
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación Agraria e Forestal [L]
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: RIGUEIRO RODRIGUEZ, ANTONIO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A finalidade do título será a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización investigadora. As competencias deberán definirse de acordo cos descritores que figuran no Marco Español de Cualificacións.
Os alumnos que cursen o Máster Universitario de Investigación Agraria e Forestal estarán capacitados para aplicar transferencia de tecnoloxía e o método científico á resolución de problemas relacionados coa produción agrícola e forestal.
Competencias xerais.-
1-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos á resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa produción agrícola e forestal
2-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
3-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
4-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
5-Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática do campo de estudo da produción agrícola e forestal e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co mesmo
6-Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica
7-Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento, desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional
8-Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
9-Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca de temas relacionados coa produción agrícola e forestal
10-Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento
Competencias específicas
a) Coñecemento dos problemas dos sectores agrícola e forestal
b) Coñecemento das bases científicas para diagnosticar e resolver mediante a investigación problemas relacionados coa produción agrícola e forestal
c) Coñecemento de novas tecnoloxías aplicadas á produción agrícola e forestal sostible e respectuosa co medio ambiente
d) Deseñar experiencias agroforestais. Interpretación e análise de datos
e) Formular e desenvolver proxectos de investigación
f) Redactar artigos científicos, de transferencia de tecnoloxía e de divulgación
g) Expresión oral de resultados de investigación
h) Traballo en equipo
No SGIC da USC definiuse a metodoloxía para a análise dos datos recollidos sobre a Inserción laboral dos titulados de face a mellorar os ensinos impartidos en relación ás necesidades dos empregadores.
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) encárgase de realizar os estudos de inserción laboral dos titulados do Sistema Universitario de Galicia (SUG), estes estudos, xunto con outros de ámbito nacional, conforman un proxecto común que consiste na creación dunha base de estudos de inserción laboral de titulados universitarios.
O Consello Social da USC vén realizando actividades de investigación para coñecer as competencias que os titulados universitarios deben posuír desde a óptica dos empregadores para a súa incorporación ao mercado laboral e que deben ser adquiridas nas Universidade.
A Comisión do Título analizará anualmente os datos de inserción provenientes destes dous organismos os cales serán analizados xunto con outra información ao respecto incluíndose os resultados desta análise na Memoria Anual de resultados do Máster
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 16
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Este máster está dirixido aos alumnos que posúan algunha das seguintes titulacións:
A.- 1ª Preferencia
a. Enxeñaría Agrónoma
b. Enxeñaría de Montes
c. Licenciatura en Bioloxía
d. Licenciatura en Ciencias Ambientais
e. Licenciatura en Veterinaria
B.- 2ª Preferencia
a. Enxeñaría Técnica Agrícola
b. Enxeñaría Técnica Forestal
Para o curso 2001/2012 hai unha oferta total de prazas de 20 distribuídas do seguinte xeito:
a.- Un máximo de 16 ofertadas a alumnos con titulacións do sistema educativo español.
b.- Un máximo de 4 para alumnos con titulacións de sistemas educativos doutros países.
c.- 4 prazas a tempo parcial (sobre o total de prazas ofertadas).
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4051101 | Iniciación á investigación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OF/MR | P4051102 | Deseño de Experimentos Agroforestais: Metodoloxía e Análise de Resultados | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OF/MR | P4051103 | Tecnoloxías para a avaliación de recursos xenéticos de interese na produción agrícola e forestal, ecofisioloxía de cultivos e modelización | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OF/MR | P4051104 | Técnicas de clonación de plantas aplicadas á investigación agroforestal | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4051105 | Traballo fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable