Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171111 - Planificación hidrolóxica (Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DAFONTE DAFONTE, JORGE.SI
VALCÁRCEL ARMESTO, MONTSERRAT.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquisición de coñecementos para realizar traballos de planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación
    Contidos
    Planificación hidrolóxica. Conceptos e principios da planificación integrada de concas. Inventario de masas de auga. Influencias antrópicas nas concas vertentes. Lexislación sobre planificación hidrolóxica. Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais, cálculo de perfís de fluxo en ríos, modelos hidráulicos. Caudais ecolóxicos. Restauración de concas hidrográficas de montaña. Ordenación agro-hidrolóxica de concas vertentes. A desertificación: causas naturais, diagnóstico do risco e técnicas de prevención e control. Plan nacional de loita contra a desertificación.



    PRÁCTICAS
    A asistencia ás mesmas será obrigatoria, haberá a posibilidade de facer un traballo sobre as prácticas (en grupo, cun máximo de 2 persoas), os traballos valoraranse de 0 a 2 puntos, que se engadirán á nota final da materia. A nota das prácticas conservarase durante dous cursos académicos.
    Práctica Nº 1: Modelado de fluxo de auga en canles en réxime permanente con HEC-RAS (0,6 puntos).
    Práctica Nº 2: Caudais ecolóxicos (0,6 puntos).
    Práctica Nº 3: Ordenación dunha conca (0,8 puntos)

    Bibliografía básica e complementaria
    CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
    Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
    ASCE. 1997. Channel stability assessment for flood control projects. ASCE Press. New York. 108 pp.
    http://www.usace.army.mil/inet/usace-docs/eng-manuals/em.htm
    ASCE. 1995. Hydraulic design of flood control channels. ASCE Press. New York. 120 pp. http://www.usace.army.mil/inet/usace-docs/eng-manuals/em.htm
    ASCE. 1996. River hydraulics. ASCE Press. New York. 144 pp. http://www.usace.army.mil/inet/usace-docs/engmanuals/em.htm
    Brunner, G.W. 2002. HEC-RAS River Analysis System. Hydraulic Reference Manual. HEC-USACE. Davis. 380 pp.
    Chaudhry, M.H. 1993. Open-channel flow. Prentice Hall. New Jersey. 483 pp.
    Chang, H.H. 1988. Fluvial processes in river engineering. Krieger Publishing company. Florida. 432 p.
    Chow, V.T. 1982. Hidráulica de los canales abiertos. Editorial Diana. México. 633 pp.
    De Aranda, G. (Ed.). 1992. Hidrología forestal y protección de suelos. Técnicas y experiencias en dirección de obras. ICONA. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Madrid. 693 pp.
    Deymer, C.; Tacnet, J-M. y Mathys, N. 1995. Conception et calcul de barrages de correction torrentielle. CEMAGREF Antony. 287 pp.
    FISRWG. 1998. Stream Corridor Restoration: Principles, Processes, and Practices. Federal Interagency Stream Restoration Working Group (FISRWG)(15 Federal agencies of the US gov't). http://www.usda.gov/stream_restoration/
    French, W.H. 1988. Hidráulica de canales abiertos. McGraw-Hill. México.
    Graf, W.H. 1998. Fluvial hydraulics. Flow and transport processes in channels of simple geometry. John Wiley & sons. Chichester. 681 pp.
    López, F. (Ed.). 1998. Restauración hidrológico forestal de cuencas y control de la erosión. Ministerio de Medio Ambiente, Tragsa, Tragsatec y Ediciones Mundi-Prensa. Madrid. 945 pp.
    López, F. 1988. Corrección de torrentes y estabilización de cauces. FAO. Roma. 182 pp..
    Martín Vide. 1999. Ingeniería fluvial. Edicions UPC. 199 pp.
    Mintegui, J.A. y López, F. 1990. La ordenación agrohidrológica en la planificación. Servicio central de publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria. 306 pp.
    Suárez, L.M. 1993. Presas de corrección de torrentes y retención de sedimentos. Ministerio del Ambiente y de los Recursos Naturales Renovables. Caracas.
    TEXTOS LEGISLATIVOS
    Planes hidrológicos de cuenca
    Directiva Marco del Agua
    Ley de aguas
    Reglamento del Dominio Público Hidráulico
    Instrucción de planificación hidrológica

    Competencias
    Cos coñecementos adquiridos na materia preténdese que o titulado poda adquirir coñecementos en Planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación. Dentro destes coñecementos perséguese que o alumno acade coñecementos de ordenación hidrolóxica tanto a nivel de conca hidrolóxica como de tramos fluviais. Dentro da ordenación agrohidrolóxica estará incluído o control de enchentes, redución de erosión hídrica e de loita contra a desertificación.
    Metodoloxía da ensinanza
    No transcurso das clases teóricas facilítase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida.
    O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico mediante a realización de problemas prácticos.
    A materia ten unha compoñente de prácticas, con tres tipos principais: uso de modelos hidráulicos 1D, estudios de réximes ecolóxicos de caudais e ordenación agrohidrolóxicas de concas.

    Sistema de evaluación
    1. Exame teórico, constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
    - Teórico: Consistirá en preguntas ou cuestións teóricas sen apuntes. Supoñen o 50 % da nota do exame teórico sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 para poder facer media coa parte de problemas.
    - Problemas: Supón o 50 % da nota do exame teórico e consiste na resolución de varios problemas, para poder facer media coa parte teórica necesítase un mínimo de 3 puntos sobre 10. As fórmulas e táboas necesarias para a resolución proporcionaranse no exame.

    2. Programa práctico: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración máxima 2 puntos.

    3. Outras actividades, exames en clase (sen previo aviso), exercicios propostos 10% da puntuación total da materia.

    Este sistema de avaliación estará vixente tanto na convocatoria de Maio como na de Xullo.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo adicado á asistencia presencial do alumnos será de 27 horas e o tempo de traballo persoal do alumnos será de 48 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
    Observacións
    Prazos de entrega de traballos de prácticas:
    Os traballos de prácticas deberán ser entregados nun prazo máximo de 30 días naturais a partir da data de realización da práctica.