P4171211 - Rexeneración e restauración forestal tras incendio (Especialidade en Incendios Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal, Botánica
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal, Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Que os alumnos adquiran as competencias necesarias para enfrontar e corrixir as alteracións que sofren os solos tras un incendio, e especialmente as relacionadas con actuacións rápidas para evitar arrastres contaminantes cara a masas de auga.
Proporcionarlle ao alumno os coñecementos relativos a:
- Estrutura e dinámica de comunidades vexetais tras incendio
- Estratexias rexenerativas de especies forestais en relación co lume
- Restauración de áreas incendiadas en relación coa rexeneración natural e o réxime de protección.
ContidosClases expositivas:
- Efectos dos incendios sobre os solos. Actuacións paliativas e correctoras de urxencia a acometer nos solos afectados por incendios. Actuacións correctoras con efectos a medio e longo prazo.
- Introdución. As comunidades vexetais afectadas por incendios forestais en España e en Galicia.
- Estrutura e dinámica de comunidades vexetais tras incendio. A rexeneración a curto e medio prazo da súa composición, estrutura e función.
- Estratexias rexenerativas das especies forestais en relación co lume. Especies rebrotadoras e xerminadoras. Tipos de especies rebrotadoras. Os bancos de sementes . As estratexias rexenerativas das especies forestais atlánticas.
-Criterios de restauración de zonas incendiadas. Planificación da restauración en relación coas características do lume, a capacidade de rexeneración natural e o rexime de protección da área incendiada. Sementeiras de emerxencia de herbáceas e/ou arbustivas. Medidas para a recuperación forestal e da biodiversidade . Avaliación e seguimento da restauración.
Clases interactivas:
1. Prácticas
Práctica: Rexeneración e restauración tras incendio forestal. Práctica de campo.
Práctica: Caracterización e avaliación do banco de sementes na rexeneración tras incendio forestal.
2. Seminarios
Seminario de presentación ye debate dos trabalos individuais realizados po los alumnos
Bibliografía básica e complementaria- Utilizaranse publicacións recentes de revistas científicas especializadas, ademais de software específico, e ademais manuais máis xenéricos e clásicos, como por exemplo:
Morgan R.P.C. (1997). Erosión y conservación del suelo. MundiPrensa, Madrid.
Hudson N. (1982). Conservación del suelo. Reverte, Barcelona.
BROWER, J. E., ZAR, J. H. Y VON ENDE, C. N. (1997): Field and Laboratory Methods for General Ecology, 4ª ed. McGraw-Hill.
Elvira L.M. y Hernando C. (1989): Inflamabilidad y energíade las especies de sotobosque, INIA, Madrid.
Vallejo R. (1996): La restauración de la cubierta vegetal en la Comunidad Valenciana, Fundación Centro deEstudios Ambientales del Mediterráneo (CEAM).
WWF/Adena (2008): Criterios de restauración de zonas incendiadas. ,WWF/Adena, Madrid.
Competencias- Coñecemento de técnicas e procedementos para enfrontar e corrixir as alteracións que sofren os solos tras un incendio. Coñecemento de ferramentas informáticas de simulación aplicables a esta temática.
O alumno deberá adquirir a capacidade de comprender os efectos do lume sobre a dinámica das comunidades vexetais, que lle servirán de base para establecer as labores de protección e restauración posteriores.
Ademais, deberá adquirir unha formación completa sobre os procesos de rexeneración esperables tras incendios de diferentes características, así como das actuacións necesarias de restauración a acometer, tanto a curto como a medio prazo, no caso de que a recuperación natural non sexa suficientemente rápida.
Metodoloxía da ensinanza - Sesións expositivas centradas en contidos teóricos, e sesións de carácter práctico. Á parte das sesións presenciais contarase con comunicacións por vía telemática.
Clases expositivas:
Impartiranse 12 horas de clases expositivas de asistencia obrigatoria.
Clases interactivas:
Impartiranse 12 horas de docencia interactiva.
1. Clases prácticas. Desenvolveranse no campo , laboratorio e/ou aula de informática. A asistencia é obrigatoria, e o alumno elaborará un informe de cada unha delas axustado ao protocolo proposto polo profesor.
2. Seminarios. O profesor encargará a elaboración dun traballo individual sobre os contidos da materia, titorizando a súa elaboración. Cada alumno presentará o tema ao profesor por escrito e mediante presentación oral na aula seminario, debatendo co profesor e cos compañeiros as cuestións e comentarios relacionados co mesmo.
Tanto as clases de teoría como prácticas estarán apoiadas polo material elaborado para a USC Virtual.
Sistema de evaluación- Exames sobre contidos teóricos. Informes acerca de traballos prácticos. Eventualmente, traballos adicionais que se poderían acordar cos profesores.
Criterios de avaliación:
• Teoría: exame oficial de teoría, escrito.
• Prácticas: asistencia obrigatoria e presentación do informe de clases prácticas.
• Traballo. Realización, presentación, exposición e debate dun traballo individual.
Para superar a materia, é preciso superar as tres partes, teoría , prácticas e traballo.
Na avaliación final a docencia expositiva pode acadar ata un 60%, e a interactiva ata un 40% (25% prácticas, 15% traballo).
Tempo de estudo e traballo persoal- O habitual para este tipo de ensino.
Horas presenciais
Clases expositivas: 12 horas.
Clases interactivas: 12 horas distribuídas en 10 h de prácticas de campo e laboratorio e 2 horas de seminario.
Actividades de avaliación: 2 horas
Outras actividades (traballo en grupo,...):4 horas
Total horas presenciais: 30 horas
Traballo persoal do alumno
Lectura e preparación de temas: 20 horas
Realización de exercicios: 5 horas
Preparación previa e elaboración do informe de prácticas : 6 horas
Elaboración do traballo: 8 horas
Preparación de probas de avaliación: 6 horas
Total horas non presenciais: 45 horas
Total Horas de Traballo do alumno = 75 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Seguimento das indicacións dos profesores, tanto as difundidas nas sesións presenciais coma as correspondentes ás sesións ou aulas virtuais.
-Aconséllase ó alumno a revisión previa dos temas nos libros recomendados e/ou na USC Virtual, así como a súa impresión en papel para facilitar a compresión da lección maxistral e realizar as súas anotacións persoais.
Tamén se aconsella o estudio diario, para poder integrar axeitadamente os contidos da materia.