
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: BUENO LEMA, JAVIER
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
(Disponible ó remate dos períodos oficiais de matrícula)
O obxectivo xeral do título de "Máster en Enxeñaría de Montes" é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os espazos naturais e os bens e servizos que proporciona o ámbito forestal. Entre os seus obxectivos están protexer o chan, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a continuidade das especies de flora e fauna silvestre, mellorar o medio ambiente rural e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o goce directo. Tamén entra dentro das súas competencias a construción de pistas forestais e naves para o almacenamento, secado e transformación da madeira. Os Enxeñeiros de Montes estudan e organizan a repoboación e conservación das áreas forestais. Para iso, adentranse nos coñecementos da loita contra as pragas e enfermidades das plantas, a prevención e extinción de incendios, a protección e fomento da fauna silvestre, tanto terrestre como acuícola, e a mellora de todas as especies vexetais silvestres. Preténdese que os estudantes que egresen do Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de "Enxeñeiro de Montes" e saiban manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.
De acordo co apartado 3 do Anexo da Orde CIN/326/2009, de 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, os titulados deste Máster deberán adquirir as seguintes competencias xerais:
1: Capacidade para aplicar as técnicas de marketing e comercialización de produtos forestais.
2: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
3: Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.
4: Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no campo da auditoría ambiental.
5: Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovábeis.
6: Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo da xenética forestal.
7: Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
As actividades profesionais que, en maior medida, desenvolven os Enxeñeiros de Montes se engloban dentro do epígrafe de enxeñaría e inclúe as consultorías, a construción de instalacións, o medio ambiente e a seguridade e saúde; en segundo lugar figuran os empregos na administración pública e nas empresas de suministros e servizos, mentres que a colocación en actividades relacionadas co I+D é inferior ao 10%. Os tres perfís profesionais máis recorrentes son os proxectos e consultorías (18,3%), a silvicultura, ordenación de montes e piscicultura (14,5%) e a protección e defensa contra incendios forestais (11,5%).
O título de Máster en Enxeñaría de Montes que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da actual titulación de Enxeñaría de Montes atendendo ás normas vigentes a nivel estatal, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, na súa formulación atendeuse aos requirimientos da Orde CIN/326/2009, de 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Está prevista a adaptación dos estudantes que cursan a actual Enxeñaría de Montes e pretendan realizar o Máster en Enxeñaría de Montes. A táboa de adaptacións figura na memoria verificada e será desenvolta mediante Resolución Reitoral.
Número de prazas de novo ingreso: 35
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: É recomendábel que o estudante teña cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É así mesmo recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica e sintética
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia lingüística en inglés (nivel B1), ademais de en español e en galego
- Competencia en ferramentas informáticas básicas
Criterios de acceso e admisión:
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio natural pola USC (así como os graos doutras universidades españolas que outorguen as competencias establecidas na Orden Ministerial CIN/326/2009; p.e.: Grao en Enxeñaría Forestal pola UVIGO)
Enxeñaría Técnica Forestal (con complementos, que deben cursarse previamente ou simultaneamente ao 1º curso do máster)
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan a profesión regulada de Enxeñeiro de Montes, terá de ser un exercicio orixinal e individual.
Os contidos do traballo fin de máster estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro de Montes. Para determinar a procedencia dunha temática, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado perante a comisión de seguimiento. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa.
Plan de Acción Titorial: A Escola conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.
Para a realización das prácticas externas a comisión do título asignará ao alumno un titor académico entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.
Prácticas en empresas: As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 240 h (6 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, para os efectos da obtención de 10 créditos equivalentes.
A Escola Politécnica Superior conta con perto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171101 | Aproveitamentos de biomasa forestal | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171102 | Construción de infraestruturas forestais | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171103 | Deseño de industrias forestais | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171104 | Enerxías renovables | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171105 | Produción de biomasa e cultivos enerxéticos | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171106 | Proxectos de industrias forestais | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171107 | Control da contaminación e auditoría ambiental | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171108 | Xestión sustentable de montes e comarcas forestais | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171109 | Mellora xenética forestal | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171110 | Ordenación e xestión territorial | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171111 | Planificación hidrolóxica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171112 | Planificación e xestión de espazos naturaies protexidos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171113 | Dirección de proxectos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171114 | Estratexias mundiais de protección do medio natural | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171115 | Avaliación técnico-económica de recursos forestais | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4171116 | Mercados e dirección de empresas forestais | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4171117 | Socioloxía e políticas forestais | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171201 | Accións de conservación en espazos naturais protexidos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171202 | Aproveitamento de recursos en espazos naturais protexidos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171203 | Criterios de deseño de espazos naturais protexidos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171204 | Economía e política ambiental | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171205 | Avaliación da biodiversidade | 3.00 | OP | 1SG | P4171206 | Infraestruturas e uso público de espazos naturais protexidos | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171207 | Análise e simulación de incendios | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171208 | Efectos do lume sobre os ecosistemas | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171209 | Xestión do combustible con fins preventivos | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171210 | Plans de defensa e avaliación económica de danos por incendio | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171211 | Rexeneración e restauración forestal tras incendio | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171212 | Teledetección e SIG nos incendios forestais | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171213 | Desenvolvemento de modelos e validación | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171214 | Modelos para plantacións forestais | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171215 | Modelos para bosques naturais | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171216 | Modelos ecofisiolóxicos e de efectos do cambio global | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171217 | Modelos de nutrintes, carbono e augua | 3.00 | OP | 1SG | 2 | P4171218 | Modelos de producións non madereiras | 3.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4171118 | Practicum | 10.00 | OB | PEGM | 2 | P4171119 | Traballo fin de máster | 12.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable