
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 10/09/2013 | 12/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría Civil
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 187/2010 do 11 de novembro (DOG 17/11/2010)
Data de publicación no BOE: 16 de abril de 2011
Data da última acreditación: 30/09/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
1º curso [pdf - 13 kb][Actualizado: 5/9/13]
2º curso [pdf - 14 kb][Actualizado: 5/9/13]
3º curso [pdf - 13 kb][Actualizado: 9/9/13]
4º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
1º curso [xls - 117 kb][Actualizado: 16/7/13]
2º curso [xls - 108 kb][Actualizado: 8/7/13]
3º curso [xls - 132 kb][Actualizado: 8/7/13]
4º curso [xls - 128 kb][Actualizado: 16/7/13]
Ordinarias: 1º e 2º semestre. Xullo [xls - 32 kb][Actualizado: 3/9/13]
Condicións de remate [pdf - 19 kb][Actualizado: 29/9/11]
Memoria V.1-2 [pdf - 926 kb][Actualizado: 18/12/12]
BOE 16-04-2011 [pdf - 240 kb][Actualizado: 1/6/11]
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral. dese campo de estudo.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se expón na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas.
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
Capacidade para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, no seu ámbito.
Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos ambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
Capacidade para realizar estudos e deseñar captacións de augas superficiais ou subterráneas, no seu ámbito.
Coñecemento e capacidade de aplicación de técnicas de xestión empresarial e lexislación laboral.
Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
Esta titulación faculta para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/307/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
Os titulados en Enxeñaría Civil estanse incorporando con fluidez ao exercicio profesional sen que exista un índice de paro significativo neste campo. Destacan os sectores de consultoría e de empresas construtoras que absorben máis das tres cuartas partes da actividade laboral.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Civil [pdf - 544 kb][Actualizado: 20/10/10]
Número de prazas de novo ingreso: 50
Demanda do ano anterior: 5.3 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Malia non se esixir unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É, así mesmo, que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
- Coñecementos básicos en Debuxo Técnico e Xeoloxía a nivel de Bacharelato
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Titulacións de acceso:
-Enxeñaría Técnica de Obras Públicas: especialidade en Transportes e Servizos Urbanos
-Enxeñaría Técnica en Transportes e Servizos Urbanos
Materias que se deben cursar para obter o grao:
-Informática
-Obras Hidráulicas
-Obras Marítimas
-Abastecemento e Saneamento
-Debuxo técnico asistido por ordenador
-Firmes e conservación de vías
-Xestión do medio urbano
-Loxística urbana
-Explotación de portos
-Traballo fin de grao
Os titulados por outras universidades distintas á USC poderían ter que cursar outras asignaturas distintas ás que integran o curso ponte
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.
Trátase dun exercicio orixinal que se debe realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Civil de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas do grao.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
Ao abeiro do art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041101 | Matemáticas I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4041106 | Matemáticas II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4041201 | Matemáticas III | 6.00 | FB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041102 | Física I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4041107 | Física II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041103 | Expresión Gráfica na Enxeñaría | 9.00 | FB | ANG | 1º | OFERTA.1 | G4041108 | Debuxo Técnico asistido por Ordenador | 4.50 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041104 | Fundamentos de Xeoloxía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4041225 | Enxeñaría do Terreo | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4041321 | Obras Xeotécnicas I | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G4041328 | Obras Xeotécnicas II | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041223 | Hidráulica I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4041228 | Hidráulica II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4041322 | Enxeñaría Sanitaria e Ambiental | 9.00 | OB | ANG | 3º | G4041323 | Portos e Costas | 9.00 | OB | ANG | 3º | G4041325 | Obras Hidráulicas | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4041326 | Abastecemento e Saneamento | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G4041421 | Servizos Urbanos | 9.00 | OB | ANG | 4º | G4041422 | Obras Marítimas | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041221 | Materiais de Construción | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4041222 | Estruturas I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4041227 | Estruturas II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4041324 | Tecnoloxía de Estruturas | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4041327 | Procedementos Xerais de Construción | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041224 | Explotación do Transporte Terrestre | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4041226 | Deseño e Construción de Obras Lineais | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041105 | Xestión de Empresa | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4041109 | Informática | 4.50 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4041121 | Topografía de Obra | 6.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4041229 | Electrotecnia | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4041423 | Proxectos de Enxeñaría Civil | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041424 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041344 | Prefabricación | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4041442 | Edificación | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041443 | Estruturas Metálicas | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041444 | Enxeñaría Portuaria | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G4041451 | Enxeñaría de Costas | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041342 | Transporte e Territorio | 4.50 | OP | 1SG | 3º | G4041445 | Enxeñaría do Tráfico | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041446 | Xestión do Medio Urbano | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041447 | Firmes e Conservación de Vías | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G4041448 | Urbanismo e Ordenación do Territorio | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041449 | Loxística Urbana | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G4041450 | Explotación de Portos | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041341 | Xestión de Recursos Hidráulicos en Enxeñaría Civil | 4.50 | OP | 1SG | 3º | G4041343 | Presas | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4041441 | Aproveitamentos Enerxéticos Hidráulicos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4041452 | Enxeñaría e Ecoloxía dos Sistemas Litorais | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4041108 | Debuxo Técnico asistido por Ordenador | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4041109 | Informática | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4041325 | Obras Hidráulicas | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4041326 | Abastecemento e Saneamento | 6.00 | OB | 1SG | º | G4041422 | Obras Marítimas | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4041424 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | º | OFERTA.1 | G4041446 | Xestión do Medio Urbano | 4.50 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4041447 | Firmes e Conservación de Vías | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4041449 | Loxística Urbana | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4041450 | Explotación de Portos | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable