Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171210 - Plans de defensa e avaliación económica de danos por incendio (Especialidade en Incendios Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria, Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARENAS RUIZ, SANTOS GABRIEL JOAQUIN.NON
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dar a coñecer o alumno modelos e ferramentas de planificación da defensa contra os incendios forestais. Coñecemento dos diferentes métodos de taxación e valoración forestal para a súa inmediata aplicación ao caso dos incendios forestais.
    Contidos
    PROGRAMA DA PARTE DE PLANS DE DEFENSA
    Planificación Estatal
    Planificación Autonómica
    Planificación Comarcal
    Planificación Municipal
    Ferramentas para a planificación:
    . Índices meteorolóxicos de perigo
    . Índices territoriais

    PROGRAMA E TEMARIO TEÓRICO E PRÁCTICO DA PARTE DE VALORACIÓN ECONÓMICA:
    Tema I. Conceptos preliminares.
    1. Diferenzas entre taxación e valoración.
    2. Obxecto da valoración e conceptos relacionados con esta.
    3. Fins da valoración. Aplicacións e obxectivos.
    4. O Valor subxectivo e o seu cálculo
    Tema II. Principais métodos de taxación e valoración.
    1. Métodos Sintéticos ou comparativos
    2. Métodos analíticos.
    3. Valoración agroforestal dende a perspectiva ambiental
    3.1. Método dos custos evitados ou inducidos.
    3.2. Método do custo de viaxe. Irreversibilidade e bens singulares.
    3.4. Método dos prezos hedónicos.
    3.5. Método de valoración continxente.
    4. Casos prácticos.
    Tema III. Aplicación ao caso dos incendios forestais.
    1. Taxación das perdas ocasionadas polos incendios forestais.
    1.1. Taxación de perdas por incendios forestais, taxando os danos en función do custo de restauración e os prexuízos en función dos beneficios directos.
    2. Estimación de perdas por incendios forestais en valores ambientais: e protectores. Valores paisaxísticos e recreativos. Repercusión na economía local.
    3. Criterios básicos da taxación de montes. Fórmulas a aplicar no cálculo de perdas por incendios forestais.
    4. Guións tipo para un informe de taxación ou valoración dun incendio forestal.
    5 Casos prácticos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Arenas Ruiz S. (2.000) Tasación y Valoración Forestal, Santiago de Compostela. Edic. Tórculo
    Azqueta D y Ferreiro A. (1.993) Análisis económico y gestión de los recursos naturales. Madrid Alianza Econonomía.
    Azqueta Oyarzun, D. (1.994) Valoración económica de la calidad ambiental. Madrid.Mc. Graw Hill
    Bazzani G, Grillenzoní M y Malagolí A. (1.993). Valutazione delle ambientalí. Bologna. Edagricole.
    Caballer V. (1.998). Valoración agraria. Teoría y práctica. Madrid. Mundiprensa. 4ª Edición
    Elorrieta O. (1.940) Valoración de la tierra. Madrid. Escuela Especial de Montes.
    Martínez Ruiz E y Martínez Chamorro E. (inédito).Manual para valorar pérdidas y estimar el impacto ambiental por incendios forestales.
    Vélez R. (2009). La Defensa Contra Incendios Forestales. Fundamentos y Experiencias. Mc Graw Hill.
    Volpini, C. (1.969). Economía forestale ed estimo. Bologna. Edizioní Agricole.
    VV.AA. (1.981). Técnicas para defensa contra incendios forestales.Madrid. I.CO.NA. Ministerio de Agricultura.

    Competencias
    Dar a coñecer o alumno a estrutura organizativa da defensa contra os incendios
    forestais no noso país e dotalo dos coñecementos necesarios para poder valorar os
    danos que os incendios forestais ocasionan en produtos e activos ambientais.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas acompañadas de presentacións en Powerpoint para ilustrar graficamente os contidos da materia que se intercalarán con clases participativas.
    Material didáctico colgado na aula virtual (USC virtual) da materia.
    Sistema de evaluación
    Superación dos exames previstos no calendario oficial
    Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas
    Na parte de avaliación económica, ademais de aprobar o exame, para superar a materia requirirase facer un traballo práctico con exposición en público ao resto dos alumnos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación de temas 18 horas
    Realización de exercicios 8 horas
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 5 horas
    Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 4 horas
    Preparación de probas de avaliación 10 horas.