P4171214 - Modelos para plantacións forestais (Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os tipos de modelos forestais de crecemento e produción e a súa importancia na xestión forestal. Aplicar as principais técnicas para o desenvolvemento de modelos de crecemento e produción de plantacións forestais. Deselvolver unha visión crítica sobre as posibilidades e limitacións dos diferentes tipos de modelos utilizados na xestión dos recursos madeireiros.
ContidosTEORÍA
Tema 1. Modelización forestal. Clasificación dos modelos de crecemento. Inventario para a elaboración de modelos de crecemento.
Tema 2. Calidade de estación. Curva guía. Ecuacións en diferencias alxebraicas e a súa xeneralización. Predición de parámetros.
Tema 3. Modelos estáticos de rodal. Táboas de produción. Diagramas de manexo da densidade.
Tema 4. Modelos dinámicos de rodal. Estrutura. Ecuacións de mortalidade e área basimétrica.
Tema 5. Desagregación de modelos de rodal. Distribución diamétrica. Enlace de modelos de diferente resolución.
Tema 6. Ecuacións estáticas. Tarifas de cubicación e ferramentas para a cubicación con clasificación de produtos. Tarifas de biomasa e contido en carbono.
Tema 7. Modelización de tratamintos selvícolas. Rareos. Control da vexetación competidora. Fertilización. Mellora xenética. Combinación de tratamentos.
PRÁCTICAS
Práctica 1. Axuste e construción de curvas de calidade de estación.
Práctica 2. Axuste das relacións fundamentais e construción de táboas de produción.
Práctica 3. Axuste das ecuacións e construción dun diagrama de manexo da densidade.
Práctica 4. Axuste dunha tarifa de volumen de razón de rodal.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Assmann, E. 1970. The principles of forest yield study. Pergamon Press Ltd., Oxford.
- Burkhart, H.E.; Tomé, M. 2012. Modeling forest trees and stands. Springer, New York.
- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Diéguez-Aranda, U.; Arias-Rodil, M.; Álvarez González, J.G. 2012. Prácticas de Ampliación de Dasometría con R (disponible en el Campus Virtual de la USC).
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia (disponible en http://www.usc.es/uxfs).
- Gadow, K.v.; Real, P.; Álvarez González, J.G. 2001. Modelización del crecimiento y la evolución de los bosques. IUFRO World Series vol. 12, Vienna. (ref. BUSC Intercentros: CASI 196).
- Weiskittel, A.R.; Hann, D.W.; Kershaw, J.A. Jr.; Vanclay, J.K. 2011. Forest growth and yield modelling. Willey-Blackwell, Oxford.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Avery, T.E.; Burkhart, H.E. 2002. Forest measurements. 5th ed. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 703).
- Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid. (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826).
- Diéguez-Aranda, U.; Castedo Dorado, F.; Barrio Anta, M.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2005. Prácticas de Dasometría. UNICOPIA, Lugo.
- García, O. 1995. Apuntes de mensura forestal I. Estática. Universidad Austral de Chile, Facultad de Ciencias Forestales, Valdivia (disponible en formato pdf).
- Husch, B.; Miller, C.I.; Beers, T.W. 2003. Forest mensuration. Krieger, Malabar, Florida (ref. BUSC Intercentros: CASI 650).
- Kiviste, A.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2002. Funciones de crecimiento de aplicación en el ámbito forestal. Instituto Nacional de Investigacion y Tecnología Agraria y Alimentaria, Ministerio de Ciencia y Tecnología, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 637, CASI 641).
- Laar, A.v.; Akça, A. 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen (ref. BUSC Intercentros: CASI 483).
- Martínez Millán, J.; González Doncel, I. 1990. Ejercicios de Dasometría. ETSI de Montes, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 113).
- Pardé, J.; Bouchon, J. 1994. Dasometría. 2ª ed. Editorial Paraninfo, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 460, CASI 542).
- Philip, M.S. 1994. Measuring trees and forests. 2nd ed. CAB International, Wallingford (ref. BUSC Intercentros: CASI 297).
- Pita Carpenter, P.A. 1973. El Inventario en la Ordenación de Montes. Ministerio de Agricultura, Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias, Madrid (ref. BUSC Farmacia: v A 98).
- Prodan, M; Peters, R.; Cox, F.; Real, P. 1997. Mensura forestal. Instituto Interamericano de Cooperación para la Agricultura, San José (Costa Rica).
- Rondeux, J. 1993. La mesure des arbres et des peuplements forestiers. Les Presses Agronomiques, Gembloux (ref. BUSC Intercentros: CASI 191) (Traducido al castellano por Arturo Díaz de Barrionuevo en 2010 bajo el título “Medición de árboles y masas forestales” y editado por Mundi-Prensa, Madrid).
- West, P.W. 2004. Tree and forest measurement. Springer, Berlin (ref. BUSC Intercentros: CASI 28, CASI 523).
CompetenciasOs alumnos que cursen esta materia adquirirán as seguintes competencias:
- Capacidade para seleccionar as metodoloxías e utilizar as ferramentas adecuadas para o desenvolvemento de modelos que simulen o crecimiento e a evolución de ecosistemas forestais.
- Capacidade para validar modelos e adaptar os existentes a condicións diferentes ás da súa construción.
- Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de plantacións forestais.
- Capacidade para incorporar nos modelos de produción os efectos das perturbacións naturais e antrópicas.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desta materia será presencial. Tras unha breve introdución ós distintos temas, a aprendizaxe basearase fundamentalmente na resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, deseonvolveranse nun aula convencional coa axuda dunha pizarra clásica e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos nun aula de informática. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, análise de datos, preparación de traballos...). As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoyaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnos). Tanto nas clases de teoría como nas de prácticas propondranse actividades complementarias a resolver de forma autónoma ou en grupos, o que permitirá ó alumnado consolidar as destrezas necesarias para acadar os obxectivos propostos na materia e superarla con éxito. Os problemas ou dúbidas que xurdan no desenvolvemento destas actividades poderán resolverse no horario de titorías.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que se pretende contribúa de forma decisiva a estimular ó alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación. Para elo, plantéxase a avaliación mediante a realización de catro traballos de diferente temática e complexidade, que se irán propoñendo a medida que se avance no desenvolvemento da materia e que deberán de resolverse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso). Estes traballos, que deberán entregarse ó profesor como moi tarde o primeiro día do período oficial de exames da convocatoria correspondente, terán un peso similar (25%) a efectos do cómputo da calificación final da materia. Ésta poderá da materia poderá aumentarse ata nun 10% en función da participación do alumno nas clases expositivas e interactivas e na resolución das actividades complementarias. Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia ten una carga de 3 ECTS, divididos en docencia expositiva (1,5 ECTS) e interactiva (1,5 ECTS). O desglose por horas é o seguiente:
- Traballo presencial na aula relacionado coa docencia expositiva (en grupo de ata 40 alumnos): 9 horas.
- Traballo persoal do alumnado de lectura e preparación de temas: 9 horas.
- Traballo presencial na aula de informática relacionado coa docencia interactiva (en grupo de ata 20 alumnos): 12 horas.
- Traballo persoal do alumnado de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 6 horas.
- Traballo presencial de titorías en grupo: 3 horas.
- Traballo personal do alumnado de realización de exercicios e elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuales): 27 horas.
- Traballo presencial de titorías individuais: 3 horas.
- Traballo personal do alumnado de preparación de probas de avaliación: 6 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un correcto seguimiento da materia é preciso ter coñecementos básicos de matemáticas (cálculo diferencial e integral) e estatística (regresión lineal e non lineal), polo que é recomendable ter cursado previamente a materia “Desenvolvemento de modelos e avaliación”. Tamén é recomendable ter coñecementos básicos da linguaxe e entorno de programación para análise estatística e gráfica R, cuios fundamentos explícanse en dita materia, xa que será ferramenta utilizada nas prácticas da materia e a recomendada para elaborar os traballos de curso. Esta materia requiere que o alumno traballe de forma constante, xa que o avance no desenvolvemento dos contidos da materia irase fundamentando nos temas xa explicados. Para facilitar esta labor, plantearanse tanto nas clases de teoría como nas sesións interacticas (prácticas de informática e titorías en gruop) diversos exercicios para que o alumno os resolva individualmente ou en grupo; as dúbidas que xurdan poderanse comentar co profesor no horario de titorías.