Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171206 - Infraestruturas e uso público de espazos naturais protexidos (Especialidade en Espazos Naturais Protexidos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RIESCO MUÑOZ, GUILLERMO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da asignatura é dotar ao alumno dos coñecementos necesarios para proxectar instalacións auxiliares da xestión do uso público nos espazos naturais protexidos, sobre todo no relativo a acollida e control de visitantes que fan uso do espazo con fins lúdicos e didácticos. Todo iso atópase estreitamente relacionado cos cometidos en materia de ordenación e xestión de espazos naturais protexidos propios da especialidade e da titulación.
    Contidos
    Presentación da materia.

    Determinación da capacidade de acollida de visitantes nun espazo natural protexido.

    Principais instalacións para a mellora do uso público: accesos, camiños, pistas, pasarelas, aparcadoiros, sinalización, comunicacións, refuxios, xestión do lixo.

    Deseño e proxecto de centros de interpretación: edificacións, accesos, instalacións nos centros de visitantes.

    Itinerarios ambientais e turísticos: rutas, lagoas artificiais, áreas recreativas, mantemento de bens de interese cultural.

    Instalacións para a educación ambiental: aulas da natureza, observatorios.

    Relación coa zonificación do parque (lexislación e cartografía).


    Bibliografía básica e complementaria
    Camp, W. G.; Daugherty, T. B.; Kirts, C. 1991. Managing our natural resources (2nd. ed.). Delmar Publishers Inc., New York.

    Colegio de Ingenieros de Montes. 2004. Cuadro de precios unitarios de la actividad forestal. Mundiprensa, Madrid.

    Coronado, R.; Otero, C. 1998. Caracterización de embalses y graveras para su adecuación ecológica. Instituto de Ecología y Mercado, Madrid.

    De Juan Monzón, A. 1992. Estudi dels impactes de les grans infrastructures sobre la fauna i les principals mesures correctores. En: Curs d´avaluació de l´impacte ambiental en els projectes agraris. Generalitat de Cataluña, Cambrils.

    Díaz Vidal, S. 2012. Normativa de referencia en la protección de la biodiversidad. En: I Curso de Veterinaria y Conservación de Fauna Silvestre. Libro de ponencias. Ed. Centro de Interpretación de Avifauna, Universidad de Santiago de Compostela y Reservas de la Biosfera “Terras do Miño” y “Os Ancares Lucenses”, Lugo.

    Elorrieta Jové, J. 1985. Índices, ensayos y clasificación de suelos en caminos forestales. Fundación Conde del Valle de Salazar, Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes, Madrid.

    Elorrieta Jové, J.; García Rodríguez, J. L.; Robredo Sánchez, J. C. et al. 2006. Drenaje de pistas. Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid.

    Elorrieta Jové, J.; Gómez Barea, J. A. 1987. Prácticas de vías de saca. Fundación Conde del Valle de Salazar, Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes, Madrid.

    Fidalgo Álvarez, L. E. 2012. Accidentes de tráfico por atropello de animales silvestres: un problema actual y creciente. En: I Curso de Veterinaria y Conservación de Fauna Silvestre. Libro de ponencias. Ed. Centro de Interpretación de Avifauna, Universidad de Santiago de Compostela y Reservas de la Biosfera “Terras do Miño” y “Os Ancares Lucenses”, Lugo.

    Gómez Cortón, J. M. 2004. Introducción a las jornadas sobre la prevención de los daños causados por especies cinegéticas. En: Jornadas sobre prevención de daños producidos por especies cinegéticas. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.

    González Hernández, M. P.; Meiriño Castro, M.; Costa Pérez, L. 2004. Efectos de las altas densidades de ciervo sobre la vegetación en el parque natural O Invernadeiro (Ourense). Implicaciones en su manejo y conservación. Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales, vol. 14, pp. 129-134.

    Lago García, J. 2000. Legislación medioambiental, cinegética y piscícola. En: Manual del técnico en medio ambiente natural. Ilustre Colegio Oficial de Veterinarios de Orense, Orense.

