
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: BUENO LEMA, JAVIER
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
O obxectivo xeral do título de "Máster en Enxeñaría Agronómica" é a formación de técnicos superiores capacitados para proxectar, planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, incluíndo as infraestructuras e instalacións necesarias para o desempeño eficiente das devanditas actividades produtivas, todo iso nun marco de protección e conservación do medio ambiente e de desenvolvemento e mellora do medio rural. O alumnado titulado polo presente Máster, por medio dos seus coñecementos científicos e tecnolóxicos e a súa habilidade creadora, será capaz de deseñar sistemas de aproveitamento económico dos recursos da natureza para obter e transformar alimentos, fibras para tecidos e outros vexetais ou animais útiles para o home. Preténdese que os estudantes que egresen do máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de "Enxeñeiro Agrónomo" e saiban manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.
De acordo co apartado 3 do Anexo da Orde CIN/325/2009, do 9 de febreiro, pola qual se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo, os titulados deste Máster deberán adquirir as seguintes competencias xerais:
1: Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sustentábel do medio rural.
2: Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestructura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
3: Capacidade para propoñer, dirixir e realizar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos empregados nas empresas e organizacións vinculadas ao sector agroalimentario.
4: Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas presentados en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
5: Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
6: Capacidade para dirixir ou supervisar equipos multidisciplinares e multiculturais, para integrar coñecementos en procesos de decisión complexos, con información limitada, asumindo a responsabilidade social, ética e ambiental da súa actividade profesional en sintonía coa contorna socioeconómico e natural en que actúa.
7: Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
A titulación de Enxeñeiro Agrónomo é unha das que presenta os valores máis baixos en traballos non relacionados co título. Accédese ao emprego por contactos persoais ou iniciativa propia (en máis dun 50% dos casos).O Enxeñeiro Agrónomo tarda aproximadamente 4,1 meses en atopar o seu primeiro emprego. Dentro da inserción laboral, as actividades fundamentais son as englobadas dentro do subepígrafe Enxeñaría (consultorías, construción e instalacións, medio ambiente e seguridade e saúde), seguida da administración pública e as empresas de suministros e servizos.
O título de Máster en Enxeñaría Agronómica que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da actual titulación de Enxeñaría Agronómica atendendo ás normas vigentes a nivel nacional, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Na súa formulación atendéronse os requerimientos da Orde CIN/325/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Está prevista a adaptación dos estudantes que cursan a actual Enxeñaría Agrónoma e pretendan realizar o Máster en Enxeñaría Agronómica. A táboa de adaptacións figura na memoria verificada e será desenvolta mediante Resolución Reitoral.
Número de prazas de novo ingreso: 35
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: É recomendábel que o estudante teña cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É así mesmo recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica e sintética
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia lingüística en inglés (nivel B1), ademais de en español e en galego
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
Criterios de acceso e admisión:
Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, e Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias pola USC (así como os graos doutras universidades españolas que outorguen as competencias establecidas na Orde Ministerial CIN /325/2009; p.e.: Grao en Enxeñaría Agraria pola UVIGO)
Enxeñaría Técnica Agrícola (con complementos, que deben cursarse previamente ou simultaneamente ao 1º curso do máster)
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan a profesión regulada de Enxeñeiro agrónomo, terá de ser un exercicio orixinal e individual.
Os contidos do traballo fin de máster estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro agrónomo. Para determinar a procedencia dunha temática, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado perante a comisión de seguimiento. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa.
Plan de Acción Titorial: A Escola conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.
Para a realización das prácticas externas a comisión do título asignará ao alumno un titor académico entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.
Prácticas en empresas: As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 240 h (6 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, para os efectos da obtención de 10 créditos equivalentes.
A Escola Politécnica Superior conta con perto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161101 | Construcións e infraestruturas agroindustriais | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161102 | Xestión de recursos hídricos | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161103 | Xestión enerxética nos procesos agroalimentarios | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161104 | Ordenación rural | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4161105 | Política agraria e desenvolvemento rural | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161106 | Sistemas de rego e drenaxe | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161107 | Alimentación animal | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4161108 | Mellora xenética animal | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4161109 | Obtención e producción de material vexetal | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161110 | Sistemas de producción vexetal | 4.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4161111 | Sistemas de protección integrada | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161112 | Tecnoloxías da producción animal | 4.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161113 | Enxeñaría das industrias agroalimentarias | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161114 | Tecnoloxía e seguridade alimentarias | 4.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161115 | Comercialización e marketing agroalimentario | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4161116 | Dirección da empresa agroalimentaria | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4161117 | Xestión loxística no sector agroalimentario | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161201 | Abastecemento e depuración de augas | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161202 | Dirección de proxectos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161203 | Enerxías renovables | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161204 | Xestión da calidade agroalimentaria | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161205 | Enxeñaría da madeira estructural | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161206 | Tecnoloxía da información xeoespacial | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161207 | Calidade na producción de leite | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161208 | Xestión técnico-económica de explotacións de vacún de leite | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161209 | Manexo de pastos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161210 | Morfoloxía e fisioloxía da vaca de leite | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161211 | Programas de alimentación de vacún de leite | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161212 | Sistemas de produción e organización do traballo | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161213 | Deseño e conducción do viñedo | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161214 | Deseño e xestión de adegas | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161215 | Enoloxía | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161216 | Enxeñaría dos procesos da industria enolóxica | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161217 | Produción vitícola | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4161218 | Viticultura de zoas atlánticas | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4161118 | Practicum | 10.00 | OB | PEGM | 2 | P4161119 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable