Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171215 - Modelos para bosques naturais (Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Ecoloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Álvarez González, Juan Gabriel.SI
REAL RODRIGUEZ, CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento dos procesos específicos que regulan o crecemento e a produción dos bosques naturais.
    Coñecemento das metodoloxías básicas para o desenvolvemento de modelos axeitados para bosques naturais.

    Contidos
    Programa de Teoría:

    Tema 1. Estrutura Forestal
    Tema 2. Índices de competencia
    Tema 3. Modelos de clases de dimensión
    Tema 4. Modelos de árbore individual
    Tema 5. Ecuacións de mortalidade
    Tema 6. Rexeneración e recrutamento

    Programa de prácticas:

    A materia ten un carácter basicamente práctico, polo que en todos os temas o a teoría estará fortemente vinculada ao desenvolvemento de exemplos prácticos de construción de modelos empregando a linguaxe R e datos reais.


    Bibliografía básica e complementaria
    Alder, D., 1995. Growth modelling for mixed tropical forests. Oxford Forestry Institute, Oxford Uni., Oxford.
    Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
    Draper, N.R., Smith, H., 1981. Applied Regression Analysis (Second ed.). John Wiley and Sons, New York, 709 pp.
    Gadow, K.v., Hui, G., 1999. Modelling Forest Development, Kluwer Academic Publishers, 213 p.
    Gadow, K.v., Real, P., Álvarez-González, J.G., 2001. Modelización del crecimiento y evolución de los bosques. IUFRO World Series Vol. 12, 242 p.
    Amaro, A., Reed, D., Soares, P., 2003. Modelling forest systems. CAB International, Vallingford, UK. 432 p.
    Kangas, A., Maltamo, M., 2006. Forest Inventory Methodology and Applications. Series: Managing Forest Ecosystems, Vol. 10, Springer Verlag, 362p. ISBN 978-90-481-3164-8.
    Kiviste, A., Álvarez González, J.G., Rojo Alboreca, A., Ruiz González, A.D., 2002. Funciones de crecimiento de aplicación en el ámbito forestal. Monografías INIA: Forestal Nº. 4., Madrid, 190 p.
    Murrell, P. 2006. R graphics (Series: Computer Science and Data Analysis, ser. eds. Lafferty, J; Madigan, D; Murthag, F; Smyth, P). Chapman & Hall/CRC, London.
    Oliver, C.D., Larson, B.C., 1996. Forest Stand Dynamics, Updated Edition. John Wiley and Sons, New York, 544 p. ISBN: 978-0-471-13833-4.
    Robinson, A P; Hamman, J. D., 2010. Forest analysis with R. An introduction (Series: Use R!, ser. eds. Gentleman, R; Hornik, K; Parmigiani, G). Springer, New York.
    Vanclay, J.K., 1994. Modelling forest growth and yield: application to mixed tropical forests. CAB International, UK.
    van Laar, A., Akça, A., 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen, 418 p.
    Weiskittel, A.R., Hann, D.W., Kershaw, J.A., Vanclay, J.K., 2011. Forest Growth and Yield Modeling. John Wiley and Sons. ISBN: 978-0-470-66500-8, 430 p.
    Zuur, A. F.; Ieno, E. N.; Meesters, E. H. W. G., 2009. A beginners's guide to R (Series: Use R!, ser. eds. Gentleman, R; Hornik, K; Parmigiani, G). Springer, New York.







    Competencias
    Ademais das competencias xerais que figuran na Orde de verificación do título universitario, a competencia específica da materia é a "Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios que regulan o crecemento e a evolución dos bosques naturais para modelizar o seu desenvolvemento".
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia da materia estrutúrase mediante:

    Clases teóricas (impartidas na aula, de acordo co temario da materia).
    Clases prácticas e exercicios (impartidas en aulas de informática con material audiovisual de apoio a partir dos contidos teóricos desenvolvidos nas clases anteriores e formulando casos prácticos relacionados cos diferentes temas).
    Titorías (atendidas no despacho do profesor ou na aula se son de xeito colectivo, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso).

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe do alumno levarase a cabo co seguinte sistema de exames e traballo de curso:

    Traballos de curso:

    O alumno deberá presentar os resultados dunha análise de datos subministrados polos profesores na que poña en práctica os coñecementos adquiridos nas prácticas e na parte teórica. As pautas para a súa realización daranse no desenvolvemento das clases teóricas e prácticas. A data límite de entrega será dúas semanas antes do exame da materia, tanto na convocatoria de febreiro coma na de xullo.

    Exames:

    Realizarase un exame escrito teórico-práctico. Este exame final único terá lugar nos meses de febreiro e xullo, en datas fixada polo Centro, e abranguerá a totalidade do temario que aparece no programa da materia.

    Avaliación do curso:

    A nota do exame final terá un peso do 80% na nota final e a dos traballos prácticos o 20%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas en horas:

    Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 12 horas de traballo presencial.
    Traballo persoal do alumno: Lectura e preparación de temas, 12 horas.

    Prácticas (con grupos reducidos): 12 horas de traballo presencial
    Traballo persoal do alumno: Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre estas, 24 horas.

    Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 3 horas de traballo presencial.
    Traballo persoal do alumno: Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais), 20 horas

    Titorías individuais: 3 horas de traballo presencial
    Traballo persoal do alumno: Preparación de probas de avaliación, 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un correcto seguimento da materia é necesario ter coñecementos básicos de algebra matricial e estatística.

    Tamén é recomendable estar familiarizado co emprego da linguaxe de programación R.