P4171202 - Aproveitamento de recursos en espazos naturais protexidos (Especialidade en Espazos Naturais Protexidos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materiaOs principais obxectivos da materia son:
- Coñecer as características dos sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos nos Espazos Naturais Protexidos.
- Coñecer as limitación dos usos e aproveitamentos dos recursos naturais nas diferentes figuras legais de protección de Espazos Naturais.
- Coñecer diferentes alternativas de potenciación do aproveitamento sostible dos recursos en Espazos Naturais Protexidos.
ContidosOs principais contidos a impartir nesta materia son:
- Limitacións produtivas e de aproveitamento en relación coa conservación.
- Sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos nos Espazos Naturais Protexidos.
- Sistemas de produción compatibles coa conservación nos Espazos Naturais Protexidos: sistemas silvopastorais; recursos madeireiros, recursos forestais non madeireiros, recursos vexetais de valor cultural e etnográfico; recursos agrícolas, recursos cinexéticos, piscícolas e marisqueiros.
- Aproveitamentos non compatibles coa conservación en Espazos Naturais Protexidos.
- Estratexias de potenciación dos usos e aproveitamentos compatibles coa conservación.
Bibliografía básica e complementaria- Dans del Valle, F. & Molina Martínez, B. (Coords.)(2005): O monte galego segundo criterios de xestión sostible: 255-278 Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia-Asociación Forestal de Galicia
- Jones, E.T., McLain, R.J. & Weigand, J. (2002): Nontimber Forest Products in the United States. University Press of Kansas.
- Junta de Andalucia (2011): Estrategia Andaluza de Gestión Integrada de la Biodiversidad. Consejería de Medio AMbiente.
- MAGRAMA (2000): Plan Estratégico Español para la Conservación y el Uso Racional de los Humedales, en el marco de los ecosistemas acuáticos de que dependen.
- MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Y MEDIO RURAL Y MARINO (2011): Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.
- MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Y MEDIO RURAL Y MARINO (2012): Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.BOE núm. 299, de 14 de diciembre de 2007. Texto Consolidado. Última modificación: 20 de diciembre de 2012
- MERINO, A., REAL, C. & RODRÍGUEZ-GUITIÁN, M.A. (2008): Nutrient status of managed and natural forest fragments of Fagus sylvatica in southern Europe. Forest Ecology and Management 255: 3691–3699.
- RAMIL REGO, P.; RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A.; HINOJO SÁNCHEZ, B.A.; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, P.M.; FERREIRO DA COSTA, J.; RUBINOS ROMÁN, M.; GÓMEZ-ORELLANA, L.; DE NÓVOA FERNÁNDEZ, B.; DÍAZ VARELA, R.A.; MARTÍNEZ SÁNCHEZ, S. & CILLERO CASTRO, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 189 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader2.pdf
- RAMIL REGO, P.; RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A.; FERREIRO DA COSTA, J.; RUBINOS ROMÁN, M.; GÓMEZ-ORELLANA, L.; DE NÓVOA FERNÁNDEZ, B.; HINOJO SÁNCHEZ, B.A.; MARTÍNEZ SÁNCHEZ, S.; CILLERO CASTRO, C.; DÍAZ VARELA, R.A.; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, P.M. & MUÑOZ SOBRINO, C. (2008): Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 627 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader3.pdf
- ROMERO FRANCO, R. & RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A. (2007): Plantas medicinales y aromáticas. Aprovechamiento en la Cordillera Cantábrica. En: Uso sostenible y conservación en la Cordillera Cantábrica ¿es posible un acuerdo?: 117-123. Serie Cantábrica. Volumen 1. Plataforma para la defensa de la Cordillera Cantábrica. Oviedo.
- ROMERO FRANCO, R. & RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A. (2011): 17. Aproveitamentos tradicionais. En: A. Rodríguez Guitián & A. Rigueiro Rodríguez (Coords.): Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental: 429-447.
