P4171205 - Avaliación da biodiversidade (Especialidade en Espazos Naturais Protexidos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica , Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Botánica, Zooloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCapacitar ao alumno para a diagnose e valoración da biodiversidade a escala territorial e para o coñemento e uso das normativas e convenios sobre conservación de especies e hábitats ameazados.
ContidosActividades expositivas (9 h)
Tema 1. Métodos e criterios para a análise da biodiversidade en ecosistemas. Avaliación e seguimento da biodiversidade en espazos naturais. (2 h.)
Tema 2. Indicadores e elementos clave: Utilidade e importancia na avaliación da biodiversidade. (1 h.)
Tema 3. Categorías e catálogos de especies ameazadas no ámbito euroopeo, nacional e autonómico. (2 h.)
Tema 4. Categorías e catálogos de hábitats e espazos protexidos no ámbito europeo, nacional e autonómico. (2 h.)
Tema 5. Especies invasoras animais e vexetais. Aspectos normativos. Outros riscos biolóxicos. (2 h.)
Actividades interactivas (12 h)
Práctica 1. Saída a un espazo protexido para observación e valoración da súa biodiversidade. (Unha xornada completa)
Práctica 2. Aplicación de diversos métodos de análise e avaliación da biodiversidade empregando ferramentas informáticas (2 h.)
Práctica 3. Identificación no laboratorio de especies ameazadas e invasoras. (2 h.)
Elaboración e exposición dun traballo práctico.
Bibliografía básica e complementariaBañares, Á., Blanca, A., Güemes, J, Moreno, J.C. & Ortiz, S. (2004). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, 2ª ed. Dirección General para la Biodiversidad, Publicaciones del O.A.P.N., Madrid
Bartolomé C., Alvárez J., Vaquero J., Costa M., Casermeiro M.A., Giraldo J. & Zamora J. (2005). Los tipos de hábitat de interés comunitario de España. Ministerio de Medio Ambiente, 283 pp. Madrid
B.O.E. (2007): nº 299 de 14 de diciembre. Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.
B.O.E. (2011): nº 46 de 23 de febrero. Real Decreto 139/2011, de 4 de febrero, para el desarrollo del Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial y del Catálogo Español de Especies Amenazadas.
B.O.E. (2011): nº 298 de 12 de diciembre. Real Decreto 1628/2011, de 14 de noviembre, por el que se regula el listado y catálogo español de especies exóticas invasoras
D.O.G. (2001): nº 171 de 4/9/2001. Ley 9/2001, de 21 de agosto de Conservación de la Naturaleza.
D.O.G. (2007): nº 89 de 9 de maio. Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.
Hawksworth, D.L. (1995). Biodiversity. Measurements and estimation. Edit. Chapman and Hall -The Royal Society. London
Hill, D, Fasham, M, Tucker, G., Shewry, M. & Shaw, P. (2007). Handbook of biodiversity methods: survey, evaluation and monitoring. Cambridge University Press, Cambridge.
IUCN (2001): Categorías y criterios de la Lista Roja de la UICN. Versión 3.1 Segunda edición.
Pineda, F.D, de Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo, J. (eds.) (2002). La diversidad biológica de España. Pearson Educación, S.A., Madrid.
Primack, R.B. & Ros, J (eds.) (2009). Introducción a la Biología de la Conservación. Dirección General para la Biodiversidad, Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.
Romero, M.I. (2007). La Flora vascular amenazada de Galicia. Catalogación y protección de las especies. Naturalia Cantabricae 3: 15-24.
Tellería, J.L. (2012): Introducción a la conservación de las especies. Tundra Ediciones. Valencia.
Algunhas direcións de interese:
http://www.madrid.org/rlma_web/html/web/FichaNormativa.icm?ID=1017 (Directiva hábitats)
http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2010:020:0007:0025:PT:PDF (Directiva de aves)
http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/conservacion_da_natureza/ /
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/default.aspxhttp://www.ciencias-marinas.uvigo.es/bibliografia_ambiental/espazos_protexidos/manual%20espacios%20protegidos.pdf
http://pendientedemigracion.ucm.es/info/iuca/ART%20A.TOLON%20X.%20LASTRA.pdf
http://ec.europa.eu/environment/nature/info/pubs/docs/2010_bap_es.pdf
http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/SC/pdf/sc_mab_WNBR_BR2012.pdf
http://www.unesco.org/new/es/mexico/work-areas/culture/world-heritage/
http://www.ramsar.org/cda/sp/ramsar-documents-list-world-heritage/main/ramsar/1-31-218^21960_4000_2__
http://www.ramsar.org/cda/es/ramsar-documents-list-mab-sites/main/ramsar/1-31-218^25272_4000_2__
http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/conservacion/biodiversidad/gestion_de_la_biodiversidad/lineas_de_trabajo/plan_de_especies_exoticas_invasoras/
http://ec.europa.eu/environment/nature/index_en.htm
CompetenciasAo concluír a materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
1) Competencias específicas
• Coñecemento dos indicadores e elementos clave da biodiversidade
• Manexo dos instrumentos de avaliación da biodiversidade en espazos naturais protexidos
• Capacidade de análise de la biodiversidade (especies e hábitats) para a planificación e realización de accións de conservación en espazos naturais protexidos.
• Elaboración e presentación de informes sobre biodiversidade en espazos naturais protexidos
2) Competencias instrumentais
• Capacidade de análise e síntese
• Capacidade de organización e planificación
• Resolución de problemas
3) Competencias persoais
• Traballo en equipo
4) Competencias sistémicas
• Aprendizaxe autónoma
5) Outras competencias
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas consistirán na exposición dos conceptos principais e a aprendizaxe no uso dos recursos que permitan ao alumno a adquisición das competencias. Nas clases prácticas estableceráse contacto coas especies principais e os hábitats e cos métodos de traballo no campo e no ordenador.
Na aula virtual contaráse con elementos de apoio e co contido das clases. Expoñeráse tamén o calendario de actividades e se comunicarán os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que xurdan na actividade docente.
Realizaráse un seguimento da asistencia e participación do alumnado.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás sesións teóricas e prácticas é obrigada e o seu aproveitamento constituirá un 10% da cualificación final. Unha proba sobre coñecementos suporá o 50% da nota final. O 40% restante obteráse da valoración dunha memoria que incluirá un traballo sobre un caso práctico.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos ECTS (25 horas presenciais) cunha carga total de traballo autónomo do alumno de 50 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación:
9 horas para clases expositivas
12 horas para prácticas interactivas
3 horas de titorías
50 horas para traballo persoal e preparación do traballo do curso
1 hora para avaliación e revisión
Total 75 horas
Recomendacións para o estudo da materia• Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
• Utilizar os recursos informáticos propostos e consultar en biblioteca a bibliografía aportada.