
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio
Rama de coñecemento:
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 de 16 de setembro
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Miranda Barrós, David
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos xerais do programa master son os seguintes:
1. Proporcionar unha formación especializada e interdisciplinaria, cunha perspectiva internacional, no estudo e análise territorial, no deseño de políticas, e na planificación e xestión dos usos do chan e da propiedade da terra,
2. Proporcionar experiencia práctica sobre o marco legal e administrativo a ter en conta na práctica da planificación, que achegue un coñecemento aplicable en distintas contornas de traballo,
3. Desenvolver un campo de coñecemento orientado aos problemas do chan como recurso natural, os elementos asociados e os factores que interveñen na modificación das condicións de aproveitamento, sen perder de vista a relación coa estrutura territorial e o medio,
4. Promover a responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas, na implantación de plans e proxectos, e das solucións técnicas adoptadas,
5. Capacitar para a resolución de problemas derivados da infrautilización ou ineficiencia así como de conflitos de usos do chan.
6. Coñecer os principais métodos de análises, estudo e diagnóstico territorial, dos usos do solo e da propiedade da terra,
7. Coñecer as ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha xestión máis eficiente e eficaz dos usos do chan,
8. Proporcionar unha perspectiva ampla sobre o campo de estudo e capacidade para profundar no coñecemento actual e futuro de forma autónoma.
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Coñecemento dos diferentes instrumentos de xestión de terras.
2. Capacidade para levar a cabo procesos de análises e avaliación do territorio, desde os puntos de vista económico, social e ambiental.
3. Capacidade para a planificación e ordenación territorial.
4. Capacidade para determinar a viabilidade dun plan, programa ou proxecto, por medio da avaliación.
5. Saber contextualizar a importancia da planificación estratéxica do territorio para a sustentabilidade.
6. Comprensión dos valores ambientais e funcións ecolóxicas desempeñadas polas áreas protexidas e as paisaxes culturais.
7. Comprensión da función do valor do solo na súa asignación de usos.
8. Comprensión das relacións entre a sociedade humana e o sistema ecolóxico no uso dos recursos naturais.
9. Comprensión das técnicas de análise territorial e das capacidades das ferramentas xeomáticas.
O programa de Master proposto cobre un campo de coñecemento para o que non hai oferta de formación específica avanzada, e no que hai unha demanda concreta de especialistas que poidan incorporarse ao deseño de políticas e plans, e á execución de proxectos e programas relacionados coa xestión do territorio e da terra como recurso, facendo uso das ferramentas da información xeográfica.
Estas necesidades foron expresadas tanto desde ao ámbito político e administrativo, desde o ámbito académico, e do ámbito empresarial, que demandan titulados especializados nos procesos de toma de decisións, e na xestión de terras e de deseño e aplicación de programas de dinamización e innovación para aumentar a eficacia e eficiencia do sistema produtivo agrario e forestal.
As metas son:
Formar especialistas para realizar estudos do territorio que sirvan de base na planificación dos recursos naturais, particularmente o chan como recurso escaso, por parte das Administracións e da empresa.
Contribuír á integración entre as áreas urbana e rural e os espazos máis vulnerables como espazos naturais protexidos, zonas de montaña e zonas costeiras favorecendo a sustentabilidade ambiental e territorial.
A formación adquirida debe servir tanto para formar especialistas no deseño e xestión de políticas públicas, de aplicación de programas territoriais e sectoriais, ou na consultoría especializada, así como para completar a formación académica dos graduados.
O plan de estudos está orientado á preparación de persoal cualificado no estudo e análise territorial e no aproveitamento do potencial dos usos do chan, a identificación de oportunidades e estratexias, o coñecemento do marco normativo e institucional e no deseño de políticas sectoriais.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 13
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Niveis de preferencia
1. Rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas.
1. Licenciatura en Xeografía
1. Graos nas ramas de coñecemento de Arquitectura e Enxeñaría.
2. Licenciatura en Bioloxía
2. Licenciatura en CC. Políticas e da Administración.
2. Licenciatura en CC. Ambientais
2. Licenciatura en Economía
2. Licenciatura en Socioloxía
2. Licenciatura en Antropoloxia Social e Cultural.
2. Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas.
2. Graos nas ramas de coñecemento de CC. Xurídicas e Sociais.
3. Licenciatura en Historia
3. Licenciatura en Humanidades
3. Licenciatura en Ciencias e Técnicas Estatísticas.
3. Licenciatura en Dereito.
3. Graos na rama de coñecemento de Humanidades
4. Graos na rama de coñecemento de Ciencias
Criterios de Selección
Expediente académico: 5%
Coñecemento de linguas (inglés, francés, alemán,
español): 5%
Curriculum: 5%
Experiencia profesional: 10%
Experiencia investigadora: 10%
Outros méritos:
- Carta motivación (aspiracións
profesionais/investigadoras, interese na temática do
máster e materias/proxectos): 20%
- Outros méritos: 40%
- Compromiso titorización de profesor responsable de
materia: 5%
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4111101 | Políticas de desenvolvemento rural | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111102 | Instrumentos de xestión de terras | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111103 | Economía ambiental | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4111104 | Ordenación do territorio para o desenvolvemento sustentable | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111201 | Planificación urbana | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111202 | Planificación dos recursos naturais e da paisaxe | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111203 | Xestión de riscos naturais e antrópicos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111204 | Planificación estratéxica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111205 | Avaliación de plans, programas e proxectos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111206 | Negociación e resolución de conflitos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4111105 | Técnicas de análise cuantitativas e cualitativas | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111106 | Análise espacial e territorial | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111207 | Xeomática | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4111208 | Valoración de terras | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4111209 | Introdución ao proceso de investigación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4111107 | Traballo fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable