
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10
Data de publicación no BOE: 22 de febreiro de 2011
Data da última acreditación: 29/07/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
1º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
2º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
3º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
4º curso [pdf - 6 kb][Actualizado: 7/9/12]
1º curso [xls - 122 kb][Actualizado: 16/7/13]
2º curso [xls - 120 kb][Actualizado: 16/7/13]
3º curso [xls - 131 kb][Actualizado: 16/7/13]
4º curso [xls - 131 kb][Actualizado: 3/7/13]
Ordinarias: 1º e 2º semestre. Xullo [xls - 30 kb][Actualizado: 3/9/13]
Relación de traballos propostos [pdf - 54 kb][Actualizado: 8/4/13]
Formulario para a solicitude de titorización [pdf - 49 kb][Actualizado: 8/4/13]
Memoria V.1-2 [pdf - 686 kb][Actualizado: 18/12/12]
BOE 22-2-2011 [pdf - 252 kb][Actualizado: 1/6/11]
Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluindo as paisaxes.
Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, lumes, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para a súa aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía.
Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua
Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico
Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación
Capacidade para a búsqueda e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación
Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do contorno humano e natural
Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da industria agroalimentaria.
Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de suministro hídrico e enerxético
Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias
Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias
Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias
Esta titulación habilita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/323/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola, con respecto ás competencias que deben adquirirse, relacionadas coa tecnoloxía específica desta especialidade.
Saídas profesionais máis relevantes:
-Industrias do sector agroalimentario: pesqueiras, cárnicas, leiteiras, enolóxica, etc.
-Ámbito da Enxeñaría: consultorías, seguridade e saúde, construcións e instalacións, etc.
-Outros sectores: administración pública, empresas de abastecemento e servizos, agrupacións de produtores, etc.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias [pdf - 812 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 80
Demanda do ano anterior: 6.56 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Malia non se esixir unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É, así mesmo, que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
- Coñecementos básicos en Debuxo Técnico, Química, Bioloxía e Xeoloxía a nivel de Bacharelato
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
Ao abeiro do o art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4081101 | Matemáticas I | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4081104 | Estatística | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4081106 | Matemáticas II | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4081102 | Física I | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4081107 | Física II | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4081103 | Expresión Gráfica na Enxeñaría | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4081105 | Química | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G4081108 | Xeoloxía e Climatoloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4081109 | Informática | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4081110 | Bioloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4081224 | Edafoloxía | 4.50 | OB | 1SG | G4081231 | Botánica e Fisioloxía Vexetal | 6.00 | OB | 2SG | G4081226 | Cálculo de Estruturas | 4.50 | OB | 1SG | G4081227 | Mecanización Agraria | 4.50 | OB | 2SG | G4081228 | Hidráulica | 4.50 | OB | 2SG | G4081229 | Topografía e Xeomática | 6.00 | OB | 2SG | G4081230 | Electrotecnia | 4.50 | OB | 2SG | G4081221 | Microbioloxía | 9.00 | OB | ANG | G4081225 | Bioquímica | 4.50 | OB | 1SG | G4081223 | Operacións Básicas de Alimentos | 6.00 | OB | 1SG | G4081222 | Zootecnia | 6.00 | OB | 1SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4081321 | Tecnoloxía da Produción Vexetal | 9.00 | OB | ANG | G4081342 | Lexislación Agroalimentaria | 4.50 | OP | 2SG | G4081322 | Tecnoloxía de Alimentos | 9.00 | OB | ANG | G4081323 | Industrias Fermentativas | 9.00 | OB | ANG | G4081325 | Industrias Lácteas | 9.00 | OB | ANG | G4081324 | Termotecnia e Instalacións Térmicas | 9.00 | OB | ANG | G4081326 | Construción Agroindustrial | 6.00 | OB | 1SG | G4081327 | Instalacións Eléctricas | 4.50 | OB | 2SG | G4081341 | CAD. Expresión Gráfica Aplicada | 4.50 | OP | 2SG | G4081343 | Produtos Animais | 4.50 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4081442 | Viticultura | 4.50 | OP | 1SG | G4081424 | Proxectos | 4.50 | OB | 1SG | G4081401 | Economía do Sistema Agroalimentario | 6.00 | FB | 1SG | G4081426 | Empresa, Mercado e Cadea Agroalimentaria | 6.00 | OB | 2SG | G4081422 | Análise Instrumental | 6.00 | OB | 1SG | G4081443 | Industrias Extractivas, Cárnicas e Pesqueiras | 4.50 | OP | 1SG | G4081444 | Industrias Conserveiras | 4.50 | OP | 2SG | G4081423 | Equipos e Instalacións Auxiliares | 4.50 | OB | 1SG | G4081425 | Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias | 6.00 | OB | 2SG | G4081441 | Instalacións Hidráulicas | 4.50 | OP | 1SG | G4081445 | Automatización e Control de Instalacións | 4.50 | OP | 2SG | G4081446 | Xestión da Produción nas Industrias Agroalimentarias | 4.50 | OP | 2SG | G4081421 | Ecoloxía e Impacto Ambiental | 6.00 | OB | 1SG | G4081427 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable