
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Dirección de Proxectos [L]
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 53/2008 do 13 de marzo (DOG do 13/03/2008)
Data de publicación no BOE: 9/12/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Álvarez López, Carlos José
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Conseguir profesionais cunha axeitada capacidade de dirección de proxectos, capacidade para levalos a cabo, diágnose dos problemas existentes e metodoloxías e coñecementos para a toma de decisións e resolución de problemas. Todo elo mellorando a eficiencia das actuacións das organizacións.
Consideramos que se daría unha resposta a unha demanda crecente de profesionais tanto dende o ámbito particular, como da Administración e a empresa. Preténdese proporcionar ós estudiantes unha formación tecnica e metodolóxica avanzada e de calidade nos aspectos teóricos e prácticos que son de aplicación no ámbito da dirección de proxectos e polo tanto axudar a posta o día de profesionais neste ámbito, así como tamén potenciar a súa especialización.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
o Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
o Traballar de forma autónoma e con iniciativa
o Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
o Capacidade de análise e síntese
o Resolver problemas de forma efectiva
o Comparar e seleccionar alternativas técnicas e de xestión
o Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
o Capacidade para establecer estratexias, para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo as posibles situación de conflicto e crise.
o Capacidade para abrirse ás aportacións, suxerencias, dúbidas e preocupacións doutros, de xeito que o proxecto se poda beneficiar delo (actitude aberta).
o Capacidade para manterse firme nas posicións ou actuacións que favorecen ao proxecto (autoconfianza).
o Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
o Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes
o Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
o Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable
o Asumir con responsabilidade ética o seu papel profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
o Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), nun entorno de orientación aos resultados.
o Capacidade para comprender as implicacións básicas do entorno que rodea o proxecto: a organización permanente que o desenvolve; os programas e carteras de proxectos; o entorno económico, financeiro e mercantil; o entorno tecnolóxico; e o entorno legal.
o Estimar a viabilidade económica e financiera dun proxecto, e definir os seus obxectivos.
o Capacidade de crear a estrutura de desagregación de traballos do proxecto, incluíndo o establecemento dos límites do proxecto e os seus entregables, e de crear a estructura organizativa do proxecto.
o Capacidade de crear outras estructuras de desagregación (de traballos, organizativa, de riscos, entre outras).
o Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión da calidade en proxectos
o Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión de recursos, custos e prazos en proxectos
o Capacidade para seleccionar a estratexia contractual máis axeitada
o Coñecer unha metodoloxía e técnicas para a xestión de riscos en proxectos
o Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes periódicos e finais de proxecto
o Coñecer unha metodoloxía específica para a xestión dos recursos humáns do proxecto
o Partes interesadas: capacidade para identificar as partes interesadas no proxecto e os seus intereses, e para priorizalos.
o Capacidade para redactar o plan de xestión dun proxecto cunha visión integradora das diferentes áreas directivas (alcance, plazo, coste, calidade, …), e para realizar actividades de lanzamento e peche efectivos do proxecto.
o Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto.
o Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto ten sido exitosa.
Cabe destacar que na actualidade asistimos a unha demanda profesional crecente de formación en dirección de proxectos nos diferentes sectores produtivos e de servizos (construción, fabricación, informática, I+D, axuda ó desenvolvemento, etc.). Demanda que non ten ata actualidade unha resposta enérxica do Sistema Univeristario, agás en rexións como Cataluña, Comunidade Valenciana ou Madrid (zonas en que, por outra banda, as titulacións en dirección de proxectos son títulos propios), polo que a presente proposta serviría para situar as Universidades de Galicia no mesmo termo que as máis avanzadas, neste campo, do Estado.
A xustificación da necesidade de ofrecer un posgrao profesional en dirección de proxectos vén dada pola elevada demanda de profesionais expertos en dirección de proxectos que está a acontecer na actualidade. A diario se poden ver na prensa escrita, nacional e europea, abundantes anuncios de traballo con denominacións como “xefe de proxecto”, “director de programa”, “director de proxecto”, “xerente de proxecto” ou, directamente (incluso en España), “programmanager” ou “project manager”.
Existe, por tanto unha demanda clara deste tipo de profesional. A necesidade da existencia dun profesional que poda realizar unha integración horizontal e vertical para a dirección de todos os recursos que se dispoñan no proxecto, esixe un alto nivel de aprendizaxe previa, así como uns coñecementos teórico-prácticos específicos para este profesional.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Por orde de preferencia:
1. Enxeñarías Superiores e Arquitectura
2. Licenciados e Graduados
3. Enxeñeiros Técnicos e Arquitectos Técnicos
4. Diplomados
Ofértase exclusivamente a tempo parcial
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4031101 | Marco Conceptual da Dirección de Proxectos | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031102 | Definición e Xestión do Alcance | 5.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031103 | Xestión da Contratación | 1.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031104 | Xestión da Información e Das Comunicacións do Proxecto | 1.50 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031105 | Xestión de Riscos | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031106 | Integración: Planificación e Control do Proxecto | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031107 | Particularidades da Dirección de Proxectos en Diferentes Campos | 2.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031108 | Planificación, Seguimento e Control de Tempos e Custos | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031109 | Xestión da Calidade | 3.50 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P4031110 | Xestión de Recursos Humans | 2.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4031111 | Prácticas en Empresa | 15.00 | OB | PEGM | 1 | 2S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4031112 | Proxecto de Fin de Máster | 15.00 | OB | TFGM | 1 | 2S |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable