G4021121 - Fundamentos de Procesos Químicos (Tecnoloxía Específico, Química Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTratase de iniciar ó alumnos en conceptos e metodoloxías típicas da enxeñaría química. Especificamente abordarase o estudio dos balances de materia e de enerxía calorífica de unidades e procesos, sempre tratando de conectar conceptos coa aplicación práctica. Baixo o punto de vista instrumental, tratase que o alumno coñeza ferramentas de simulación e cálculo.
ContidosClases expositivas.
1.- Na primeira parte da materia introduciranse conceptos de enxeñaría química mediante unha metodoloxía de "estudo de casos". Para eso partirase dun problema particular: Producir un determinado producto a partir dunhas materias primas e ó longo de varios días irase desenvolvendo o proceso, interactivamente cos alumnos. Con este procedemento veranse conceptos de transporte de fluidos, transmisión de calor, transferencia de materia, cinética, equilibrio de interfase e reactores químicos presentando os equipos característicos de cada unha das unidades. Analizarase finalmente a lóxica operativa estudiando o diagrama de proceso.
2.- Ferramentas de cálculo. Sistemas e conversión de unidades.
3.- Balances de materia sen reaccion quimica. Aplicación a problemas con recirculación, purga e bypass. Sistemas en estado non estacionario.
4.- Balances de materia en sistemas con reaccion quimica. Reactores ideales
5.- Balance de enerxía calorífica. Aplicación a sistemas con reaccion quimica. Funcionamento isotermo e adiabático. Sistemas en estado non estacionario.
6.- Balance de materia e enerxía calorífica en procesos industriais.
Clases interactivas en aula de informática
1.- Plantexamento e resolución de problemas de balances mediante folla de cálculo
2.- Simulación do proceso industrial analizado nas clases expositivas, mediante un simulador de procesos químicos.
Titorías en grupo.
Nunha das titorías visitarase a planta piloto da ETSE, en grupos reducidos, para identificar os equipos vistos na clase.
A segunda titoría empregarase para visitar a empresa que se ten estudiado nas clases expositivas.
Bibliografía básica e complementariaProporcionaranse notas de clase ó inicio do curso que serán a base da materia.
Bibliografía básica:
Costa Novella y col. "Ingeniería Química" (Vol 2).- Alhambra. Madrid, 1984
Felder and Rousseau. “Elementary principles of chemical processes. 3ª ed. John Wiley, 2005.
Bibliografía complementaria:
Costa López y col. "Curso de Química Técnica". Reverté, Barcelona 1984
Izquierdo et al. Introduccion a la Ingenierria Quimica. Problemas resueltos de balances de materis y energia. Reverté, 2011
CompetenciasCompetencias específicas
CQ.1.1. Coñecementos sobre balances de materia e enerxía.
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CQ.2.1. Capacidad para o análise e deseño de procesos e productos
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacions.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
Competencias transversais
CT.1. Capacidad de análise e síntese
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.10. Habilidades nas relacions interpersonais
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14. Adaptación á novas situacións
Metodoloxía da ensinanza Como xa se ten explicado, na primeira parte da materia aplicarase unha metodoloxía de "estudo de casos" tratando sempre de implicar ó alumno. O tema 2 farase completamente a nivel seminario. Nos restantes temas presentaranse os contidos e resolveranse problemas-tipo que permitan o análise dos conceptos estudados. Algúns dos problemas resolveranse en folla de cálculo e analizaranse os resultados, tratando de visualizar a influencia de diferentes variables sobre o resultado de operación mediante a simulación numérica. As sesións de seminario adicaranse á resolución de problemas detalladamente, tratando de implicar máis directamente ós alumnos.
Ó principio do curso facilitarase un boletín de problemas asi como o material de traballo (datos, táboas, etc.) necesario. Proporase a realización de problemas asi como a de dous traballos curtos (un ó inicio do curso e outro no mes de novembro).
A sesión de 6 horas de practicas na aula de informática dividirase en dúas partes: a) Simulación do proceso químico estudado nas clases expositivas, pretendendo que o alumno se decate do concepto de proceso e que analice a interrelación entre as diversas variables de operación b). A resolución de problemas de balances de materia e enerxía mediante folla de cálculo, que formarán parte do traballo esencial persoal do alumno.
Efectuarase unha visita a unha empresa do sector químico a finais do mes de novembro cun proceso similar ó considerado en clase. Proporase ós alumnos a elaboración dun informe no que se consideren especialmente a aplicación dos conceptos contemplados na materia.
Sistema de evaluaciónEXAME FINAL. Realizarase un exame final que terá un peso do 70%, necesitando acadar alomenos 4 puntos sobre 10 para poder compensar. O exame terá unha parte teórica (cuestións curtas) cun peso do 30%, e un exame de problemas cun peso dun 70%. En ambas partes por separado acadarase alomenos un 3,5 sobre 10 para poder compensar.
PRÁCTICAS NA AULA DE INFORMÁTICA. Tanto o traballo nas aulas de informática nas sesións presenciais coma a e entrega do material de traballo solicitado polo profesor, terán un peso dun 10% da nota final da materia. É obrigatorio realizar esta actividade no curso académico correspondente. Non asistir ás clases presenciais suporá a non superación da materia.
TRABALLOS/ACTIVIDADES. Os traballos voluntarios e a entrega de problemas terán un peso dun 10% na nota final.
TITORÍAS. A participación do alumno nas tutorías terá un peso do 5%.
Finalmente un 5% restante da nota final queda a discreción dos profesores, tendo en conta a actitude/aptitude nas clases expositivas e interactivas.
Adicionalmente valorarase a formulación de preguntas ou repostas a cuestións nas clases expositivas e interactivas.
Tempo de estudo e traballo persoalNa seguinte táboa indícanse as horas previstas para cada actividade
Actividade ..................Presencial (h)..... Traballo persoal (h)
Clases .............................31......................... 41
Seminarios....................... 12......................... 14
Aula de informática.............. 6.......................... 4
Titorías en grupo................. 2.......................... 8
Titorías individualizadas....... 2.......................... 3
Exame e revisión................. 5........................ 22
Total..................................58........................ 92
Recomendacións para o estudo da materia• Seguir a materia día a día.
• Participar na clase, para aclarar dubidas.
• Atender ás sesións de titorías.
• Resolver os problemas. Non "ver como se resolven"
ObservaciónsAs clases expositivas, seminarios e titorías impartiranse en galego e as sesións practicas na aula de informática en castelán.
Un grupo impartirase completamente en inglés.