Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171216 - Modelos ecofisiolóxicos e de efectos do cambio global (Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica , Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Botánica, Ecoloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GONZALEZ, IGNACIO.SI
Villares Pazos, Rubén.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia contribuirá a que o aluno obteña parte das competencias especificadas no Plan de Estudios da Titulación para a Especialidade de Modelos para a Xestión Forestal, a través dos seguintes obxectivos:
    • Coñecemento dos principais métodos ecofisiolóxicos de utilidade para estudar o comportamento de los ecosistemas forestais fronte ao cambio global
    • Adquisición de habilidades para comprender a resposta dos bosques ao longo do tempo e o seu posible comportamento futuro

    Contidos
    A programación detallada de teoría e prácticas estará dispoñible na USC Virtual.

    Actividades expositivas (9 horas)
    Caracterización de parámetros básicos: intercepción da radiación solar e choiva, índice de área foliar; superficie foliar específica, discriminación isotópica, alocación de biomasa, produción primaria bruta e neta.
    Modelos de ecoloxía forestal e sucesión: modelos de ocos, modelos de xestión de ecosistemas a escala de rodal e a escala de paisaxe.
    Caracterización de parámetros morfolóxicos e anatómicos de importancia funcional: cuantificación e significado ecolóxico. Aneis de crecemento. Formación estacional da madeira. Modelización da actividade cambial.
    Dendrocronoloxía: concepto e base biolóxica. Datación dos aneis de crecemento: sincronización. Elaboración de series dendrocronolóxicas. Aplicacións das técnicas dendrocronolóxicas.
    A dendrocronoloxía no estudio do cambio global. Respostas das árbores ao clima e reconstrución do clima pasado. Estudio da dinámica forestal ao longo do tempo.

    Actividades interactivas (12 h)
    Análise de pigmentos fotosintéticos
    Avaliación de tasas fotosintéticas e respiratorias mediante respirometría.
    Medida do índice de área foliar
    Observación e interpretación de aneis de crecemento.
    Elaboración de series dendrocronolóxicas.
    Modelización usando aneis de crecemento: estudio do clima e da dinámica forestal.
    Elaboración e exposición dun traballo práctico.

    Bibliografía básica e complementaria
    Fritts, H.C. (2001). Tree rings and climate. Blackburn Press, 2nd edition. Caldwell, New Jersey. 567 pp.
    Kozlowski, T.T., Kramer, P.J. & Pallardy, S.G. (1991). The physiological ecology of woody plants, Academic Press, San Diego, 657 pp.
    Lambers, H., Chapin III, F.S. & Pons, T.L. (2008). Plant physiological ecology, 2nd edition, Springer, New York, 604 pp.
    Landsberg, J.J. & Gower, S.T. (1997). Applications of physiological ecology to forest management, Academic Press, San Diego. 354 pp.
    Larcher, W. (1977). Ecofisiología vegetal. Omega, Barcelona, 305 pp.
    Larcher, W. (1995). Physiological plant ecology: ecophysiology and stress physiology of funtional groups, 3rd edition, Springer-Verlag, Berlin, 506 pp.
    Schweingruber, F.H. (1996). Tree rings and environment. Dendroecology. Paul Haupt, Berne, 609 pp.
    Schweingruber, F.H. (2012). Trees and wood in dendrochronology. Morphological, anatomical, and tree-ring analytical characteristics of trees frequently used in dendrochronology. Springer, Berlin-Heidelberg, 409 pp.
    Schweingruber, F.H., Börner, A. & Schulze, E.D. (2006). Atlas of woody plant stems. Evolution, structure, and environmental modifications. Springer, Berlin-Heidelberg, 229 pp.
    Speer, J.H. (2010). Fundamentals of tree-ring research. The University of Arizona Press, Tucson. 368 pp.
    Vaganov, E.A., Hughes, M.K. & Shashkin, A.V. (2006). Growth dynamics of conifer tree rings. Images of past and future environments. Springer, Berlin-Heidelberg, 354 pp.

    Algunhas direccións de interese
    http://www.ltrr.arizona.edu
    http://web.utk.edu/~grissino/
    http://www.wsl.ch/dienstleistungen/produkte/glossare/dendro_glossary/index_EN
    http://streess-cost.eu/
    http://www.ldeo.columbia.edu/tree-ring-laboratory

    Competencias
    Al concluír esta materia, los alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
    1) Competencias específicas
    • Adquirir coñecementos sobre os efectos do quecemento global sobre as árbores de forma individual e sobre as masas forestais.
    • Mostrar os factores que contribúen tanto ás variacións no crecemento como á distribución das especies e identificar as variables anatómicas máis sensibles, de forma que o aluno saiba interpretar sucesos pasados e lle sirva para a futura xestión dos bosques/ecosistemas.
    2) Competencias instrumentais
    • Capacidade de análise e síntese
    • Capacidade de organización e planificación
    • Resolución de problemas
    3) Competencias persoais
    • Traballo en equipo
    4) Competencias sistémicas
    • Aprendizaxe autónoma
    5) Outras competencias
    • Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas explicaránse os conceptos teóricos xerais. Nas clases prácticas mostraránse as técnicas de laboratorio empregadas en estudios ecofisiolóxicos e dendrocronolóxicos, así como as ferramentas estatísticas e informáticas para a aplicación de determinados modelos estudados.

    O Campus Virtual servirá para que os alunos poidan acceder a toda a información das clases, así como a outra información complementaria do seu interese, pero que por razóns de tempo non sexa detallada clase. Exporáse tamén o calendario de actividades e comunicaránse os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que xurdan na actividade docente.

    Realizaráse un seguimento da asistencia e participación dos alunos.

    Sistema de evaluación
    Mediante un exame final avaliaránse os coñecementos adquiridos durante o curso, que deberá ser superado, e poderá constituír ata un 65% da nota final. A asistencia ás sesións teóricas e prácticas e obrigada, e o seu aproveitamento será avaliado, constituíndo un 10% da cualificación final. O 25% restante obteráse da valoración dos traballos do curso e das prácticas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal poden ser moi variables en función das capacidades de cada alumno. A materia consta de 3 créditos ECTS (75 horas de traballo para o aluno), cun total de traballo autónomo que por término medio será de 50 horas.
    Estímase que cada hora de traballo presencial requerirá de dúas a tres horas de estudo e traballo persoal do aluno. A distribución de horas para cada actividade indícase a continuación:
    9 horas para clases teóricas expositivas
    12 horas para prácticas interactivas
    3 horas de titorías
    1 horas para avaliación

    50 horas de traballo persoal

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica, e los recursos informáticos propostos. O uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas é aconsellable.

    Lémbrase a obrigatoriedade das clases presenciais teóricas e prácticas.