P4171115 - Avaliación técnico-económica de recursos forestais (Organización de Empresas e Política Forestal e do Medio Natural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os aspectos necesarios para realizar estudos de rendabilidade de inversións forestais e as técnicas de optimización a nivel de árbore e de rodal.
ContidosTEORÍA
Tema 1. Conceptos introdutorios.
Tema 2. Recursos non renovables.
Tema 3. Recursos renovables.
Tema 4. A quenda forestal óptima.
Tema 5. Análisis multicriterio.
Tema 6. O máximo de utilidades ou uso múltiple e dos criterios de rendimento.
Tema 7. Evaluación e caracterización dos recursos forestais.
Tema 8. Estimación e proxección das condicións de rodal. O crecemento dos rodais. Proxección. Saídas dos modelos de crecemento e produción. Avaliación de modelos.
Tema 9. Optimización a nivel árbore e rodal. Niveis de toma de decisións. Optimización. Optimización a nivel árbore. Optimización a nivel rodal. Quenda óptima en rodais regulares. Calendario óptimo de tratamentos intermedios en rodais regulares e irregulares. Densidade óptima. Decisións relativas a rodais existentes.
Tema 10. Modelos matemáticos para a optimización a nivel rodal. Programación dinámica.
PRÁCTICAS
Práctica 1. Ferramentas para a xestión forestal sustentable en Galicia.
Práctica 2. Avaliación de alternativas selvícolas (emprego do programa GesMO).
Práctica 3. Optimización a nivel rodal mediante programación dinámica.
Bibliografía básica e complementaria- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596)
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid. (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826).
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009.
- Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia (disponible en http://www.usc.es/uxfs).
- Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, Madrid.
- Romero, C. 1993. Teoría de la decisión multicriterio: conceptos, técnicas y aplicaciones. Alianza Universidad Textos, Madrid.
CompetenciasTendo en conta a Orden CIN/326/2009, de 9 de febrero, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, os alumnos que cursen esta materia adquirirán as seguintes competencias xerais:
- Coñecemento e capacidade para realizar estudios de rendabilidade de inversións forestais.
- Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financieira e capacidade para a xestión de recursos económicos.
Ademáis, cursando esta materia adquirirán as seguintes competencias específicas:
- Coñecemento dos modelos de crecimiento e produción e as súas limitacións na realización de análisis técnico-económicos.
- Capacidade para aplicar métodos de optimización a nivel de árbore e de rodal.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desta materia será presencial. Trala exposición de cada tema resolveranse casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, deseonvolveranse nun aula convencional coa axuda dunha pizarra clásica e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos nun aula de informática. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, análise de datos, preparación de traballos...). As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoyaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnos). Tanto nas clases de teoría como nas de prácticas propondranse actividades complementarias a resolver de forma autónoma ou en grupos, o que permitirá ó alumnado consolidar as destrezas necesarias para acadar os obxectivos propostos na materia e superarla con éxito. Os problemas ou dúbidas que xurdan no desenvolvemento destas actividades poderán resolverse no horario de titorías.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que se pretende contribúa de forma decisiva a estimular ó alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación. Para elo, plantéxase a avaliación mediante a realización de varios traballos de diferente temática e complexidade, que se irán propoñendo a medida que se avance no desenvolvemento da materia e que deberán de resolverse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso). A avaliación destes traballos, que deberán entregarse ó profesor como moi tarde o primeiro día do período oficial de exames da convocatoria correspondente, suporá un 50% da calificación final da materia. Ademáis, realizarase un exame final con cuestións teóricas e/ou de resolución de supostos prácticos, que suporá outro 50% da calificación final da materia, na data fixada pola Direción do Centro en cada unha das convocatorias oficiais de exame. A calificación da materia poderá aumentarse ata nun 10% en función da participación do alumno nas clases expositivas e interactivas e na resolución das actividades complementarias. Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia ten una carga de 3 ECTS, divididos en docencia expositiva (1,5 ECTS) e interactiva (1,5 ECTS). O desglose por horas é o seguiente:
- Traballo presencial na aula relacionado coa docencia expositiva (en grupo de ata 40 alumnos): 12 horas.
- Traballo persoal do alumnado de lectura e preparación de temas: 10 horas.
- Traballo presencial na aula de informática relacionado coa docencia interactiva (en grupo de ata 20 alumnos): 12 horas.
- Traballo persoal do alumnado de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 10 horas.
- Traballo personal do alumnado de realización de exercicios e elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuales): 20 horas.
- Traballo presencial de actividades de avaliación: 2 horas.
- Traballo personal do alumnado de preparación de probas de avaliación: 9 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que poidan acceder ó Máster en Enxeñaría de Montes deberían de ter os coñecementos básicos para un correcto seguimiento da materia: matemáticas (cálculo diferencial e integral), dinámica das masas forestais, instrumentos económicos para a avaliación de proxectos e manexo de follas de cálculo. O ideal é que o alumno traballe de forma constante, xa que o avance no desenvolvemento dos contidos da materia irase fundamentando nos temas xa explicados. Para facilitar esta labor, plantearanse tanto nas clases de teoría como nas prácticas de informática diversos exercicios para que o alumno os resolva individualmente ou en grupo; as dúbidas que xurdan poderanse comentar co profesor no horario de titorías.