Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021202 - Expresión Gráfica (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arias Jordán, José Luis.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    En liñas xerais preténdese proporcionar ó titulado a capacidade de visión espacial e de
    representación de formas mediante o coñecemento das técnicas de representación gráfica
    baseadas na xeometría métrica e descriptiva, empregando medios manuais e os rudimentos
    do debuxo asistido por ordenador.

    O seu obxectivo fundamental é dotar ao alumno das habilidades mínimas necesarias para:
    - Adquirir capacidade de visión e razoamento espacial para ‘visualizar mentalmente’ as
    formas.
    - Mediante o debuxo a man alzada, plasmar ideas e croquizar formas de un modo rápido e
    sinxelo,
    - Coa axuda do instrumental de debuxo técnico manual, representar as formas da súa
    especialidade mediante os Sistemas de Representación (Diédrico e Axonométrico).
    - Empregar as normas que permiten interpretar universalmente un debuxo técnico.
    - Iniciarse no manexo de programas de debuxo asistido por ordenador (DAO).

    As destrezas ou capacidades que o alumno deberá desenrolar son:
    - Dominar a súa capacidade de visión e razoamento espacial.
    - Debuxar con soltura, tanto a man alzada como con instrumentos de debuxo técnico.
    - Representar e interpretar simboloxía e formas da documentación gráfica básica de proxectos industriais.
    - Manexar programas de debuxo asistido por ordenador (DAO) para a delineación dos debuxos
    industriais.
    - Resolver problemas xeométricos habituais na enxeñería mediante os sistemas de representación

    Por último, preténdese que o alumno alcance os seguintes valores ou aptitudes:
    - Plasmar a súa creatividade nos ámbitos académico e profesional.
    - Adaptación as demandas do mercado laboral no uso de ferramentas informáticas.
    Contidos
    CONTIDOS DA ASIGNATURA

    Estrutúrase a asignatura mediante os seguintes BLOQUES de contidos:

    BLOQUE I - LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑARÍA: Necesidade, Fundamentos e Execución.
    Consiste nun bloque introductorio no que se tratará de transmitir unha visión global do contido
    da materia, e que xunto cunha revisión dos coñecementos xeométricos fundamentais, terá por
    obxectivo preparar ao alumno para afrontar os contidos teóricos e prácticos a desenvolver nos
    seguintes bloques.

    BLOQUE II - XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA: S. Diédrico e Axonométrico.
    Correspóndese cos temas relacionados co desenvolvemento da capacidade de visualización
    espacial xunto co coñecemento e dominio dos distintos sistemas de representación que
    emprega a Xeometría Descriptiva, particularmente Sistema Diédrico e Sistema Axonométrico.

    BLOQUE III - NORMALIZACIÓN: Normalización do debuxo industrial. Vistas. Cortes. Acoutamento
    Estudio das normas elaboradas por organismos de normalización, destinadas a especificar,
    unificar e simplificar a maior parte dos aspectos que interveñen na fabricación de obxectos.
    Particularizarase no relativo á industria química a fin de interpretar e dibuxar planos e diagramas de fluxo dos diferentes equipos e instalación.

    BLOQUE IV – INTRODUCCIÓN Ó DEBUXO CON ORDENADOR
    Iniciación do uso de ferramentas computacionais que os asistirán nas súas actividades de
    deseño. O seu enfoque, totalmente práctico, preparará ao alumno para afrontar o mercado laboral.

    TEMARIO DA ASIGNATURA

    BLOQUE I - LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑARÍA: Necesidade, Fundamentos e Execución.

    1.- NECESIDADE, HISTORIA E SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN
    -. O debuxo técnico como ferramenta de comunicación da técnica. Breve historia da súa evolución
    -. Xeometría Proxectiva. Fundamentos. Invariantes
    -. Os Sistemas de Representación.

    2.- DEBUXO TÉCNICO BÁSICO
    -. Materiais para a execución de debuxos técnicos.
    -. Debuxo a man alzada. Esbozado de pezas. Perspectivas a man alzada
    -. Trazados xeométricos básicos
    -. Escalas

    BLOQUE II - XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA: S. Diédrico e Axonométrico.

    3.- SISTEMA DIÉDRICO. FUNDAMENTOS
    -. Fundamentos. Métodos tradicional e directo
    -. Representación do punto.
    -. Representación da recta. Pertenza punto recta. Posicións favorables
    -. Representación do plano. Pertenza recta-plano e punto - plano. Posicións favorables. Rectas notables
    -. Repesentación de corpos. Introducción ás Vistas. Seccions e cortes.

    4.- S. D. CAMBIOS DE PLANOS DE PROXECCIÓN
    -. Concepto de cambio de plano.
    -. Cambio de plano vertical.
    -. Cambio de plano horizontal.
    -. Cambios de plano sucesivos
    -. Aplicación á representación de corpos.
    -. Aplicación ás vistas auxiliares: Particular e Parcial.

    5.- S. D. XIROS E ABATEMENTOS
    -. Xiro dun segmento a posición frontal ou horizontal
    -. Abatemento de planos proxectantes sobre planos horizontais e frontais
    -. Aplicación á resolución de problemas de verdadeira magnitude

    6.- S. D. PROBLEMAS BÁSICOS DE INTERSECCIÓNS, PARALELISMO E PERPENDICULARIDADE
    -. Intersección de planos en posicións favorables. Visibilidade.
    -. Intersección de recta e plano. Caso Xeral por plano auxiliar. Casos favorables. Visibilidade
    -. Transformación en caso favorable mediante mediante cambios de plano.
    -. Paralelismo entre rectas, entre planos e entre recta e plano
    -. Perpendicularidade. Teoremas. Casos favorables. Medición distancias.
    -. Medición distancias: Transformación en caso favorable mediante cambios de plano.

    7.- SISTEMA AXONOMÉTRICO
    -. Utilidade. Fundamentos e definicións.
    -. Axonometría ortogonal. Eixes e coeficientes redutores. Axonometría isométrica e Dimetría
    normalizada
    -. Axonometría oblicua: perspectivas cabaleiras e militares.
    -. Axonometrías normalizadas

    BLOQUE III - NORMALIZACIÓN: Normalización do debuxo industrial. Vistas. Cortes. Acoutamento

    8.- NORMALIZACIÓN DO DEBUXO TÉCNICO
    -. Concepto de normalización: orixe e finalidade
    -. Normalización española: normas UNE. AENOR
    -. Outras normas: ISO, DIN, BS, ANSI… Correspondencia
    -. Normas UNE de debuxo técnico. Visión global
    -. Normas sobre a presentación dos debuxos técnicos:
    . Formatos e presentación de elementos gráficos. UNE 1026-2-83
    . Pregado de planos. UNE 1027-95
    . Escritura. Caracteres correntes. UNE 1034-1-75
    . Cadro de rotulación. UNE 1035.95

    9.- A NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN: VISTAS ORTOGONAIS
    -. Norma UNE 1-032-82: principios xerais de representación
    -. Denominación e disposición das vistas: a) Método do primeiro diedro. b) Método do terceiro
    diedro. c) Disposición segundo frechas de referencia. Símbolo de indicación do método
    -. Criterios de elección das vistas
    -. Toma de medidas sobre modelos en perspectiva isométrica
    -. Liñas normalizadas
    -. Vistas particulares. Vistas auxiliares simples
    -. Vistas auxiliares dobres
    -. Vistas interrompidas, parciais, locais e detalles
    -. Outros convenios: partes contiguas. Interseccións ficticias. Representación simplificada de interseccións. Caras planas. Vistas simétricas. Elementos repetitivos. Detalles ampliados.
    Contorno primitivo dunha peza. Elementos roscados

    10.- VISTAS SECCIONADAS
    -. Cortes, seccións e roturas. Conceptos. Utilidade
    -. Raiados. Raiado para indicación do material. Seccións de pouco grosor. Superficies grandes
    -. Xeneralidades sobre os cortes
    -. Corte total por un plano
    -. Corte total por varios planos: a) Planos paralelos desprazados; b) Planos sucesivos; c)
    Planos concorrentes xirados
    -. Medio corte ou corte ao cuarto. Rotura
    -. Simplificacións que afectan os cortes
    -. Seccións abatidas con e sen desprazamento. Seccións sucesivas

    11.- ACOUTAMENTO
    -. Concepto, definicións e aplicación. Norma UNE 1-039-94
    -. Elementos de acoutamento: liñas auxiliares, liñas de cota, liñas de referencia, extremos.
    Utilización destes elementos
    -. Inscrición das cifras de cota: métodos, particularidades
    -. Disposición das cotas: a) Acoutamento en serie; b) Acoutamento a partir dun elemento
    común; c) Acoutamento por coordenadas; d) Acoutamento combinado
    -. Acoutamento de círculos, radios, arcos, cadrados e esferas
    -. Acoutamento en axonometría. UNE 1-031

    BLOQUE IV – INTRODUCCIÓN Ó DEBUXO CON ORDENADOR

    12.- INICIACIÓN, CONTORNO E UTILIDADES
    1. Gráficos por ordenador.
    2. Pantalla do programa AutoCAD.
    3. Formato de unidades.
    4. Axuda e información.

