal.
PRÁCTICAS DE CAMPO:
Visita a un monte cun proxecto de ordenación en vigor e certificado.
Bibliografía básica e complementaria- Bettinger, P., Boston, K., Siry, J.P., Grebner, D.L. 2009. Forest management and planning. Academic Press. 331 p.
- Buongiorno, J., Gilless, J.K. 2003. Decision methods for forest resource management. Academic Press. San Diego. 439 p.
- Clutter, J.L., Fortson, J.C., Pienaar, L.V., Brister, G.H., Bailey, R.L. 1983. Timber management. A quantitative approach. John Wiley & Sons, Inc. New York. 333 p.
- Davis, L.S., Johnson, K.N., Bettinger, P.S., Howard, T.E. 2001. Forest management to sustain ecological, economic and social values. 4ª Ed. McGraw-Hill Series in Forest Resources. New York, 804 p.
- Diéguez-Aranda, U., Rojo-Alboreca, A., Castedo-Dorado, F., Álvarez-González, J.G., Barrio-Anta, M., Crecente-Campo, F., González González, J.M., Pérez-Cruzado, C., Rodríguez-Soalleiro, R., López-Sánchez, C.A., Balboa-Murias, M.A., Gorgoso-Varela, J.J., Sánchez-Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia. 268 p. + CD-Rom.
- Gadow, k.v., Bredenkamp, B. 1992. Forest management. Academica, Pretoria. 151 p.
- Gadow, K.v., Pukkala, T. (Eds.) 2008. Designing Green landscapes. Managing Forest Ecosystems 15. Springer. 287 p.
- González, J.M., Piqué, M., Vericat, P. 2006. Manual de ordenación por rodales. Gestión multifuncional de los espacios forestales. Centre Tecnològic Forestal de Catalunya. 205 p.
- Junta de Andalucía. 2004. Manual de ordenación de montes de Andalucía. Consejería de Medio Ambiente. Junta de Andalucía. 356 pp. Sevilla.
- Kangas, A., Kangas, J., Kurttila, M. 2008. Decision support for forest management. Managing Forest Ecosystems 16. Springer. 223 p.
- Leuschner, W.A. 1992. Introduction to forest resource management. John Wiley & Sons., New York. 281 p.
- Mackay, E. 1944. Fundamentos y métodos de la ordenación de montes. 1ª parte (conceptos fundamentales. Ordenación teórica). Escuela Especial de Ingenieros de Montes, Madrid. 336 p. (2ª Edición de 1961).
- Mackay, E. 1949. Fundamentos y métodos de la ordenación de montes. 2ª parte (ordenación técnica. Condiciones de aplicación. Inventario dasocrático. Métodos de ordenación). Escuela Especial de Ingenieros de Montes, Madrid. 768 p. (2ª Edición de 1961).
- Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, 375 p. Madrid.
- Madrigal, A., Álvarez-González, J.G., Rodríguez-Soalleiro, R., Rojo-Alboreca, A. 1999. Tablas de producción para los montes españoles. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid. 253 p.
- Martínez, S., Prieto, A., Díaz-Balteiro, L., Saura, S. 2011. Manual para la redacción de instrumentos de gestión forestal sostenible en Castilla-La Mancha. Dirección General de Política Forestal, Consejería de Agricultura y Medio Ambiente, Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha. 176 pp. Toledo.
- Montero, G., Rojo-Alboreca, A., Alía, R. 1992. Determinación del turno de Pinus sylvestris L. en el Sistema Central. Montes, 29: 42-48.
- Pita, P.A. 1973. El inventario en la ordenación de montes. I.N.I.A., Madrid. 225 p.
- Pérez-Rodríguez, F., Rojo, A. 2011. MPC 2.0©, software para la aplicación del método AHP de toma de decisiones multicriterio. Recursos rurais 7: 27-33.
- Pérez-Rodríguez, F., Vargas-Larreta, B., Aguirre-Calderón, O.A., Corral-Rivas, J.J., Rojo-Alboreca, A. 2013. Proceso Analítico Jerárquico para seleccionar métodos de manejo forestal en Durango. Revista Mexicana de Ciencias Forestales 4(15): 55-72.
- Prieto, A., López-Quero, M. 1993. Manual de ordenación de montes. Ed. Paraninfo, Madrid. 261 p. (versión española de: Dubourdieu, J. (1989). Manuel d'amenagement. Office National des Forêts, 3ª ed.).
- Rojo-Alboreca, A., Madrigal, A., Pérez-Antelo, A. 1997. Estructura y contenido de los proyectos de ordenación de montes arbolados. Unicopia. 104 p. Lugo.
- Rojo-Alboreca, A., Castedo, F. 2000. Integración de las claras en la ordenación de montes. Estimación de la posibilidad de mejora. Montes, 61: 5-16.
- Rojo-Alboreca, A., Montero, G. 2005. Aproximación al método selvícola: una alternativa para la ordenación de montes en zonas protectoras o protegidas. Actas del 4º Congreso Forestal Español. Zaragoza, 26-30 septiembre 2005.
- Rojo-Alboreca, A., Ron, F., Diéguez-Aranda, U. 2005. La planificación de comarcas forestales en Galicia. En: Fernández-Manso, A., San Román, J.M., Valbuena, M.L. (Eds.). Nuevos retos de la ordenación del medio natural. Universidad de León. Colección Ordenación del medio natural nº 1. 137-142.
- Rojo-Alboreca, A. El reto de la ordenación de los montes privados en España. Actas del 6º Congreso Forestal Español. Vitoria, 10-14 junio 2013.
- Romero, C. 1993. Teoría de la decisión multicriterio: conceptos, técnicas y aplicaciones. Alianza Universidad Textos, Madrid. 200 p.
- WWF. 2004. Deadwood-Living forests. The importance of veteran trees and deadwood to biodiversity.
CompetenciasO alumno adquire capacidade para a elaboración de proxectos de ordenación de montes e documentos afines, para a utilización de metodoloxías de toma de decisións e optimización, e para xestionar montes e comarcas forestais aplicando devanditos documentos e metodoloxías.
Metodoloxía da ensinanza - Clases maxistrais con apoio de medios audiovisuais (transparencias, exposicións en Power-Point, proxección de vídeos, etc.).
- Resolución de exercicios en pizarra como aplicación dos coñecementos teóricos.
- Prácticas de manexo de software nas Aulas de informática.
- Elaboración de traballos de prácticas.
- Titorías.
- Seminarios: preparación e exposición dalgún dos temas da materia (voluntario).
- Entrega de documentación aos alumnos (algúns temas e problemas) con apoio na materia correspondente no Campus virtual da USC.
- Charlas e exposicións de temas concretos a cargo de persoas con experiencia na materia.
- Viaxe de prácticas de campo.
Sistema de evaluaciónRequírese superar un exame teórico e realizar traballos de prácticas:
- Exame: pode consistir nun test con preguntas teóricas e prácticas (cálculos), ou ben constar dunha parte de teoría (con cuestións curtas ou a desenvolver) e duns problemas prácticos (exercicios). No segundo caso débese aprobar cada unha das partes por separado. A nota do exame supoñerá un 70% da cualificación final da materia.
- Prácticas: realizaranse varios traballos de diferente temática e complexidade, que se irán propoñendo a medida que se avance no desenvolvemento da materia e que deberán de resolverse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso). A avaliación destes traballos, que deberán entregarse ao profesor como moi tarde o primeiro día do período oficial de exames da convocatoria correspondente, supoñerá un 30% da cualificación final da materia.
- A cualificación da materia poderá aumentarse ata nun 10% en función da participación do alumno nas clases expositivas e interactivas e nas actividades complementarias.
- Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia ten unha carga de 5 ECTS, divididos en docencia expositiva (2,5 ECTS) e interactiva (2,5 ECTS). O desglose por horas é o seguinte:
- Traballo presencial no aula relacionado coa docencia expositiva (en grupo de ata 40 alumnos): 20 horas.
- Traballo persoal do alumnado de lectura e preparación de temas: 20 horas.
- Traballo presencial na aula de informática ou en campo relacionado coa docencia interactiva (en grupo de ata 20 alumnos): 20 horas.
- Traballo persoal do alumnado de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 horas.
- Traballo presencial de titorías (individuais ou en grupo): 5,5 horas.
- Traballo persoal do alumnado de realización de exercicios (en grupo ou individuais): 19,5 horas.
- Traballo persoal do alumnado de preparación de probas de avaliación: 18 horas.
- Traballo presencial de actividades de avaliación: 2 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas.
- Ordenar e asimilar a información recibida (apuntes, material complementario, etc.).
- Completar a información recibida coa bibliografía recomendada.
- Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflectir esas aclaracións na documentación (apuntes, etc.).
- Preparar a exposición en clase dalgúns dos temas da materia (opcional pero moi recomendable).
ObservaciónsExiste unha materia co mesmo nome (Xestión sostible de montes e comarcas forestais) en Campus virtual da USC, onde se colgan algúns temas, presentacións, problemas, libros e moita outra información interesante para o alumnado.