
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 10/09/2013 | 12/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10
Data de publicación no BOE: 22 de febreiro de 2011
Data da última acreditación: 29/07/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
1º curso [pdf - 10 kb][Actualizado: 5/9/13]
2º curso [pdf - 10 kb][Actualizado: 5/9/13]
3º curso [pdf - 7 kb][Actualizado: 7/9/12]
4º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
1º curso [xls - 116 kb][Actualizado: 16/7/13]
2º curso [xls - 107 kb][Actualizado: 16/7/13]
3º curso[xls - 105 kb][Actualizado: 22/7/13]
4º curso [xls - 133 kb][Actualizado: 8/7/13]
Ordinarias: 1º e 2º semestre. Xullo [xls - 33 kb][Actualizado: 3/9/13]
Relación de traballos propostos [pdf - 40 kb][Actualizado: 9/4/13]
Formulario para a solicitude de titorización [pdf - 43 kb][Actualizado: 9/4/13]
Condicións de remate [pdf - 28 kb][Actualizado: 1/8/11]
Memoria V.1-2 [pdf - 752 kb][Actualizado: 18/12/12]
BOE 22-2-2011 [pdf - 255 kb][Actualizado: 1/6/11]
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral. dese campo de estudo.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluindo as paisaxes.
Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, lumes, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para a súa aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía.
Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais.
Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais.
Capacidade para xestionar e protexer as poboacións de fauna forestal, con especial énfase nas de carácter cinexético e piscícola.
Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio.
Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
Este título capacita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidades en Explotacións ForestaIs e en Industrias ForestaIs, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/324/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, con respecto ás competencias que deben adquirirse, relacionadas coas tecnoloxías específicas destas especialidades
As actividades profesionais que, en maior medida, desenvolven os Enxeñeiros de Montes e os Enxeñeiros Técnicos Forestais inclúe:
-Consultorías
-Construción e instalacións
-Medio ambiente
-Seguridade e saúde
-Administración pública
-Empresas de suministros e servizos
Os tres perfís profesionais máis recurrentes nas dúas especialidade son:
-Proxectos e consultorías (18,3%)
-Silvicultura, ordenación de montes e piscicultura (14,5%)
-Protección e incendios forestais (11,5%).
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural [pdf - 923 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 80
Demanda do ano anterior: 5.112 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Malia non se esixir unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É, así mesmo, que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
- Coñecementos básicos en Debuxo Técnico, Química, Bioloxía e Xeoloxía a nivel de Bacharelato
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Relación de titulacións desde as que se pode acceder ao Curso Ponte do Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, coa lista de materias que deberán cursar os alumnos/as:
-Enxeñaría Técnica Forestal na especialidade de Explotacións Forestais
-Enxeñaría Técnica en Explotacións Forestais.
Mellora xenética forestal e viveiros (6 ECTS)
Xardinaría e paisaxismo forestal (4,5 ECTS)
Ordenación e planificación do territorio e do medio natural (4,5 ECTS)
Estatística (4,5 ECTS)
Informática (4,5 ECTS)
Lexislación, socioloxía e política forestal (6 ECTS)
Bioloxía e xestión de poboacións cinexéticas e piscícolas (4,5 ECTS)
Traballo fin de grao (12 ECTS)
Cando o expediente académico presentado polo alumno xustifique que xa adquiriu algunha das competencias incluídas no curso ponte, poderán recoñecérselle os créditos da materia correspondente.
Os titulados por outras universidades distintas á USC nas Enxeñarías Técnicas indicadas que sexan admitidos para realizaren o curso ponte e non teñan acreditadas todas as competencias indicadas no apartado 5 do anexo da Orde CIN/324/2009, poderían ter que cursar outras materias distintas ás que integran o curso ponte.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.Trátase dun exercicio orixinal que se debe realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Forestal de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas do grao.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
Ao abeiro do art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4071101 | Matemáticas I | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4071104 | Estatística | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4071106 | Matemáticas II | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4071102 | Física I | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4071107 | Física II | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4071108 | Xeoloxía e Climatoloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4071110 | Bioloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4071103 | Expresión Gráfica na Enxeñaría | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4071105 | Química | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G4071109 | Informática | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4071224 | Edafoloxía | 4.50 | OB | 1SG | G4071226 | Botánica Forestal | 6.00 | OB | 2SG | G4071227 | Ecoloxía | 6.00 | OB | 2SG | G4071228 | Zooloxía | 6.00 | OB | 2SG | G4071229 | Hidroloxía | 4.50 | OB | 2SG | G4071223 | Dasometría e Inventario Forestal e do Medio Natural | 6.00 | OB | 1SG | G4071221 | Hidráulica | 6.00 | OB | 1SG | G4071222 | Construción Forestal | 4.50 | OB | 1SG | G4071225 | Electrotecnia | 4.50 | OB | 1SG | G4071230 | Topografía | 6.00 | OB | 2SG | G4071201 | Economía e Empresa Forestal | 6.00 | FB | 1SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4071324 | Pragas e Enfermidades Forestais | 4.50 | OB | 1SG | G4071325 | Selvicultura | 4.50 | OB | 1SG | G4071329 | Repoboacións Forestais | 4.50 | OB | 2SG | G4071330 | Pascicultura e Sistemas Agroforestais | 4.50 | OB | 2SG | G4071322 | Aproveitamentos e Vías Forestais | 6.00 | OB | 1SG | G4071323 | Mecanización Forestal I | 4.50 | OB | 1SG | G4071321 | Tecnoloxía da Madeira | 6.00 | OB | 1SG | G4071327 | Industrias de Primeira Transformación da Madeira | 6.00 | OB | 2SG | G4071326 | Lexislación, Socioloxía e Políticas Forestais | 6.00 | OB | 2SG | G4071328 | Avaliación e Corrección de Impacto Ambiental | 4.50 | OB | 2SG | G4071344 | Recuperación de Espazos Degradados | 4.50 | OP | 2SG | G4071342 | Xardinería e Paisaxismo Forestal | 4.50 | OP | 1SG | G4071341 | Industrias dos Produtos Forestais non Madereiros | 4.50 | OP | 1SG | G4071343 | Seguridade e Hixiene | 4.50 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4071422 | Ordenación de Montes e Certificación Forestal | 6.00 | OB | 1SG | G4071423 | Prevención e Loita contra Incendios Forestais | 4.50 | OB | 1SG | G4071450 | Xestión do medio Natural | 4.50 | OP | 2SG | G4071451 | Mecanización Forestal II | 4.50 | OP | 2SG | G4071424 | Proxectos | 4.50 | OB | 1SG | G4071421 | Industria da Celulosa e do Papel | 6.00 | OB | 1SG | G4071448 | CAD. Expresión Gráfica Aplicada | 4.50 | OP | 2SG | G4071449 | Producións Complementarias do Bosque | 4.50 | OP | 2SG | G4071425 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | G4071443 | Bioloxía e Xestión de Poboacións Cinexéticas e Piscícolas | 4.50 | OP | 1SG | G4071444 | Ordenación e planificación do Territorio e do Medio Natural | 4.50 | OP | 1SG | G4071447 | Mellora Xenética Forestal e Viveiros | 6.00 | OP | 2SG | G4071441 | Procesos Industriais Xiloenerxéticos | 4.50 | OP | 1SG | G4071442 | Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal | 4.50 | OP | 1SG | G4071445 | Protección, Conservación e Construción en Madeira | 6.00 | OP | 2SG | G4071446 | Industrias de Segunda Transformación da Madeira | 6.00 | OP | 2SG |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable