Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171114 - Estratexias mundiais de protección do medio natural (Organización de Empresas e Política Forestal e do Medio Natural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO.NON
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA.SI
GIMENEZ DE AZCARATE CORNIDE, JOAQUIN.NON
GIMENEZ DE AZCARATE CORNIDE, JOAQUIN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionarlle ao alumno os coñecementos relativos a:
    - Convenios internacionais de protección do medio natural.
    - Protección de especies: categorías e criterios internacionais.
    - Espazos protexidos: categorías e criterios internacionais.

    Contidos
    Clases expositivas:

    INTRODUCCIÓN. A protección do medio natural: antecedentes.
    PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE: Xustificación e limitacións.
    CONVENIOS INTERNACIONAIS: Convenio de biodiversidade. Convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa. Convenio de humidais de importancia internacional. Outros Convenios internacionais.
    CATEGORÍAS MUNDIAIS DE ESPECIES AMEAZADAS: Categorías de risco das especies ameazadas. Categorías da I.U.C.N. Definición e criterios de avaliación.
    Categorías das especies comerciais. Convención sobre Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
    CATEGORÍAS MUNDIAIS DE ESPACIOS PROTEXIDOS: categorías da IUCN, figuras da UNESCO. Rede ecolóxica europea de conservación da biodiversidade (rede Natura 2000).

    Clases interactivas:
    1. Prácticas
    PRÁCTICAS DE CAMPO
    Práctica 1: Conservación en áreas protexidas según Convenios Internacionais. Práctica de campo.

    PRÁCTICAS DE AULA DE INFORMÁTICA
    Práctica 2: Aplicación de criterios técnicos e normativos das categorías internacionais para a protección da biodiversidade.
    Práctica 3: Integración territorial en áreas protexidas según Convenios Internacionais.

    2. Seminarios.
    Seminario de presentación e debate dos traballos individuais realizados polos alumnos.

    Bibliografía básica e complementaria
    BAÑARES, A., BLANCA, G., GÜEMES, J., MORENO, J.C. & ORTIZ, S. 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Dirección General para la Biodiversidad. Publicaciones O.A.P.N. Madrid.

    BLANCO, J.C.; GONZÁLEZ, J. L. (Eds.) 1992. Libro Rojo de los Vertebrados de España. Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación & Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza ICONA. Madrid.

    CITES (Convención sobre el comercio internacional de especies amenazadas de fauna y flora silvestres), http://www.cites.es/es-ES/Paginas/default.aspx [citado 30 de maio do 2012].

    Comisión Europea. Plan de Acción de la UE sobre Biodiversidad: Evaluación de 2010. 2010. Luxemburgo: Ofi cina de Publicaciones de la Unión Europea.

    European Commission. DG Environment. 2007. The Interpretation Manual of European Union Habitats - EUR27. Office for Official Publications of theEuropean Communities.

    PRIMACK, R. B. 2002. Essentials of Conservation Biology. Sinauer Associates, Inc. Publishers. Sunderland. Massachusetts. USA.

    PRIMACK, R. B., ROSS, J. 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel. Barcelona.
    Secretaría de la Convención Ramsar. 2006. Manual de la Convención de Ramsar: Guía a la Convención sobre los Humedales (Ramsar, Irán, 1971), 4a. edición. Gland (Suiza).

    UICN (2001): Categorias y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN, Gland, Switzerland and Cambridge, UK. Disponible en: http://www.iucnredlist.org/documents/redlist_cats_crit_sp.pdf [citado 30 de maio do 2012].

    Competencias
    Con esta materia se contribúe á adquisición das competencias básicas establecidas para a titulación, e das competencias xerais relativas a:
    CG2: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
    CG7: Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.

    Tamén se contribúe á adquisición das competencias específicas relativas a :
    CE18: Coñecemento das estratexias internacionais de protección do medio natural. Coñecemento das categorías mundiais de especies ameazadas e de espazos protexidos. Coñecemento das categorías e criterios de conservación da biodiversidade na rede Natura 2000.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía da ensinanza

    Clases expositivas:

    Impartiranse 12 horas de clases expositivas de asistencia obrigatoria.

    Clases interactivas:

    Impartiranse 12 horas de docencia interactiva.
    1. Clases prácticas. Desenvolveranse no campo e en aula de informática. A asistencia é obrigatoria, e o alumno elaborará un informe de cada unha delas axustado ao protocolo proposto polo profesor.

    2. Seminarios. O profesor encargará a elaboración dun traballo individual sobre os contidos da materia, titorizando a súa elaboración. Cada alumno presentará o tema ao profesor por escrito e mediante presentación oral na aula seminario, debatendo co profesor e cos compañeiros as cuestións e comentarios relacionados co mesmo.

    Tanto as clases de teoría como prácticas estarán apoiadas polo material elaborado para a USC Virtual.



    Sistema de evaluación
    Criterios de avaliación:

    • Teoría: exame oficial de teoría, escrito.
    • Prácticas: asistencia obrigatoria e presentación do informe de clases prácticas.
    • Traballo. Realización, presentación, exposición e debate dun traballo individual.
    Para superar a materia, é preciso superar as tres partes, teoría , prácticas e traballo.
    Na avaliación final a docencia expositiva pode acadar ata un 60%, e a interactiva ata un 40% (25% prácticas, 15% traballo).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    Clases expositivas: 12 horas.
    Clases interactivas: 12 horas distribuídas en 10 h de prácticas de campo e laboratorio e 2 horas de seminario.
    Actividades de avaliación: 2 horas
    Outras actividades (traballo en grupo,...):4 horas
    Total horas presenciais: 30 horas

    Traballo persoal do alumno:

    Lectura y preparación de temas: 20 horas
    Realización de exercicios: 5 horas
    Preparación previa e elaboración do informe de prácticas : 6 horas
    Elaboración do traballo: 8 horas
    Preparación de probas de avaliación: 6 horas

    Total horas non presenciais: 45 horas

    Total Horas de Traballo do alumno = 75 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase ó alumno a revisión previa dos temas nos libros recomendados e/ou na USC Virtual, así como a súa impresión en papel para facilitar a compresión da lección maxistral e realizar as súas anotacións persoais.

    Tamén se aconsella o estudio diario, para poder integrar axeitadamente os contidos da materia.