G4021106 - Estatística (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
- Áreas: Estatística e Investigación Operativa
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten un correcto e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación de datos especialmente enfocado ao desenvolvemento de novos produtos e procesos así como ao perfeccionamento dos existentes.
Estes obxectivos céntranse nos fundamentos e modelos básicos dos métodos estatísticos e na análise exploratorio e inferencial dos datos especialmente dirixido a enxeñeiros químicos.
ContidosEstatística descritiva
Introdución á Estatística. Tipos de variables. Distribución de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas características: Medidas de posición, de dispersión e de forma.
Descrición estatística de dúas variables
Variable estatística bidimensional. Distribucións de frecuencias. Medidas características: Vector de medias, matriz de varianzas-covarianzas e correlación. Dependencia lineal. Rectas de regresión.
Probabilidade
Evolución do Cálculo de probabilidades. Conceptos Básicos. Experimento aleatorio. Espazo muestral. Sucesos. Definición de probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Teoremas clásicos: Regra do produto, Lei de probabilidades totais e Teorema de Bayes.
Variables aleatorias e principais modelos probabilísticos discretos
Definición de variable aleatoria. Variable aleatoria discreta: Distribución de probabilidade e función de distribución. Principais distribucións discretas: Bernoulli, Binomial, Poisson,?
Variables aleatorias continuas
Variable aleatoria continua .Función de densidade e función de distribución. Medidas características dunha variable aleatoria: Esperanza matemática, varianza e desviación típica. Outras medidas características. Tipificación dunha variable aleatoria. Desigualdades relativas a momentos..
Principais modelos probabilísticos continuos
A distribución Uniforme. A distribución Exponencial. A distribución Normal. Aproximación doutras distribucións pola distribución normal. Teorema Central do Límite. Outras distribucións continuas de interese.
Inferencia estatística: estimación puntual e intervalos de confianza
Introdución á estimación. Estimadores puntules máis usuais. Distribución dos estimadores máis usuais. Concepto de Intervalo de confianza. Achaiadura xeral dun intervalo de confianza. Intervalos de confianza para unha ó dúas poboacións.
Contraste de hipótese
O problema do contraste de hipótese: tipos de hipóteses, tipos de erros e as súas probabilidades asociadas. Nivel crítico ou p-valor. Contrastes de hipóteses para unha ó máis poboacións. Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipóteses.
Introdución á optimización
Introdución á optimización. Programación lineal: O método do simplex.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Apuntes da materia nalgúns temas e os seguintes libros:
CAO ABAD, R. e outros: “Introducción a la Estadística y sus aplicaciones”. Ediciones Pirámide, 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DEVORE J.L. (2001). Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. Thomson Learning.
FREUND J.E., MILLER I. E MILLER M. (2000). Estadística Matemática y Aplicaciones. Prentice Hall.
MENDENHALL, W. (1987). Introducción a la Probabilidad y a la Estadística. Wadsworth Internacional / Iberoamérica.
MONTGOMERY D.C. E RUNGER G.C. (1996). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. McGraw-Hill.
NOVO SANJURJO V. (2003). Problemas de Cálculo de Probabilidades y Estadística. Sanz y Torres.
PEÑA D. (1991). Estadística. Modelos y Métodos. 1. Fundamentos. Alianza Universidad Textos.
QUESADA-PALOMA V., ISIDRO A. E LÓPEZ L.J. (1984). Curso y Ejercicios de Estadística. Alhambra Universidad.
WALPOLE R.E., MYERS R.H. E MYERS S.L. (1998). Probabilidad y Estadística para Ingenieros. Prentice Hall.
Competencias( segundo aparece na memoria de grao)
Competencias específicas
CB.1.4- Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que
poidan exporse na enxeñería. Aptitude para aplicar os coñecementos
sobre estatística e optimización
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para
a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para
adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións,
creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos,
habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG. 8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.10 Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa e espírito emprendedor
Metodoloxía da ensinanza A materia ten carácter semestral con seis créditos ECTS polo que terá 28 horas de docencia expositiva e 21horas de docencia interactiva, nas que se inclúen as prácticas de computador con EXCEL.
As clases terán unha duración de 55 minutos e desenvolveranse no aula asignada facendo uso fundamentalmente do encerado e de presentacións. Fomentarase a participación dos alumnos nas clases, sobre todo nos aspectos mais prácticos. Tamén se discutirán e resolverán diversos exercicios enunciados en boletíns que serán entregados ao alumnado para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para avaliar o seu aproveitamento.
Nas tutorías tratarase de resolver as dúbidas suscitadas polos alumnos sobre as clases teórico-prácticas ou sobre os problemas que deben solucionar.
Ademais da docencia presencial contarase cun curso no Campus Virtual da Universidade, no que o alumnado poderá atopar materiais complementarios e ferramentas de comunicación asíncrona.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada estudante farase mediante a avaliación continua e a realización dun exame final.Haberá un exame final teórico-práctico (tanto na primeira oportunidade como en xullo, a oportunidade extraordinaria de recuperación do curso) consistente na interpretación dunha serie de cuestións, desenvolvemento de preguntas de teoría e resolución de problemas.A este exame asignaráselle un peso do 70% na nota final da materia.
A avaliación continua levase a cabo por medio de controis escritos, traballos entregados, participación e aproveitamento de clases e prácticas. Esta avaliación representará o 20% da nota final.
As tutorias terán un peso do 10% na cualificación final.
Os alumnos repetidores evaluanse igual que os non repetidores.
As cualificacions dos traballos, actividades e titorías comunicaranselle ao alumno antes do exame.
Considerarase que un alumno non se presentou á materia se non consta ningún traballo entregado nin realizou o exame final teórico-práctico (tanto na primeira oportunidade como na extraordinaria de xullo)
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Horas Presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxis. 28,0 42,0 2,8
Seminarios 9,0 13,5 0,9
Aulainformática 12,0 6,0 0,9
Tutorías grupo 2,0 8,0 0,4
Tutorías individual. 2,0 3,0 0,2
Examen y revisión 5,0 22,0 1,1
Tutorías grupo 2,0 8,0 0,4
Tutorías individual. 2,0 3,0 0,2
Exame e revisión 5,0 22,0 1,1
( Segundo aparece na memoria de grao)
O que representa un total de 58h presenciais,92h de traballo do alumno e 150h totais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara superar con éxito a materia é recomendable:
-A asistencia ás clases expositivas e interactivas e a resolución e revisión dos problemas que se propoñan.
-Dedicar ao estudo da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do cuadrimestre.
-Comprobar o grao de asimilación dos conceptos e de adquisición das técnicas básicas de cálculo, resolvendo os exercicios propostos en clase.
-Empregar o software da materia nas horas de traballo do alumno.
-Facer uso do horario de titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
-Coa utilización da bibliografía recomendada é posible completar ou ampliar calquera tema.
ObservaciónsO idioma que se utilizará será o castalán nas horas expositivas e castelán ou galego nas demais.