Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171203 - Criterios de deseño de espazos naturais protexidos (Especialidade en Espazos Naturais Protexidos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xenética, Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Xenética, Ecoloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARRAL VILARIÑO, EMILIO.SI
SAN MIGUEL SALAN, EDUARDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Amosar a importancia socioambiental das zonas protexidas, así como que o alumnado coñeza as principais ferramentas de xestión e deseño de ditos espazos. Dentro dos programas de conservación dun espazo, resaltar a premisa básica de necesidade do esforzo na conservación das poboacións presentes, e a súa relación co mantemento da variabilidade xenética e as variables que inflúen en dito mantemento.
    Contidos
    Tema 1. Tratados Internacionais e Programas europeos sobre conservación. Fundamentos, planos e estratexias derivados. Transposición o estado Español e a Galicia (Lei 4/89 e posterior). Proxecto Corine. Directivas Aves e Hábitat. Rede natura 2000. Estratexia Nacional sobre biodiversidade. Planos de conservación e Instrumentos financeiros. Figuras legais de conservación e selección de zonas. As ferramentas de xestión: PORN, PRUX… Planos de seguimento e xestión diaria: directrices básicas.
    Tema 2. Criterios para o deseño e selección de espazos protexidos. A Teoría de Illas. Relación especies/área. Hipóteses do equilibrio. O deseño de reservas naturais: selección de tamaño, forma e distribución. Índice de Higgs y Margules.
    Tema 3. Conservación das poboacións. Expresión espacial das variables xenéticas e demográficas: Metapoboacións. Modelo de Metapoboación: o modelo de Levins. Tempo de vida media dunha metapoboación: modelos de Nisbet y Gurney. Aplicación á conservación na paisaxe: redes e corredores.
    Tema 4.- Diversidade xenética. Qué é a diversidade xenética? Estimadores da variabilidade xenética poboacional. Amplitude da variabilidade xenética. Diversidade xenética reducida nas especies ameazadas.
    Tema 5.- Poboacións de censo pequeno. Importancia das pequenas poboacións na Bioloxía da Conservación. Endogamia e censo efectivo: efectos nas poboacións de censo reducido. Poboacións fragmentadas e deriva xenética.
    Tema 6.- Xestión das poboacións ameazadas. Conservación da diversidade xenética: conservación Ex situ, conservación In situ. Xestión xenética das poboacións fragmentadas. Migración e contaminación xenética.

    Prácticas de laboratorio
    Práctica 1. Estimación de la relación entre área de conservación y variación de la diversidad representada.
    Práctica 2: Biometría de un carácter métrico y la estimación de su heredabilidad en sentido amplio.
    Clases de problemas (3 horas): Los estudiantes dispondrán de enunciados de problemas y cuestiones de complejidad creciente, relacionados con los conceptos tratados a lo largo del semestre; la mayoría de los problemas se resolverán en clase.

    VIAJES DE PRÁCTICAS
    Visita de campo a un Parque Natural de Galicia, cos seguintes obxectivos:
    • Coñecemento dos valores naturais do noso pais
    • Constatación na realidade da xestión actual dos nosos Parques Naturais. Medidas e estratexias de xestión diaria, así como problemas na súa implantación. Análise de diferenzas de xestión en función da figura normativa de proteción.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Diego, C., García, C. 2007. Los espacios naturales protegidos .Davinci.
    -Castroviejo (ed).PRÁCTICAS PARA LA PLANIFICACIÓN DE ESPACIOS NATURALES.
    - Azqueta y Pérez.GESTIÓN DE ESPACIOS NATURALES.
    - Helliwell, D.R. 1985.Planning for nature conservation. Packard.
    - Gorman, M.L. 1991. Ecología insular. Vedra.
    - Sutherland, W.J. 1998. Conservation science and action. Blackwell.
    -Allendorf, F.W.; Luikart, G. 2007. Conservation and the Genetics of Populations. Blackwell.
    -Frankham, R.; Ballou, J.D.; Briscoe, D.A. 2004. A Primer of Conservation Genetics. Cambridge.
    -Mills, L.S. 2007. Conservation of Wildlife Populations. Blackwell.

    Competencias
    1. Coñecemento da importancia e comprensión do papel socioambiental dos espazos protexidos. Importancia da lexislación na relación coa xestión de ditos espazos. Principais figuras de conservación e planos de xestión.
    2. Coñecementos básicos sobre os criterios de selección de zonas protexidas e capacidade de selección e deseño de espazos.
    3. Capacidade de avaliación de da viabilidade de conservación das poboacións en función da estrutura espacial das zonas protexidas.
    4. Coñecementos das técnicas de estimación da diversidade xenética e a súa aplicación nas poboacións de plantas e y animais.
    5. Capacidade para predicir as consecuencias xenéticas do establecemento e/ou permanencia das poboacións de censo reducido.
    6. Capacidade para resolver problemas de Xenética da Conservación mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas e interactivas de pizarra
    Van selo núcleo básico da metodoloxía docente da materia. Danse ao grupo completo. Nas expositivas trataranse os contidos específicos do programa e a aplicación dos mesmos faranse nas aulas interactivas mediante problemas e casos prácticos. O desenvolvemento dos contidos faranse con axuda de calquera material que facilite comprensión dos conceptos obxectivo (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, pizarra, etc.).

    Sistema de evaluación
    Traballos de aula
    Cuestións e problemas
    Exame

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Xunto co seguimento das aulas presencias, unha dedicación aproximada de 8 horas semanais será suficiente
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás aulas
    Realización dos traballos prácticos