
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 13/09/2013 | 15/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10
Data de publicación no BOE: 22 de febreiro de 2011
Data da última acreditación: 29/07/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
1º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
2º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
3º curso [pdf - 7 kb][Actualizado: 7/9/12]
4º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
1º curso [xls - 107 kb][Actualizado: 16/7/13]
2º curso [xls - 120 kb][Actualizado: 3/7/13]
3º curso [xls - 125 kb][Actualizado: 3/7/13]
4º curso [xls - 121 kb][Actualizado: 16/7/13]
Ordinarias: 1º e 2º semestre. Xullo [xls - 32 kb][Actualizado: 3/9/13]
Anexo II. Descrición do TFG [pdf - 7 kb][Actualizado: 17/7/13]
Anexo III. Normas para a presentacion do TFG [pdf - 12 kb][Actualizado: 17/7/13]
Anexo IV. Cuestionario de Entrega do TFG [pdf - 8 kb][Actualizado: 17/7/13]
Memoria V.1-2 [pdf - 761 kb][Actualizado: 18/12/12]
BOE 22-2-2011 [pdf - 245 kb][Actualizado: 1/6/11]
1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral dese campo de estudo.
2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.
3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
1. Deseñar e desenvolver proxectos xeomáticos e topográficos.
2. Analizar, rexistrar e organizar o coñecemento do contorno e da distribución da propiedade e usar esa información para o planeamento e administración do solo.
3. Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas desde a enxeñaría en topografía, analizalos e proceder á súa implantación.
4. Capacidade para toma de decisións, de liderado, xestión de recursos humanos e dirección de equipos interdisciplinares relacionados coa información espacial.
5. Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias.
6. Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e economicamente con él.
1. Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre.
2. Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á obra civil e á edificación, no ámbito xeomático.
3. Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación en catastro e rexistro, ordenación do territorio e valoración, no ámbito xeomático.
Esta titulación capacita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/353/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía.
Os ámbitos para o exercicio profesional desta titulación son preferentemente:
-Enxeñaría Civil
-Topografía
-GPS
-Gabinete de Proxectos
-Control de Calidade
-Cartografía Territorial
-Consultoría de Urbanismo.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Xeomática e Togografía [pdf - 782 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 50
Demanda do ano anterior: 5.8 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Malia non se esixir unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É, así mesmo, que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
- Coñecementos básicos en Debuxo Técnico e Xeoloxía a nivel de Bacharelato
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Os titulados en Enxeñaría Técnica en Topografía, para obteren o Grao en enxeñaría Xeomática e Topografía, deberán cursar as seguintes materias:
-Economía e Empresa (6 ECTS)
-Bases de Datos (6 ECTS)
-enxeñaría Civil e Ambiental (9 ECTS)
-Deseño Xeométrico de Obras Lineais (4,5 ECTS)
-IDEs e Novas Tecnoloxías en Cartografía (6 ECTS)
-Redes Xeodésicas (4,5 ECTS)
-Informática (6 ECTS)
-Sistemas de posicionamiento global
-Traballo fin de grado (12 ECTS)
As materias: "Informática" e "Sistemas de posicionamiento global" ofértanse como optativas na Enxeñaría Técnica, polo que poden ser obxecto de recoñecemento de o alumno telas cursado con anterioridade.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.Trátase dun exercicio orixinal que se debe realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Xeomática e Topografía de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas do grao.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
Ao abeiro do o art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051101 | Matemáticas I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4051106 | Matemáticas II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4051201 | Matemáticas III | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G4051442 | Matemática Aplicada á Enxeñaría | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051102 | Física I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4051107 | Física II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051108 | Bases de Datos | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4051109 | Informática | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051103 | Sistemas de Representación | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4051242 | Debuxo Técnico Asistido por Ordenador | 4.50 | OP | 2SG | 2º | G4051341 | Cálculo Gráfico | 4.50 | OP | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051222 | Instrumentos e Métodos Topográficos | 12.00 | OB | ANG | 2º | G4051227 | Modelos Estatísticos de Axuste de Observacións | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4051243 | Software Topográfico | 4.50 | OP | 2SG | 2º | G4051324 | Topografía de Obras | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4051328 | Deseño Xeométrico de Obras Lineais | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G4051342 | Levantamentos Especiais | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4051424 | Topografía Aplicada á Enxeñaría Civil | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G4051444 | Lexislación Topográfica | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051121 | Cartografía I | 6.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4051221 | Sistemas de Información Xeográfica | 9.00 | OB | ANG | 2º | G4051225 | Cartografía II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4051422 | IDE’s e Novas Tecnoloxías en Cartografía | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G4051443 | Cartografía Catastral Informatizada | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051223 | Fotogrametría Analítica | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4051322 | Teledetección | 9.00 | OB | ANG | 3º | G4051323 | Fotogrametría Dixital | 9.00 | OB | ANG | 3º | G4051446 | Fotogrametría Non Cartográfica | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051327 | Urbanismo e Ordenación do Territorio | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G4051343 | Administración de Terras | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4051421 | Catastro e Valoración de Bens Inmobles | 9.00 | OB | ANG | 4º | G4051445 | Planeamento Urbanístico | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051224 | Astrometría e Xeodesia Física | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4051325 | Xeodesia Matemática | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4051326 | Sistemas de Posicionamento Global | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G4051425 | Redes Xeodésicas | 4.50 | OB | 2SG | 4º | G4051447 | Microxeodesia | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051104 | Fundamentos de Xeoloxía | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4051226 | Xeofísica | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G4051241 | Xeoloxía Ambiental e Xeomorfoloxía | 4.50 | OP | 2SG | 2º | G4051441 | Prospección Xeofísica | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051105 | Economía e Empresa | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4051321 | Enxeñaría Civil e Ambiental | 9.00 | OB | ANG | 3º | G4051423 | Proxectos | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G4051448 | Auscultación Non Topográfica de Obras de Enxeñaría | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051426 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4051105 | Economía e Empresa | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4051108 | Bases de Datos | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4051109 | Informática | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4051321 | Enxeñaría Civil e Ambiental | 9.00 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4051326 | Sistemas de Posicionamento Global | 6.00 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4051328 | Deseño Xeométrico de Obras Lineais | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4051422 | IDE’s e Novas Tecnoloxías en Cartografía | 6.00 | OB | 1SG | º | OFERTA.1 | G4051425 | Redes Xeodésicas | 4.50 | OB | 2SG | º | OFERTA.1 | G4051426 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | º | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable