P4171112 - Planificación e xestión de espazos naturaies protexidos (Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento das normativas e estratexias para a protección dos espazos naturais.
Planificación de Espazos Naturais Protexidos (ENP) e toma de decisións na xestión destes espazos.
Coñecemento das figuras de protección de espazos naturais.
Estudo de modelos de xestión de ENP.
ContidosTEORÍA:
TEMA 1. Introdución: Concepto de espazo natural protexido. As finalidades do Espazo Natural protexido. Categorías de protección dos espazos protexidos.
TEMA 2. Evolución histórica dos ENP: Iniciativas, organizacións e estratexias a nivel internacional en materia de espazos protexidos. O Plan de Acción dos Espazos Protexidos de Europa. Rede Natura 2000. Directivas de Aves e Hábitats.
TEMA 3. Os ENP en España: Estratexia Española para a Conservación e o Uso Sostible da Diversidade Biolóxica. O Plan de Acción dos Espazos Protexidos de España. Lexislación estatal e autonómica sobre espazos protexidos. Redes de Espazos Protexidos. Rede de Parques Nacionais. Plan Director de Parques Nacionais.
TEMA 4. Planificación dos ENP: Declaración de espazos protexidos. Estrutura da Rede de Parques Nacionais. Organigrama de funcionamento da Rede. Órganos de xestión. Órganos de participación.
TEMA 5. Xestión dos ENP: Ferramentas para a xestión dos espazos naturais protexidos. Plan Director de Parques Nacionais. Plans Reitores de Uso e Xestión. Plans de Ordenación dos Recursos Naturais.
TEMA 6. Xestión de montes nos ENP: Métodos de ordenación aplicables a bosques en espazos naturais protexidos.
TEMA 7. Seguimento de ENP: Tipos de plans de seguimento. Panorámica nacional e internacional. Indicadores ambientais. Auditorías de Parques. Exemplos concretos.
TEMA 8. O turismo e os ENP: Planificación e xestión racional do uso recreativo e turístico da natureza. Principais métodos de control de visitantes. Carta Europea de turismo sostible nos Espazos Naturais Protexidos. Etiquetas de calidade.
TEMA 9. Os ENP e o desenvolvemento sostible: Conservación e Desenvolvemento Sostible. Sociedades tradicionais e desenvolvemento sostible. Diversidade biolóxica e diversidade cultural. Programas de conservación con participación de sociedades tradicionais.
PRÁCTICAS:
Análise e Avaliación dun documento de xestión dun ENP
PRÁCTICAS DE CAMPO:
Visita de campo a un Espazo natural Protegido na provincia de Lugo
Bibliografía básica e complementariaDudley N. (Editor) (2008). Guidelines for Applying Protected Area Management Categories. UICN, Gland, Switzerland. Disponible en: http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/PAPS-016.pdf
Eagles P.F.J., McCool S.F. & Haynes C.D. (2002). Turismo sostenible en áreas protegidas. Directrices de planificación y gestión. Organización Mundial del Turismo, Programa de las Naciones Unidas para el Medio Ambiente y UICN. Madrid.
EUROPARC-España. (2002). Plan de Acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid 168 páginas.
EUROPARC-España. (2005). Manual sobre conceptos de uso público en los espacios naturales protegidos. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 94 páginas. Disponible en: http://www.redeuroparc.org/documentos_anexos/Publicaciones/ligadas_a_plan_de_accion/manual_1.pdf
EUROPARC-España. (2005). Diseño de planes de seguimiento en espacios naturales protegidos. Manual para gestores y técnicos Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 176 páginas. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/documentos_anexos/Publicaciones/ligadas_a_plan_de_accion/manual_2.pdf
EUROPARC-España. (2008). Planificar para gestionar los espacios naturales protegidos. Ed. Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez para los espacios naturales. Madrid. 120 páginas
EUROPARC-España. (2010).Herramientas para la evaluación de las áreas protegidas: modelo de memoria de gestión. Ed. Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez para los Espacios Naturales. Madrid. 121 páginas. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/publicaciones/manual8.pdf
Forman R.T. (1995). Land mosaics: The ecology of landscapes and regions. Cambridge University Press, NY.
