Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171201 - Accións de conservación en espazos naturais protexidos (Especialidade en Espazos Naturais Protexidos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica , Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Zooloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DE CASTRO LORENZO, AUGUSTO.NON
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO.SI
Pérez Moreira, Rogelio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno coñecementos relativos a:

    . Conservación in situ e ex situ.
    . Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de especies e hábitats.
    . Técnicas de conservación, recuperación e reintrodución de especies.
    . Mellora, restablecemento e restauración de hábitats.
    . Beneficios e riscos ambientais.
    Contidos
    Programa teórico

    . Accións para a conservación da biodiversidade in situ e ex situ.
    . Plans e actuacións de conservación de hábitats. Plans e actuacións de conservación de especies ameazadas.
    . Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de hábitats e especies en espazos protexidos. Avaliación da efectividade de accións de conservación.
    . Instrumentos complementarios de conservación, recuperación e reintrodución de especies. Centros de recuperación de fauna. Bancos de germoplasma. Outros instrumentos complementarios.
    . Conservación, mellora, restauración e restablecemento de hábitats en espazos protexidos.
    . Beneficios e riscos ambientais das accións de conservación.

    Programa práctico

    Práctica 1. Viaxe de prácticas a un espazo da rede de espazos protexidos de Galicia onde se leven a cabo accións de conservación da biodiversidade. 6 horas. En caso de imposibilidade material para realizar esta viaxe, realizaranse actividades interactivas alternativas cubrindo os aspectos formativos da viaxe de prácticas.

    Práctica 2. Práctica de aula de informática. Busca e procesado de información sobre plans e accións de conservación de hábitats e especies. Orientación traballo de curso. 3 horas.

    Práctica 3. Exposición pública e avaliación de traballos de curso. 3 horas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bacchetta G., Bueno Sánchez A., Fenu G., Jiménez-Alfaro B., Mattana E., Piotto B. & Virevaire M. (eds), 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias / La Caixa. 378 pp.

    Biodiversity Indicators Partnership, 2010. Biodiversity indicators and the 2010 Target: Experiences and lessons learnt from the 2010. Biodiversity Indicators Partnership. Secr. of the Convention on Biological Diversity. Tec. Series No. 53, Montréal, Canada.

    European Environment Agency, 2012. Streamlining European biodiversity indicators 2020: Building a future on lessons learnt from the SEBI 2010 process. EEA Technical report No 11/2012. Publications Office of the European Union, Luxembourg. 45 pp.
    Millennium Ecosystem Assessment, 2005. Ecosystems and Human Well-being: Biodiversity Synthesis. World Resources Institute, Washington, DC.

    Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, 2012. Perfil ambiental de España 2011. Informe basado en indicadores. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Secretaría General Técnica. Oficina de publicaciones. 293 pp.

    Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, 2011. Informe 2010 sobre el estado del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad en España. Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino. Organismo Autónomo Parques Nacionales. 169 pp.

    Primack, R.B. & Ros, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel Ciencia, Barcelona. 375 pp.

    Van Dyke, F., 2008. Conservation Biology. Foundations, Concepts, Applications. Springer Science and Business Media. 478 pp.

    VV.AA., 2009. Bases ecológicas preliminares para la conservación de los tipos de hábitat de interés comunitario en España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino.

    VVAA, 2008. SITEB, Sistema de Información Territorial e da Biodiversidade de Galicia. Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. http://inspire.xunta.es/siteb/acceso.php. Acceso 15/12/2012.

    Competencias
    Ademais de contribuír á consecución das competencias básicas e transversais recollidas na guía docente do máster, esta materia vincúlase á consecución das seguintes competencias:

    Competencias xerais

    . Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.

    Competencias específicas

    . Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sostible de bisbarras forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
    . Capacidade para deseñar e calcular plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
    . Capacidade de deseño e realización de accións de conservación de especies e hábitats en espazos naturais protexidos.
    . Coñecemento dos indicadores e elementos clave de biodiversidade. Manexo dos instrumentos de avaliación de biodiversidade en espazos naturais protexidos.
    . Capacidade de análise da biodiversidade (especies e hábitats) para a planificación e realización de accións de conservación en espazos naturais protexidos.
    . Elaboración e presentación de informes sobre biodiversidade en espazos naturais protexidos.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre as accións de conservación in situ e ex situ da diversidade biolóxica en espazos protexidos.

    As clases prácticas centraranse no coñecemento e análise crítica de exemplos reais de diversas accións de conservación da biodiversidade na rede de espazos protexidos autonómica e nacional. Formúlase a realización dunha viaxe de campo coordinado con outras materias da especialidade para o coñecemento in situ da problemática e aspectos prácticos de accións de conservación in situ e ex situ. En caso de imposibilidade material para realizar esta viaxe, realizaranse actividades interactivas alternativas cubrindo os aspectos formativos da viaxe de prácticas.

    Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas polo ámbito virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo ou proceso de aprendizaxe (guía, materiais, comunicacións, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.).
    Sistema de evaluación
    Avaliaranse os seguintes aspectos:

    Asistencia e participación nas sesións teóricas (10% da nota final).

    Exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas (50% da nota final).

    Realización e presentación dun traballo práctico sobre plans de conservación ou recuperación de especies ou hábitats protexidos (40% da nota final)

    A asistencia ás prácticas é obrigatoria e de carácter eliminatorio de cara á cualificación final. En casos extraordinarios e convenientemente xustificados, a non asistencia poderá recuperarse mediante a realización dun traballo de curso complementario.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas: 12 horas

    Clases interactivas: 12 horas

    Avaliación: 3 horas

    Outras (traballo en grupo...): 3 horas

    TOTAL TRABALLO PRESENCIAL: 30 horas

    Lectura e preparación de temas: 21 horas

    Realización de exercicios: 6 horas

    Preparación previa de prácticas e traballo posterior sobre estas: 6 horas

    Elaboración de traballos en curso: 6 horas

    Preparación de probas de avaliación: 6 horas

    TOTAL TRABALLO PERSOAL: 45 horas

    NUMERO TOTAL DE HORAS PARA SUPERAR A MATERIA: 75 HORAS
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas

    - Analizar a bibliografía facilitada