    Mena Martín-Delgado, F. 1969. En el hyde de la Laguna Dulce de la Estación Biológica de Doñana. Montes, vol. 146, pp. 145-147.

    Ministerio de Medio Ambiente. 2004. Guía para la elaboración de estudios del medio físico: contenido y metodología (5ª reimpresión). Centro de Publicaciones del Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.

    Neira Seijo, X. X.; Cuesta García, T. S. 2002. Hidrometría e obras hidráulicas. Escola Politécnica Superior, Lugo.

    Nogueira Diz, J. 2004. Conclusiones de las jornadas sobre prevención de daños producidos por las especies cinegéticas. En: Jornadas sobre prevención de daños producidos por especies cinegéticas. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.

    Pernas, B. 1998. Los delitos relativos a la protección de la flora y la fauna. Agricultura, vol. 797, p. 954.

    Seyhan, E. 1976. Calculation of runoff from basin physiography (crop), Utreschste Geografische Studies 2, Utrech.

    Suárez Villanueva, D. 2008. Observatorios de aves, Inédito.

    Valladares Conde, A. 2005. Prontuario forestal (2ª ed.). Asociación y Colegio de Ingenieros de Montes, Madrid.

    Wenger, K. F. 1984. Forestry handbook. Society of American Foresters, New York.

    Xunta de Galicia. Cursos de formación para axentes forestais. Módulo de medio ambiente. Consellería de Medio Ambiente, Santiago de Compostela.
    Competencias
    Deseño de instalacións para mellorar a capacidade de acollida de usuarios nos espazos naturais protexidos.
    Metodoloxía da ensinanza
    A impartición dos contidos da asignatura realízase mediante leccións maxistrais, nas que a exposición oral co encerado é a principal vía, que en xeral se acompaña coa proxección de imaxes en Power Point. Días antes da clase os alumnos disporán de copia en formato dixital de todo o material que sexa proxectado na aula.

    Impártense clases prácticas na aula para a resolución de problemas numéricos e supostos prácticos relacionados coa asignatura.

    As titorías constitúen un servizo no que o alumno ten a oportunidade de recibir ensino de forma individualizada en aspectos específicos da materia por parte do profesor.

    Sistema de evaluación
    Para aprobar a asignatura hai que superar un exame final. A cualificación do mesmo será sobre 10 puntos, e para superalo será preciso acadar cando menos unha cualificación de 5 puntos. Os exames incluirán preguntas curtas e a discusión e resolución de supostos prácticos.

    As datas dos exames finais serán fixadas pola Dirección do Centro. Os exames teñen data inamovible para todos os alumnos matriculados na asignatura.

    Durante os exames non se fará uso de ningún tipo de documentación, agás a que proporcione o profesor. Non serán necesarias as calculadoras programables, se ben o seu uso está permitido. Non se pode levar teléfono móbil aos exames. O alumno deberá acudir aos exames debidamente documentado mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir.

    Ao longo do curso propoñeranse diversos casos prácticos sinxelos, a resolver na casa, en torno aos contidos que se estean impartindo en cada momento. A resolución correcta de ditos exercicios suporá un incremento de ata un punto na cualificación final da materia.

    Poderase elaborar un traballo, individual e voluntario, de carácter descritivo das instalacións existentes nun espazo natural protexido, que será seleccionado de acordo co profesor. O autor exporá e defenderá o seu traballo de forma oral diante do profesor e dos demais alumnos. A realización do traballo poderá incrementar a cualificación final da materia ata en dous puntos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais do tempo de asistencia ás clases, estimase necesaria unha dedicación de 3 horas semanais de estudo persoal e manexo de bibliografía.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia á clase, tomando os apuntamentos necesarios, pois trátase dunha materia técnica na que para a comprensión de moitos dos conceptos requírese a atención directa ás explicacións do profesor.
    Así mesmo, é necesario o estudo da teoría de forma regular ao longo do curso e o repaso dos exercicios plantexados en clase.