
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 187/2010 do 11 de novembro (DOG do 7/11/2010)
Data de publicación no BOE: 13/01/2012
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Iglesias Díaz, MªIsabel
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
A finalidade do título é a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializada e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe.
O obxectivo académico responde á necesidade de formación de profesionais da arquitectura da paisaxe, abarcando a planificación da paisaxe, a análise e o deseño da paisaxe en xeral, así como o que se refire a proxectos específicos de infraestruturas, de paisaxes urbanas e culturais. Da mesma forma, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada, no medio urbano, rural e forestal.
O deseño do Master e o das súas estruturas de dirección son fortemente integradoras, para abarcar todas as sensibilidades e tipos de capacitación que se requiren nun tema tan complexo e que ten moi pouca tradición académica en España.
COMPETENCIAS XERAIS:
a) Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Arquitectura da Paisaxe.
b) Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
c) Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
d) Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
a) Realizar estudos de avaliación da paisaxe e planificación de usos do solo a escala rexional e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
b) Coñecer os factores sociais e psicolóxicos que interveñen no deseño e a planificación da paisaxe e relacionar o coñecemento das necesidades, valores, percepción ambiental, normas de conduta e de organización, fronte ao deseño e a planificación da paisaxe.
c) Aplicar os métodos de estudo adecuados para coñecer as necesidades e demandas sociais e dos compoñentes da calidade de vida en espazos verdes.
d) Aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinería e paisajismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
e) Coñecer, seleccionar e utilizar a vexetación en consonancia co lugar, carácter e enfoque do proxecto e en función da escala (rexional, local ou particular)
f) Analizar e interpretar as características fisicoquímicas do terreo para planificar os traballos preliminares necesarios para a implantación do elemento vexetal.
g) Coñecer os criterios de calidade do material vexetal así como as técnicas de xardinería e paisaxismo necesarias para a execución de proxectos de espazos verdes nos ámbitos forestal, rural e urbano.
h) Realizar tarefas de catalogación e definición das medidas de protección de xardíns e paisaxes de valor histórico.
i) Redactar plans de delimitación e conservación, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
j) Analizar, controlar a calidade e definir condicións de mantemento nos traballos de xardinería e paisaxismo.
k) Asesorar na elaboración de proxectos de protección, ordenación e xestión da paisaxe e participar na formación de equipos pluridisciplinares.
l) Aplicar a normativa vixente relacionada coa xardinería e a paisaxe.
m) Aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e o volume, e comprender ou coñecer os sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño.
n) Comprender ou coñecer os métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, a contorna natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humano.
o) Comprender ou coñecer as técnicas de medición e levantamento gráfico de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases e as bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial e paisaxístico
p) Comprender e coñecer a xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do deseño e da comprensión dos sistemas de representación espacial.
q) Comprender e coñecer a responsabilidade respecto dos principios básicos de ecoloxía, de sustentabilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na paisaxe.
r) Comprender e coñecer as bases da edafoloxía, climatoloxía, botánica e ecoloxía precisas para abordar os estudos territoriais e paisaxísticos.
s) Comprender e coñecer as características físicas, os procedementos de fabricación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe na obra estrutural.
O Master ten carácter académico-profesional, que responde á necesidade de formación de profesionais en arquitectura da paisaxe.
As administracións públicas e as empresas precisan de profesionais altamente cualificados cunha formación multidisciplinar, que a nivel europeo adopta a denominación de arquitectura da paisaxe e ten, en certos países, unha longa tradición. Esta formación que integra materias e disciplinas moi diversas (botánica, edafoloxía, bioloxía, ecoloxía, xeoloxía, hidroloxía, topografía, enxeñaría, arquitectura, arte, historia, xeografía, economía, socioloxía, etc), está sendo obxecto dun proceso de homoxeneización dentro do ámbito da Unión Europea.
O obxectivo final do máster é ofrecer unha alta especialización académica e profesional na planificación, deseño, xestión e conservación da paisaxe.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Admisión:
Dada a especificidade do máster, só poderán ser admitidas aquelas persoas que posúan as seguintes titulacións:
Titulacións de Acceso:
a. Arquitectura
b. Enxeñaría Agrónoma
c. Enxeñaría Camiños, Canles e Portos
d. Enxeñaría Minas
e. Enxeñaría Montes
f. Licenciatura Bioloxía
g. Licenciatura Xeografía
h. Licenciatura Xeoloxía
i. Arquitectura Técnica
j. Enxeñaría Técn. Agrícola (todas as especialidades)
k. Enxeñaría Técn. Minas (todas as especialidades)
l. Enxeñaría Técn. Obras Públicas
m. Enxeñaría Técn. Forestal (todas as especialidades).
Criterios de Selección:
Expediente Académico: 40%
Coñecemento de inglés (First certificate, etc) : 5%
Curriculum : 20%
Experiencia profesional: 20%
Experiencia investigadora: 5%
Outros méritos: 10%
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4101116 | Deseño gráfico da paisaxe | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4101117 | Ciencias ambientais aplicadas á paisaxe | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4101101 | Historia da xardinería | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101102 | Teoría e Metodoloxía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101103 | Planificación da Paisaxe | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101104 | Deseño da paisaxe I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101105 | Tecnoloxía da Información | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101106 | Vexetación e material vexetal I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101107 | Taller I | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4101108 | Deseño da paisaxe II | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101109 | Vexetación e material vexetal II | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101110 | Espazos públicos urbanos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101111 | Integración das Infraestruturas na paisaxe | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101112 | Paisaxe Cultural | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101113 | Materiais, construción e instalacións | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4101114 | Xestión da Paisaxe | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4101115 | Traballo de fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable