Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171109 - Mellora xenética forestal (Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ LORENZO, JUAN LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dar a coñecer ao futuro Máster os contidos e ferramentas básicos da Mellora Xenética Forestal e exporlle o panorama actual da investigación en mellora forestal, enfocado especialmente no ámbito forestal español.
    Contidos
    SECCIÓN I: Principios Básicos da mellora

    1) Bases Moleculares da Herdanza. Cromosomas, Recombinación e Xenética Mendeliana
    2) Marcadores Xenéticos: Morfolóxicos, Bioquímicos e Moleculares
    3) Xenética Cuantitativa: Caracteres Polixénicos, Herdabilidade, Correlacións Xenéticas
    4) Variación Intrapoboación. Variación Xeográfica- Razas, Clines e Ecotipo.

    SECCIÓN II: MeLLora Xenética Forestal
    1) Programas de mellora- Estrutura, Concepto, Importancia, aspectos económicos
    2) Poboacións Base: Especies, Híbridos, Fontes de semente
    3) Selección Masal Fenotípica – Gañancia Xenética, Caracteres Susceptibles de Mellora: de crecemento, morfolóxicos, tecnolóxicos, adaptativos, de resistencia, Correlación Xuvenil-Adulto
    4) Ensaios xenéticos: Hortas de semente. Ensaios de procedencias. Introdución de especies
    5) Análise de datos: Modelos, Compoñentes da Varianza, Valor Reprodutivo
    6) Desenvolvemento: Variedades de Polinización Aberta, Familias de Irmáns Completos, Clons, Híbridos artificiais
    7) Bancos de Xermoplasma: in situ, ex situ
    8) MXF en España: Masas naturais, rexións de procedencia, sistemas de produción de MFR, normativa, programas

    SECCIÓN III: Biotecnoloxía
    1) Xenómica (e outras –ómicas). Análise Funcional dos Xenes
    2) Selección e Mellora Mediante Marcadores
    3) Cultivo in Vitro de Células e Tecidos Vexetais
    4) Enxeñería Xenética: Caracteres obxectivo, Transformación e Rexeneración
    Bibliografía básica e complementaria
    Como libro de consulta xeral:
    White et al. (2007). Forest Genetics. CABI


    De cada tema recomendarase un listado actualizado de documentos de consulta, que se utilizará como base para as discusións de clase. Dita documentación incluirase na plataforma Moodle.

    Competencias
    Capacidade básica para participar na planificación, desenvolvemento e xestión de programas de mellora xenética forestal.
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia expositiva levarase a cabo conxugando a lección maxistral co método dialéctico, en función das necesidades en cada caso. A materia llevará asociada unha aula virtual que servirá para achegar documentación, desenvolver actividades on line e como medio de comunicación profesores/alumnos.

    A docencia interactiva constará de:

    -Actividades en laboratorio (micropropagación)
    -Práctica de campo: Viaxe de Prácticas a unha Horta de Sementes

    A estas actividades irán asociados exercicios complementarios para que o alumno os elabore pola súa conta.
    Sistema de evaluación
    Avaliación continua e exame final.

    Criterios para a avaliación continua: participación e asistencia a clases expositivas e interactivas, avaliación de boletíns de problemas e controis escritos, avaliación do caderno de prácticas.

    A asistencia a clases expositivas e interactivas é obrigatoria. No caso das clases expositivas, é admisible ata un 20% de inasistencias sempre que estean debidamente xustificadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase un tempo medio de estudo de 2 horas por cada tema dos contenidos (coas súas correspondentes actividades asociadas).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Levala ao día.
    Acudir a Tutorías.
    Realizar os exercicios propostos para a avaliación continua.
    Consultar a bibliografía aconsellada.