P4171110 - Ordenación e xestión territorial (Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivo xeral.-
O obxectivo xeral da materia é o estudio e análise dos diferentes aspectos necesarios para adquirir os coñecementos e habilidades que permítannos promover e desenvolver unha xestión sustentable do territorio dende una visión multidisciplinar e integrada.
Obxectivos específicos.-
A materia pretende satisfacer a evidente demanda existente duna formación especializada no ámbito da Ordenación e Xestión do Territorio, tanto a nivel nacional como rexional e local, coa idea de preparar profesionais universitarios que sexan capaces de desenvolver correctamente esta tarefa. Con dito propósito, a materia aborda o estudo en profundidade da problemática teórica e práctica da actividade relativa aos procesos de desenvolvemento territorial e urbanístico, caracterizada pola súa complexidade e dinamismo.
Dado o seu carácter multidisciplinar combináranse as perspectivas, teorías e métodos de traballo de varias disciplinas que conflúen na Ordenación e Xestión Territorial: urbanismo, arquitectura, economía rexional, xeografía física e económica, socioloxía urbana,…
Contidos1. Concepto, obxectivos e historia da Ordenación Territorial
2. Marco lexislativo e bases xurídicas existentes (internacional, nacional, rexional e local)
3. Principais Escolas de Planificación e Ordenación Territorial
4. Planificación Territorial e réxime de propiedade: Estratexias de intervención territorial
5. Plans de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares: Zonas de montaña, costeiras, espazos naturais,...)
6. Estrutura e contido dun Plan de Ordenación do Territorio: Normativa, aspectos máis relevantes, revisións,...
7. Xestión de terras para a Ordenación e Xestión Territorial e Integral
8. Toma de decisións na Ordenación e Xestión Territorial
9. Instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial (elaboración de proxectos, análise estratéxico, prospectiva,...)
10. Avaliación da intervención no territorio: Ordenación Territorial e redución e xestión de riscos
Programa teórico
I.- INTRODUCIÓN. CONCEPTO E OBXECTIVOS. MARCO LEXISLATIVO
- Introdución. Concepto, obxectivos e historia da Ordenación Territorial. Obxectivos e características.
- Marco lexislativo e bases xurídicas existentes (internacional, nacional, rexional e local).
- Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de Galicia.
- Principais Escolas de Planificación e Ordenación Territorial.
II.- FUNDAMENTOS TÉCNICOS E ECONÓMICOS
- Planificación Territorial e réxime de propiedade: Estratexias de intervención territorial.
- Toma de decisións na Ordenación e Xestión Territorial. Análise de inversións.
- Avaliación da intervención no territorio: Ordenación Territorial e redución e xestión de riscos.
- O Modelo de Xestión: Plans de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares.
III.- ESTRUTURA E CONTIDO DUN PLAN DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO
- Normativa e Directrices da Ordenación do Territorio
- Aspectos máis relevantes, revisións,....
- Plans de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares: Zonas de montaña, costeiras, espazos naturais,...)
- Métodos de Ordenación Territorial baseados na programación lineal.
- Xestión de terras para a Ordenación e Xestión Territorial e Integral
IV.- MODELOS DE ORDENACIÓN TERRITORIAL MEDIANTE PROGRAMACIÓN MATEMÁTICA
- Fundamentos da programación lineal.
- Instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial (elaboración de proxectos, análise estratéxico, prospectiva,...).
Programa práctico
I.- NORMATIVA E DIRECTRICES DA ORDENACIÓN E XESTIÓN TERRITORIAL
- Orixe e evolución dos Plans de Ordenación do Territorio. Estrutura dun Plan de Ordenación Territorial.
II.- DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO (DOT) DE GALICIA
- Planes Territoriais Integrados
- Programas Coordinados de Actuación
- Planes e Proxectos Sectoriais
- Plans de Ordenación do Medio Físico
- Programas o Estratexias orientadas en congruencia coas determinacións das DOT
IV.- TRABALLO PRÁCTICO
Obxectivos e contido do traballo práctico.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
• BENABENT FERNÁNDEZ DE CÓRDOBA, M. (2006). Ordenación del Territorio en España: Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Ed. Universidad de Sevilla / Consejería de Obras Públicas. Sevilla.
• BIELZA DE ORY, V. (2008). Introducción a la Ordenación del Territorio: Un enfoque geográfico. Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza.
• BORDERÍAS, P., SANTOS PRECIADO, J.M. (2001): Introducción al Análisis Medioambiental de un territorio. UNED. Madrid.
• COOKE, P. et al. (2012). Innovation, Global Change and Territorial Resilience. Elgar Publishing, 352 pp. London.
• GALIANA, L., VINUESA, J. (2010). Teoría y práctica para una Ordenación racional del Territorio. Editorial Síntesis. Madrid.
• GÓMEZ OREA, D. (2008). Ordenación Territorial. Editorial Mundi-Prensa. Madrid.
• NOGUERA, J.E. (2003): Ordenación Urbanística: Conceptos, herramientas y prácticas. Electa (Grupo Editorial Random House Mondadori, S.L.). Barcelona.
• PUJADAS, R., FONT, J. (1998). Ordenación y Planificación Territorial. Editorial Síntesis. Madrid.
Bibliografía comprementaria
• BUSQUETS, J., CORTINA , A. (Coords.) (2009). Gestión del paisaje: Manual de Protección, Gestión y Ordenación del Paisaje. Editorial Ariel. Barcelona.
