Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021102 - Informática (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 40.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Bugarín Diz, Alberto José.NON
CARREIRA NOUCHE, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia presenta unha introdución á computación e á programación en MATLAB e con follas de cálculo en computadores tipo PC baixo o Sistema Operativo Windows con aplicación a problemas propios da Enxeñaría Química.
    Ademais, servirá como base para que o alumno poida solucionar problemas en cursos posteriores usando “toolboxes” de Matlab específicas da Enxeñaría Química ou funcións avanzadas de follas de cálculo.

    É a primeira introdución do estudante no eido da informática e, en concreto, nos fundamentos da programación. Polo tanto, un primeiro obxectivo da materia é que o futuro enxeñeiro químico coñeza os fundamentos dos sistemas informáticos, facendo especial énfase nos compoñentes que son máis habituais no ámbito das aplicacións químicas na industria.

    Os obxectivos relacionados co desenvolvemento de destrezas de programación ocupan unha parte fundamental da materia. En concreto, preténdese que o estudante desenvolva fluidez na especificación, deseño, programación e proba de aplicacións informáticas para a enxeñería química.

    Contidos
    Contidos teóricos (26 horas):
    Introdución ao desenvolvemento de programas: Estruturas de datos e algoritmos. Linguaxes de programación, compiladores e intérpretes. Tipos de datos e expresións básicas. Estruturas algorítmicas de control. Programación modular. Entrada/saída.

    Preténdese dar unha visión xeral do uso da informática para resolver problemas. Farase unha breve introducción aos sistemas informáticos pero profundizarase no desenvolvemento de algoritmos e estruturas de control en xeral, para logo aplicarse específicamente en Matlab e en folla de cálculo.

    Bloque I. Introducción ao desenvolvemento de programas
    Bloque II. Linguaxes de programación Matlab e Excel
    1. Constantes e variables. Tipos básicos
    2. Expresións básicas.
    3. Estruturas de selección.
    4. Estruturas repetitivas.
    5. Agrupacións de variables.
    6. Programación modular: funcións.
    7. Entrada/Saída.

    Seminarios (10 horas):
    Nos seminarios faranse exercicios prácticos de resolución de problemas e incidirase principalmente no traballo con folla de cálculo.
    Seminario 1. Introducción á informática: Esquema funcional das computadoras. Representación da información. Periféricos. Sistemas operativos.
    Seminario 2. Arquivos e bases de datos. Folla de cálculo. Redes de Computadoras. Internet.
    Seminarios 3-10: Traballo de casos con folla de cálculo e Matlab.

    Contidos prácticos (40 horas):

    Introducción á informática: Esquema funcional das computadoras. Programas e instruccións. Representación da información. Periféricos. Sistemas operativos. Arquivos e bases de datos. Follas de cálculo. Redes de Computadoras e Internet.

    Manexo de Sistemas Operativos. Resolución de problemas do ámbito da enxeñaría (particularmente relacionados con métodos numéricos e algoritmia numérica) utilizando unha linguaxe para a computación científica e técnica de alto nivel para dar soporte aos aspectos de programación abordados na parte teórica.

    Resolución de problemas do ámbito da enxeñaría (particularmente relacionados con métodos numéricos e algoritmia numérica) utilizando follas de cálculo para dar soporte aos aspectos de programacióna abordados na parte teórica.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    1. MATLAB : una introducción con ejemplos prácticos. Amos Gilat, Barcelona: Reverté, D.L. 2006
    Este texto resulta básico para a materia pois aborda os fundamentos da computación dende a perspectiva do futuro enxeñeiro.

    2. Excel : aplicaciones científicas y de ingeniería . D.M. Bourg. Anaya Multimedia, 2006.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (por orden de importancia):
    1. Introduction to MATLAB 7 for engineers. William J. Palm III, McGraw-Hill, 2005
    2. Engineering problem solving with MATLAB. Etter, D.M., Prentice Hall, 1993.
    3. Mastering MATLAB 7. D. Hanselman, B. Littlefield, Pearson/Prentice Hall, 2005

    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    CB.1. Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre:
    CB.1.3. Métodos numéricos; algoritmia numérica.
    CB.3. Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría.

    COMPETENCIAS XERAIS
    CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
    CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisión, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    CT.1. Capacidade de análise e síntese
    CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
    CT.6. Resolución de problemas
    CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
    CT.19. Aprendizaxe autónomo
    Metodoloxía da ensinanza
    Todo o material da materia estará na plataforma USCVirtual

    O programa de teoría baséase en dúas clases semanais, nas que se inclúen as explicacións dos temas e mais os seminarios de problemas/casos prácticos. O programa de prácticas organízase de forma regular nunha sesión semanal de dúas horas de duración. En cada sesión aplícanse na práctica do xeito máis inmediato posible os temas explicados nas clases teóricas.

    Contémplase un seminario de introdución ao acceso ás Aulas de Informática da USC e á ferramenta de docencia non presencial na que se desenvolven todos os contidos prácticos da materia. Esta ferramenta úsase como soporte dalgúns contidos teóricos e de todos os contidos, guións e problemas prácticos, xunto coas súas solucións.

    Esta materia está totalmente integrada coas materias "Matemáticas" e "Fundamentos de Procesos Químicos", actuando como soporte de ambas en canto á aprendizaxe dos entornos informáticos para desenvolvemento das prácticas de ditas materias.
    Os seminarios programaranse de acordo con estas asignaturas, principalmente coa segunda, para facer casos prácticos en folla de cálculo.

    Utilizaranse Matlab e Excel nas sesións na aula de informática.
    Nas clases maxistrais desenvolveranse os contidos xerais básicos e haberá seminarios de problemas en grupo de seminario para resolver os problemas que se plantexen, tanto en Matlab como en Excel.
    Sistema de evaluación
    A avaliación consta de tres partes, Teoría, Seminario e Práctica, que é necesario superar de forma independente:

    - Teoría (4 puntos sobre a nota final): exercicio escrito nas 2 datas oficiais de avaliación e exercicios realizados durante as clases de teoría. Tamén se valorará a resolución de problemas de maneira individual ou por grupos e se realizarán controis periódicos eliminatorios de cada tema. Estas actividades de avaliación continua poden sumar o 100% da nota de teoría.

    -Seminarios (2 puntos sobre a nota final): entrega de exercicios de Excel e Matlab por grupos e preparación dos temas de introducción. Avaliación continua. Desenvolvemento dun traballo sobre temas de interese da informática na enxeñaría e exposición pública do mesmo.

    - Práctica (4 puntos sobre a nota final): avaliarase continuamente, coa entrega de exercicios prácticos durante o curso e a realización dun exame de avaliación final. As actividades de avaliación continua contarán un 25% na nota final de prácticas e o exame práctico un 75%.

    Polo tanto, dependendo do tipo de avaliación, a nota repártese en:
    -Exame (final práctico): 30%
    -Actividades de avaliación continua (teoría, práctica, seminarios): 70%

    As cualificacións dos traballos, actividades e titorías se lle comunicarán ao alumno antes do exame de xuño.

    Ao ser unha materia anual, faranse avaliacións parciais no 1º e no 2º cuadrimestre.

    Período de avaliación de xullo:
    -Parte teórica: os 4 puntos da parte de teoría avaliaranse mediante un exame teórico.
    -Parte práctica: os 4 puntos da parte práctica avaliaranse mediante un exame práctico no que se deberá elaborar un proxecto en Matlab e/ou en Excel.
    -Seminarios: os 2 puntos virán da nota obtida no mesmo curso ou cursos anteriores.

    Condicións de Non Presentado: Os estudantes que entreguen un 10% das actividades de avaliación consideraranse como Presentados e polo tanto se lle poñerá a nota que acaden.

    Estudantes repetidores: poden facer a avaliación continua, realizando os controis periódicos de teoría/prácticas, ou facer únicamente a avaliación final nas datas oficiais. Comunicarase aos mesmos as partes de avaliación continua que non teñen que repetir, incluídos seminarios.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten 9 ECTS, que son unhas 77 horas presenciais, repartidas en 14 semanas do seguinte xeito:

    Clases maxistrais: 26 horas presenciais, 44 horas de traballo do estudante (2,8 ECTS)
    Seminarios: 10 horas presenciais, 30 horas de traballo do estudante (1,6 ECTS)
    Aula de informática: 40 horas presenciais, 43 horas de traballo do estudante (3,3 ECTS)
    Exames e revisión: 9 horas presenciais, 22 horas de traballo do estudante (1,3 ECTS)

    Non hai titorías individualizadas por decisión do Departamento de Electrónica e Computación. Fixarase un horario de titorías de profesor para atender todas as dúbidas que teñades.

    O estudante deberá dedicar un total de 90 horas presenciais (incluíndo as revisións e titorías) e 135 horas de traballo autónomo (equivalentes a 9,0 ECTS).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ao ser unha materia anual de 1º curso, non hai materias previas aconsellables, aínda que sería útil ter coñecementos básicos de informática a nivel de usuario e ter soltura co manexo de equipos en rede.

    Para o estudo da materia, recoméndase realizar a totalidade dos exercicios dos boletíns de problemas e de prácticas, tanto os que se resolvan nas propias sesións de problemas e de prácticas coma os que queden propostos.

    Recoméndase encarecidamente utilizar as titorías para a resolución das dúbidas respecto destes problemas ou de calquera contido da materia. Isto é especialmente importante co modelo de avaliación continua das prácticas, xa que uns contidos van asentándose sobre os anteriores, o que fai moi conveniente ter asimilados os temas anteriores antes de intentar comprender os novos.

    Observacións
    A materia impartirase en castelán.