Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171212 - Teledetección e SIG nos incendios forestais (Especialidade en Incendios Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Gil Docampo, María de la Luz.SI
Miranda Barrós, David.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dotar ao alumno da perspectiva necesaria para analizar eventos e procesos relacionados cos incendios que teñen lugar sobre o territorio, ao permitir localizar cada evento na súa posición xeográfica. As novas tecnoloxías de información espacial proporcionan información precisa, detallada e rápida de gran utilidade para a detección, seguimento, avaliación e xestión da información.
    Aplicación de novas tecnoloxías de información espacial (teledetección e Sistemas de Información Xeográfica) á produción e análise de información xeo-espacial relativa aos incendios forestais para a avaliación e xestión ambiental a diversas escalas, tanto local como rexional e global.

    Contidos
    1.- Fundamentos de teledetección
    2.- Correccións e tratamentos dixitais da imaxe
    3.- Extracción e análise da información
    4.- Detección e seguimento de incendios
    5.- Cartografía de combustibles, mapas de risco e superficies queimadas
    6.- Seguimento da rexeneración de grandes áreas queimadas
    7.- Seguimento do grado de humidade da vexetación viva
    8.- Aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica para a xestión na restauración de grandes áreas queimadas
    9.- Obtención de capas temáticas para o seu emprego nos simuladores de incendios


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    - FERNANDEZ GARCÍA, S; GIL DOCAMPO, M. L. Topografía y Geomática Básicas en Ingeniería. Ed. Bellisco. ISBN 978-84-92970-38-4,351 pp. Madrid. 2012
    - GIL DOCAMPO, Mª L; ARMESTO GONZÁLEZ, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002

    Bibliografía complementaria

    - Chuvieco Salinero, E. “Teledetección ambiental” Ed Ariel Ciencia. 2006.

    Competencias
    Competencias xerais:
    Coñecemento, aplicación e análise dos procesos de tratamento de imaxes dixitais e información espacial, procedentes de sensores aerotransportados e satélites.

    Competencias específicas da materia:
    Coñecer os fundamentos teóricos básicos do proceso de teledetección e das técnicas de procesamento, análises e interpretación de imaxes de satélite.
    Capacidade para a realización de cartografía, obtención de información a partir de imaxes de satélite naqueles aspectos relacionados cos incendios forestais.
    Coñecemento das capas temáticas necesarias para a xestión na restauración de áreas queimadas e os simuladores de incendios.

    Metodoloxía da ensinanza
    Materia semestral, con 9 horas de clases maxistrais que se impartirán fundamentalmente mediante power point.

    Se impartirán así mesmo 12 horas de prácticas de laboratorio nas que se traballará fundamentalmente no aula de informática. Levarase a cabo a aplicación de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. O software a empregar será o de Geomática entre outros
    Os alumnos deberán realizar unha memoria de prácticas individual. A asistencia ás clases é obrigatoria.

    Sistema de evaluación
    Realización de exercicios e entrega de informes de prácticas 60%
    Exames teórico-prácticos 40%

    Realizarase un exame final na data oficial fixada polo centro.

    A asistencia a prácticas é obrigatoria, esíxese unha asistencia mínima do 80%. Será preciso a entrega dunha memoria final de prácticas. As prácticas aprobadas gardaranse para sucesivas convocatorias.

    NOTA FINAL = NT x 0.40 + NP x 0.60

    Para o cálculo da nota final é necesario que ambos NT e NP sexa maior que 4.

    Tempo de estudo e traballo persoal


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial no aula Horas Traballo persoal do alumnado Horas
    Docencia expositiva en grupo de 40 alumnos 9 Lectura e preparación de temas 12
    Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos 12 Realización de exercicios 12
    Titorías en grupo de 10 alumnos - Preparación das prácticas 12
    Actividades de avaliación 2 Elaboración de traballos de curso 12
    Outras (traballo en grupo) Preparación de probas de avaliación 4
    TOTAL 1 23 TOTAL 2 52

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás actividades presenciais