• EMELIANOFF, C. et al. (2009). Dictionnaire de l’aménagement du territoire. État des lieux et prospective. Paris, Belin, 317 pp.
• FERIA TORIBIO, J.M., GARCIA GARCIA, A., OJEDA RIVERA, F.J. (Coords.) (2009). Territorios, Sociedades y Políticas. Universidad Pablo Olavide, 548 pp. Sevilla.
• FRÉMONT, A. et al. (2008). Aménagement du territoire. Changement de temps, changement d’espace. Presses Universitaires de Caen, 382 pp. Caen.
• MARTÍNEZ DE ANGUITA, P., GARCÍA ABRIL, A., ROMERO CALCERRADA, R., MARTÍN, M.A., PEDROCHE CARMONA, B., GÓMEZ JIMÉNEZ, I. (2005): Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. Universidad Rey Juan Carlos I, Madrid.
• MULERO MENDIGORRI, A. (2002): La protección de Espacios Naturales en España. Editorial Mundi-Prensa. Madrid.
• VV.AA. (2010). El estado de la Ordenación del Territorio en España. Revista Cuadernos Geográficos. Universidad de Granada. Número monográfico sobre Ordenación del Territorio. Nº 47. http://www.ugr.es/~cuadgeo/047.php
• Tamén farase uso do soporte de documentación e información recollido no blog: Xeografía e Ordenación do Territorio. En defensa da cultura territorial: http://geografiayterritorio.blogspot.com
Normativa
- Real Decreto Lexislativo 2/2008 do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da lei do solo
- Real Decreto 1492/2011 do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do Solo
- Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural
- Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de Ordenación do Territorio e do Litoral
- Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio en Galicia
- Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia
- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia
- Convenio europeo da paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consello de Europa, entrado en vigor o 1 de marzo do 2004
CompetenciasDeberá capacitarse aos alumnos para:
1. Coñecer os principios e as utilidades da Planificación e a Ordenación do Territorio.
2. O coñecemento da principal lexislación relacionada con dita disciplina.
3. Capacidade para que os alumnos podan aplicar as técnicas da Planificación e Ordenación Territorial.
4. Coñecemento da estrutura e contido dun Plan de Ordenación do Territorio.
5. O coñecemento dos criterios e indicadores da Xestión Territorial Sostible no ámbito nacional, rexional e local.
6. A utilización de ferramentas e da toma de decisións na Ordenación Territorial.
Metodoloxía da ensinanza Trátase dunha materia obrigatoria de 3 créditos ECTS correspondente ao primeiro semestre do Máster Profesional en Enxeñaría de Montes impartido na Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A parte teórica, impartirase, principalmente, en docencia expositiva (clases maxistrais), nas que se explicarán os contidos básicos de xeito que sexa posible unha participación activa do alumnado.
As prácticas a realizar durante o curso (docencia interactiva), serán de carácter obrigatorio e, axudaran ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos, tamén obrigatorios, que os alumnos deben realizar durante o curso facilitaran e reforzaran ó aprendizaxe dos contidos da materia. En ambos dous casos, prácticas e traballos prácticos, os temas versaran sobre a análise individualizado, ou ben, en grupos, de distintos exemplos de territorios, onde se están a desenvolver proxectos de Ordenación Territorial con obxectivos diferentes. Non obstante, non debemos perder de vista que a posta en funcionamento de calquera proxecto de Ordenación Territorial persigue fundamentalmente potenciar o uso sostible do territorio.
Sistema de evaluaciónOs alumnos examinaránse da parte teórica da materia mediante un exame escrito tipo test que terá lugar nas datas aprobadas polo centro. As prácticas, tal e como se comentou, son de asistencia obrigatoria e os alumnos deberán entregar por escrito os resultados acadados en cada una delas. O cómputo de cada unha das partes da materia será o seguinte: 1) Parte teórica: 40%; 2) Prácticas: 25%; 3) Traballo práctico: 25%; 4) Asistencia a clase, así como a participación activa do alumno no desenvolvemento da materia: 10%.
Tempo de estudo e traballo persoalOs créditos desta materia son 3,0. Isto supón un número total de horas computables de 75 horas, das cales 42 son presenciais e 33 correspóndense co traballo persoal do alumno.
a) Distribución da docencia presencial:
12 h clases expositivas
24 h clases interactivas
6 h de titorías
b) Traballo persoal do alumno:
Estímase unha dedicación mínima de 1,5 horas, por hora de docencia expositiva, para a lectura e a preparación dos temas ademais da realización dos exercicios, é dicir, 18 horas. Por outra banda, o alumno deberá dedicar 15 horas totais de traballo persoal, na preparación das prácticas e os traballos do curso. Finalmente, para a realización das probas de avaliación estímase un total de 3 horas, ditas horas non aparecen no cómputo anterior.
Recomendacións para o estudo da materiaA Ordenación e Xestión Territorial (P4171110) é unha materia obrigatoria que pertence a Área de Coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. O alumno vai a cursar unha materia que consiste na correcta aplicación de diferentes instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIG); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial (elaboración de proxectos, análise estratéxico, prospectiva,...), co obxectivo de lograr unha Xestión Sostible do Territorio. O concepto de Ordenación Territorial podería trasladarse tamén á Xestión de Espazos Singulares: Zonas de montaña, costeiras, espazos naturais,...
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, e a consulta de dúbidas nas titorías. Tamén é moi importante completar os contidos explicados nas clases mediante a consulta da bibliografía básica e comprementaria.