CompetenciasAs principais competencias que se pretenden potenciar nos alumnos con esta materia son:
- Capacidade para determinar as limitacións produtivas e sobre os usos e aproveitamentos do srecursos naturais que establecen as normas legais sobre os diferentes tipos de ENP.
- Capacidade para o establecemento das alternativas produtivas e de aproveitamentos dos recursos naturais nos territorios incluídos dentro de ENP.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (viaxe de prácticas) e o esforzo individual relacionado coa confección dun traballo obrigatorio.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre as limitacións de usos e aproveitamentos que establece o corpus legal vixente na UE, o Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia, así como as estratexias e liñas de actuación preferente en materia de compatibilización do uso dos recursos naturais e a conservación da biodiversidade.
A parte dedicada a prácticas desenvolverase mediante un viaxe de prácticas orientado a coñecer as limitacións existentes dentro dun ENP con relación ao aproveitamento dos seus recursos naturais así como as iniciativas desenvolvidas para a potenciación daqueles usos compatibles co mantemento dos seus valores naturais.
As partes teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual que constará dunha valoración das limitacións de uso nun ENP así como a proposta de liñas estratéxicas que orienten o uso sostible e compatible coa conservación dos recursos naturais.
Os contidos desenvolvidos durante as clases teóricas e prácticas complementaranse con materiais que quedarán a disposición dos alumnos no espazo reservado para esta materia dentro da Aula Virtual.
PROGRAMA TEÓRICO
Tema1. A sostibilidade produtiva e conservación. Limitacións legais ao aproveitamento dos recursos nos ENP.
Tema 2. Os sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos e a biodiversidade. Efectos dos sistemas produtivos sobre os ecosistemas. Os hábitats seminaturais.
Tema 3. Principais sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos no NW ibérico: descrición e estado actual.
Tema 4. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (I): sistemas silvopastorais, aproveitamentos forestais madeireiros, aproveitamentos forestais non madeireiros.
Tema 5. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (II): Recursos vexetais de valor cultural e etnográfico, recursos agrícolas, outros recursos.
Tema 6. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (III): Recursos enerxéticos, hídricos e do subsolo.
Tema 7. Estratexias de potenciación dos usos e aproveitamentos compatibles coa conservación. agricultura ecolóxica, selos de calidade, denominacións xeográficas protexidas, etc.
PROGRAMA PRÁCTICO
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizarase unha “viaxe de campo” para coñecer as limitacións legais ao aproveitamento dos recursos existentes dentro dun ENP e as iniciativas desenvolvidas para a potenciación de usos e aproveitamentos compatibles co mantemento dos seus valores naturais.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e escalar. Realizarase un exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas (2 horas). Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, a cualificación obtida no proba escrita sobre os contidos da materia e a redacción do traballo obrigatorio da materia. A aportación de cada un dos criterios á cualificación final da materia seguirá o seguinte reparto:
Criterio de avaliación % sobre a nota final
Asistencia e participación
nas clases teóricas 10%
Asistencia e participación
nas clases teóricas e prácticas 10%
Cualificación da proba escrita 40%
Realización do traballo obrigatorio 40%
TOTAL 100%
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que, para superar a materia, o alumno debería dedicar o seguinte tempo de traballo persoal:
Trabajo personal del alumnado nº de Horas
Lectura e preparación de temas 10
Realización de exercicios 5
Preparación da proba escrita 12
Elaboración do traballo individual 18
TOTAL 45
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase, unha vez se inicie o período lectivo establecido para o desenvolvemento da materia, que os estudantes realicen o antes posible a escolla da área na que realizarán o traballo.
Recomendase que os alumnos fagan un seguimento periódico do espazo reservado para a materia na Aula Virtual, para poder acceder a materias complementarios (guión do traballo obrigatorio, referencias bibliográficas complementarias, etc.) e notificación sobre eventuais modificacións de calendarios docentes e horarios.