P4171208 - Efectos do lume sobre os ecosistemas (Especialidade en Incendios Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Ecoloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal é que as persoas que cursen esta materia comprendan os efectos que o lume vai a exercer sobre os distintos compartimentos do medio natural, tanto de xeito independente como integrado. E diferencien os efectos a pequena e a gran escala, así como efectos inmediatos e a longo prazo.
ContidosOs contidos da materia agruparanse nos seguintes temas:
- Introdución.
- Efectos do lume sobre o medio edáfico: modificación das propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Erosión. Consecuencias
- Efectos sobre a calidade da auga.
- Efectos sobre a calidade do aire.
- Efectos sobre os organismos vivos.
- Efectos sobre a dinámica e estrutura dos ecosistemas.
Estes contidos serán desenvoltos tanto durante as horas de teoría como nos seminarios, apoiándose nas prácticas de campo.
Prácticas de campo
Realizarase unha saída ó campo para visitar algunha zona afectada por lumes. Nela realizaranse observacións e recolleranse datos que faciliten a compresión dos conceptos teóricos.
Bibliografía básica e complementariaBrown, J.K., Smith, J. K., eds. (2000). Wildland fire in ecosystems: effects of fire on flora. Gen.Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol. 2. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 257 p.
Cerdà, A., Mataix-Solera, J. (2009). Efectos de los incendios forestales sobre los suelos en España : el estado de la cuestión visto por los científicos españoles. Càtedra de Divulgació de la Ciència, Universitat de Valencia. Valencia, pp 529.
Cerdà, A., Robichaud, P.R. (2008). Fire effects on soils and restoration strategies Edición 1st ed Publicación Enfield, NH: Science Publishers, pp 589.
Chandler, C. Cheney, P. Thomas, P. Trabaud, L. Williams, D. 1983. Fire in forestry. Vol I: Forest fire behavior and effects. John Wiley and Sons, Inc. pp. 450.
Coelho, C. de O.A., Shakesby, R.A., Walsh R.P.D. (2005). Effects of forest fires and post-fire land management practice on soil erosion and stream dynamics, Águeda basin, Portugal: final report.
DeBano, L.F., Neary, D.G., Ffolliott P.F. (1998). Fire's effects on ecosystems New York: John Wiley & Sons, cop. pp. 333.
Flores Garnica, J. G., coord. (2009). Impacto ambiental de incendios forestales. Mundi Prensa México. pp 325.
Neary, D.G.; Ryan, K.C.; DeBano, L. F. (2005, revised 2008). Wildland fire in ecosystems: effects of fire on soils and water. Gen. Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol.4. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 250 p.
Pausas, J.G. 2012. Incendios forestales. CSIC. Los libros de la catarata. Madrid. Pp 119.
Sandberg, D.V.; Ottmar, R.D., Peterson, J.L., Core, J. 2002. Wildland fire on ecosystems: effects of fire on air. Gen. Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol. 5. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 79 p.
CompetenciasA materia Efectos do lume sobre os ecosistemas, contribuirá á consecución das competencias básicas, xerais e transversais da titulación, detalladas na memoria do plano de estudios, e en especial:
- CB4: Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB8: Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudio para formular xuizos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
- CX2: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
- CX7: Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
Ademáis, e dun modo máis específico, o alumnado nesta materia adquirirá a capacidade para:
- Comprender os efectos do lume sobre os distintos compoñentes do medio natural: solos, auga, organismos vivos, atmosfera.
- Ter un coñecemento integrado dos efectos do lume sobre a estrutura e funcionamento dos ecosistemas.
- Utilizar eses conceptos na procura de solucións axeitadas.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas teóricas, clases interactivas (seminarios e prácticas) e titorías. Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas proporcionarase ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou ben a través do Campus Virtual.
Nas clases expositivas de teoría a profesora presentará os conceptos teóricos que permitan ó alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais adecuados. As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Como complemento utilizarase material adecuado para cada tema.
As titorías en grupos moi reducidos utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.
O alumnado terá a opción de realizar algún traballo relacionado cos contidos de curso.
Sistema de evaluaciónA avaliación basearase nas seguintes actividades do alumnado:
1) Asistencia, e participación nas actividades da aula.
2) Proba escrita.
3) Prácticas realizadas e traballos presentados.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de traballo presencial requirirá ó redor de dúas horas de traballo de revisión, resolución de exercicios, ou realización de memorias. Incluído neste cómputo global está o tempo de preparación da proba final.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento aplicado das clases de teoría. Realización das prácticas. Resolución das cuestións teórico-prácticas que se propoñen. Resolución das dúbidas e seguimento da materia en réxime de titorías.
ObservaciónsO Campus Virtual será unha ferramenta importante para o desenvolvemento da materia. Os materiais necesarios para o curso poderán ser baixados de alí, e as informacións detalladas do desenvolvemento da materia estarán dispoñibles no seu calendario.