Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171217 - Modelos de nutrintes, carbono e augua (Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ MARCOS, MARIA LUISA.SI
RODRIGUEZ SOALLEIRO, ROQUE JULIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os incluídos na memoria do máster en Enxeñería de Montes: Adquirir formación sobre os procesos e modelos dos ciclos de nutrintes, carbono e auga que teñen lugar nos sistemas produtivos e naturais. Estas ferramentas permitirán avaliar a sostibilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os beneficios ambientais destes sistemas.
    Contidos
    Modelos para a xestión nutricional e ciclos de nutrintes en bosques. Reposición de nutrintes a través de procesos naturais e fertilización. Balance de auga, nutrintes e carbono. Beneficios ambientais. Modelos de secuestro de carbono en bosques.

    Tema 1. Introdución e nutrintes esenciais.
    Tema 2. Procesos fundamentais nos ciclos de nutrintes
    Tema 3. Ciclos de macronutrintes
    Tema 4. Estado nutricional: diagnóstico visual
    Tema 5. Estado nutricional: diagnóstico e foliar ensaios de fertilización
    Tema 6. Fertilizantes de uso forestal
    Tema 7. Fertilización forestal aplicada
    Tema 8. Xestión nutricional de plantacións.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Dell et al, 2001. Nutrient disorders in plantation eucalypts.
    -Fisher, R.F., Binkley, D., 2000. Ecology and management of forest soils. Wiley, 489 pp.
    -Attiwill, PM, Adams, MA., Nutrition of Eucalypts, CSIRO PUblishing
    -Bonneau, M., 1995. La fertilization des forêts dans les pays tempérés. ENGREF, Nancy, 367 pp
    -Will, GM., Nutrient deficiencies and fertilizer use in New Zealand exotic forests. FRI Bulletin 97. Rotorua, 53 pp.
    -Bará, S., Fertilización forestal, Xunta de Galicia
    - Barker, Allen V., Pilbeam, David J. 2007. Handbook of plant nutrition. CRC Press, 613 pp.

    Competencias
    O curso proporcionará formación relevante para a adquisición da competencia xeral: Capacidade para deseñar, xestionar, desenvolver, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural, como enunciado na memoria do Máster en Enxeñaría de Montes.
    En concreto, preténdese que os alumnos adquiran a capacidade de avaliar a sostibilidade nutricional de plantacións forestais e os servizos ambientais derivados da produción de auga e fixación de carbono, adquirindo a capacidade de establecer medidas de xestión axeitadas para manter ditas funcións e promover o desenvolvemento axeitado do bosque.

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia incluirá tanto actividades expositivas (16 h) como interactivas (16 h), de laboratorio ou de campo. Na ensinanza expositiva o profesor proporcionará resumos e análises xerais do estado da arte en temas fundamentais, orientando aos alumnos para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. Nas sesións interactivas se discutirán os traballos realizados polos alumnos e se levarán a cabo prácticas de laboratorio ou visitas de campo, particularmente a parcelas de ensaio. A asistencia a clase considérase necesaria para superar a materia.
    Sistema de evaluación
    A aprendizaxe a través de créditos ECTS axustarase a unha avaliación continua, tendo en conta a asistencia a clase, o resultado das probas de avaliación e á avaliación de traballos persoais ou exercicios. A entrega de exercicios ou traballos propostos polos profesores ou derivados das prácticas será obrigatoria. Para superar a materia é necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das actividades programadas. O peso das probas escritas na nota final será do 60%, debendo estas ser aprobadas en calquera caso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O correspondente aos 3 ECTS da materia. A memoria do máster inclúe dúas horas de traballo en grupo, 18 horas de lectura e preparación de temas, cinco horas de realización de exercicios, 7 horas de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 5 horas de elaboración de traballos de curso e 10 horas de preparación de probas de avaliación, xunto con 4 horas de realización de tales probas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia regular ás clases e utilizar as horas de titoría.