Lausche B.. (2012). Directrices para la legislación relativa a áreas protegidas. UICN, Gland, Suiza. Disponible en: http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/EPLP-081-Es.pdf
Leverington F., Lemos Costa K., Courrau J., Pavese H., Nolte C., Marr M., Coad L., Burgess N.D., Bomhard B., & Hockings M. (2010). Management effectiveness evaluation in protected areas: a global study: second edition. IUCN, Gland; Switzerland. Disponible en: http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/2010-092.pdf
MMAM (1999). Estrategia española para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid.
Mulero Mendigorri A. (2002). La protección de los espacios naturales en España. Mundi-Prensa. Madrid.
Newman E.I. (2000). Applied ecology and environmental management. Blackwell Science.
Pascual Trillo J.A. (2007). La gestión del uso público en espacios naturales. Ediciones Miraguano. Madrid
Stolton S. & Dudley N. (1999). Partnerships for protection: New strategies for planning and management for protected areas. WWf, UCN. & Earthscan Publications.
Thomas L. & Middleton J. (2003). Guidelines for management planning of protected areas. UICN, Gland, Switzerland and Cambridge, UK. Disponible en: http://intranet.catie.ac.cr/intranet/posgrado/Manejo%20Areas%20Protegidas/Documentos/Guide%20line%20management%20planning.pdf.
UICN. (1994). Guidelines for Protected Area Management categories. CNPPA and WCMC. UICN, Gland, Suiza y Cambridge, UK. Disponible en: http://www.UICN.org/themes/wcpa/pubs/guidelines.htm (01.01.08).
Wright R.G. (1996). National Parks and protected areas: their role in environmental protection. Blackwell Science.
CompetenciasEn consonancia cos obxectivos principais da materia, é preciso proporcionar ao alumno unha formación en planificación e xestión de espazos e recursos naturais, así como destreza no uso das ferramentas para a interpretación, análise e valoración destes espazos.
Para conseguir esta formación e destreza, é necesario analizar a situación actual e comezar polo estudo da normativa existente para a conservación dos espazos naturais, contextualizada no vixente marco socieconómico e lexislativo, nacional e internacional.
Metodoloxía da ensinanza A docencia da materia estrutúrase mediante:
Clases teóricas (impartidas na aula, de acordo co temario da materia).
Clases prácticas e exercicios (impartidas en seminarios con material audiovisual de apoio a partir dos contidos teóricos desenvolvidos nas clases anteriores e formulando casos prácticos relacionados cos diferentes temas).
Viaxes de prácticas a diferentes espazos naturais protexidos.
Titorías (atendidas no despacho do profesor ou na aula se son de xeito colectivo, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso).
Sistema de evaluaciónA avaliación da aprendizaxe do alumno levarase a cabo co seguinte sistema de exames e traballo de curso:
Traballo de curso:
O alumno deberá realizar obrigatoriamente un traballo de avaliación dun documento de xestión dun ENP. As pautas para a súa realización daranse no desenvolvemento das clases teóricas e prácticas. A data límite de entrega será dúas semanas antes do exame da materia, tanto na convocatoria de febreiro coma na de xullo.
Exames:
Realizarase un exame escrito teórico-práctico. Este exame final único terá lugar nos meses de febreiro e xullo, en datas fixada polo Centro, e abranguerá a totalidade do temario que aparece no programa da materia. Tamén se terá en conta a asistencia ás viaxes de prácticas e o exame escrito pode conter preguntas relacionadas con estes.
Proponse que, de forma voluntaria, un ou varios alumnos expoñan en clase algún dos temas do programa (ou outros relacionados ou de interese), o que levará consigo vantaxes na corrección dos exames e/ou na cualificación final da materia
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno debera dedicarlle á materia unha media de 3 horas á semana para repasar e completar os apuntamentos coa bibliografía recomendada e recompilar información para realizar o Traballo de curso proposto.
Recomendacións para o estudo da materiaNon hai recomendacións especiais