P4171209 - Xestión do combustible con fins preventivos (Especialidade en Incendios Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDar a coñecer metodoloxías de ordenación do combustible forestal con vistas á redución da combustibilidade das formacións vexetais, os efectos ecolóxicos do lume e o incremento da facilidade e seguridade no control do incendio.
ContidosParte teórica:
Selvicultura preventiva de incendios
. Obxectivo da selvicultura preventiva de incendios
. Selvicultura preventiva en masas de coníferas
Infraestruturas lineais
. Devasas tradicionais
. Áreas devasas
. Faixas auxiliares
. Pistas e sendas de defensa
Lume prescrito
. Concepto de lume prescrito e queima controlada
. Usos do lume prescrito
. Conceptos de lume a favor, lume en contra e lume de flanco
. Transmisión de calor e desprazamento dunha liña de lume
. Ferramentas para conducir a queima
. Persoal para conducir a queima
. Preparación da queima
. Tipos e técnicas de Ignición
. Planificación da queima
Roza biolóxica (sistemas silvopastorais)
. Sistemas agroforestais
. Distintos tipos de sistemas silvopastorais
. Compoñentes dos sistemas silvopastorais
. Sistemas silvopastorais e control do combustible vexetal do sotobosque
. Características desexables no arboredo
. Calidade pascícola das especies do sotobosque
. Acondicionamento da matogueira do sotobosque e do arboredo
. Mellora do pasto do sotobosque
. Pradeiras arboradas
. Tipos de gando e manexo deste
. Infraestruturas necesarias (cerramentos, bebedoiros, comedeiros, refuxios...)
. Alimentación complementaria
. Atención veterinaria
. Rendemento económico
. Efectos ecolóxicos e sobre o arboredo
Outros Sistemas de ordenación do combustible vexetal do sotobosque
. Roza manual e mecánica
. Fitocidas
Parte práctica
Visita a montes nos que se realizasen actuacións de ordenación do combustible e nos que se estableceron sistemas silvopastorais.
Bibliografía básica e complementariaGonzález Hernández, M.P.& Silva-Pando, F.J. 1999. Nutritional attributes of understory plants known as components of deer diets. J. Range Management 52 (2): 132-138 (1999)
González-Hernández, M.P.; Starkey, E.E.; Karchesy, J.2003. Research observation: Hydrolyzable and Condensed Tannins in Plants of northwest Spain forests. Journal of Range Management, 56 (5): 461-465.
Mosquera, A., 1992. Transformación de terrenos de monte gallegos e praderas permanentes. Dosis óptimas de cal para su implantación y mantenimiento. En “100 años de Investigación Agraria!. Ed. Consellería de Agricultura. Xunta de Galicia.
Mosquera, M.R., González, A., Rigueiro A., 1999. Producción y manejo de praderas. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Mosquera, M.R., Rigueiro, A., Romero, R., Piñeiro, J., González, P., López, M.L., 2000. Plantas de los prados del Noroeste de España. US de C. Santiago de Compostela
Muslera, E., Ratera, C., 1991. Praderas y Forraje
Rigueiro, A., 2000. Sistemas silvopastorales en la iberia atlántica. Actas de la Reunión Ibérica de Pastos y Forrajes, 3:649-657.
Rigueiro, A., Silva-Pando, J., Rodríguez, J., Castillón, P., Alvarez, P., Mosquera, M.R., Romero, R., González, M.P., 1998. Manual de sistemas silvopastorales. Universidad de Santiago de Compostela.
Rigueiro A., McAdam J, Mosquera MR, 2009. Agroforestry in Europe. Springer
Sineiro, F., 1978. Establecimiento del pasto por los métodos de mínimo laboreo y no laboreo tras corta o quema del material.
Vega J.A (2001). Manual de Queimas Prescritas para Matogueiras de Galicia. Xunta de Galicia.
Vélez R. (2009). La Defensa Contra Incendios Forestales. Fundamentos y Experiencias. Mc Graw Hill.
Villalba, MA. 2008. Infraestructuras de defensa contra incendios forestales. Aifema
CompetenciasDotar o alumno de formación completa sobre as distintas técnicas e procedementos para o
control do combustible no monte coa finalidade de reducir a combustibilidade das
formacións vexetais, facilitar o control do lume e minimizar os seus impactos.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas acompañadas de presentacións en Powerpoint para ilustrar graficamente os contidos da materia que se intercalarán con clases participativas.
Material didáctico colgado na aula virtual (USC virtual) da materia.
Sistema de evaluaciónSuperación dos exames previstos no calendario oficial.
Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas 18 horas
Realización de exercicios 5 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 7 horas
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 5 horas
Preparación de probas de avaliación 10 horas.