    13.- DATOS E COMANDOS. SELECCIÓN E VISUALIZACIÓN
    1. Introdución de comandos. Anulación e rectificación de ordes
    2. Introdución de datos. Coordenadas
    3. Selección de obxectos
    4. Referencia a obxectos
    5. Encadre e Zoom
    6. Forzcurrsor, Grella e Orto. Resvista

    14.- COMANDOS DE DEBUXO E CONSULTA
    1 Elementos lineais
    2 Polígonos
    3 Circunferencias e arcos
    4 Elipses e arcos elípticos
    5 Outros comandos de debuxo
    6 Recheos con patróns de sombreado
    7 Consultas: Distancias, áreas e puntos

    15 COMANDOS DE MODIFICACIÓN
    1 Comandos de modificación
    2 Borrado
    3 Desprazamento e rotación
    4 Copia e Simetría
    5 Axuste do tamaño e estiramento
    6 Alarga e Recorta
    7 Empalme, Unión e Descomposición
    8 Modificación de poliliñas

    16.- TEXTOS
    1. Barra de ferramentas de texto
    2. Proceso para a escritura de textos
    3. Definición do estilo de texto
    4. Textos de liñas soltas
    5. Parágrafos
    6. Modificación de textos

    17.- PROPIEDADES DOS OBXECTOS
    1. Propiedades dos obxectos
    2. Capas. Xestión de capas
    3. Cores
    4. Tipos de liña. Escala dos tipos de liña
    5. Grosor
    6. Cambio de propiedades

    18.- BLOQUES
    1. Bloques: uso e creación.
    2. Inserción e redefinición


    Contidos
    19.- ACOUTAMENTO CON AUTOCAD
    1. A norma UNE de acoutamento
    2. Terminoloxía de AutoCad.
    3. Variables e estilos de acoutamento
    4. Creación de cotas.
    5. Modificación das cotas

    20.- PRESENTACIÓNS
    1. Espazo modelo e espazo pape
    2. Creación de presentacións
    3. Configuración da páxina
    4. Ventás gráficas
    5. Manexo da escala. Bloqueo da escala
    6. Control das capas nas presentacións

    21.- TRAZADO E PUBLICACIÓN
    1 Introdución ó trazado e á publicación
    2 Configuración da páxina
    3 Impresión desde a ficha modelo
    4 Creación de debuxos electrónicos


    Bibliografía básica e complementaria
    BASICA:

    Sistema Diédrico:
    - Sistema Diédrico Directo. GONZALO GONZALO, J. (1997).. Donostiarra. Prácticas de Dibujo Técnico. nº 14.

    COMPLEMENTARIA:

    Sistema Diédrico:
    - Sistema diédrico directo. BERTRÁN GUASP, J. (1995). Donostiarra.

    Vistas:
    - Vistas y visualización de formas. FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, GASPAR. Donostiarra.

    Sistema Axonométrico:
    - Sistema de perspectiva axonométrica. RODRÍGUEZ ABAJO e ÁLVAREZ BENGOA. Donostiarra.

    Dibujo Asistido por Ordenador (DAO):
    - AutoCAD 2010. MONTAÑO LA CRUZ, F. Anaya Multimedia, D.L. 2009.

    Dibujo Técnico y Normalización:
    - Cuadernos de prácticas de dibujo técnico. VARIOS AUTORES. Donostiarra:
    0: Dibujo lineal; 1: Croquización; 2: Cortes, secciones y roturas; 3: Acotación; 6: Vistas y
    visualización; 7: Iniciación al sistema diédrico; 12: Sólidos geométricos en sistema diédrico; 14: Sistema diédrico directo.

    - Técnicas de Expresión gráfica. VARIOS AUTORES. Formación Profesional rama Química.
    Grado 1, curso 2º; Grado 2, cursos: 1, 2 e 3. Bruño-Edebé.

    Varios:
    - Fundamentos de Ingeniería Gráfica. FÉLEZ, J. y Otros. Síntesis. Madrid, 1996.
    Competencias
    Sin perxuicio das competencias contidas no apartado ‘OBXECTIVOS’, preténdese que acade as seguintes:

    Competencias específicas.
    CB.5.- Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de DAO.

    Competencias xerais.
    CG.6.- Capacidade para o manexo de especificacións, reglamentos e normas de obrigado
    cumplimento.

    Competencias transversais
    CT.2.- Capacidade de organizar e planificar.
    CT.4.- Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
    CT.15.- Motivación por a calidade.
    CT.17.- Creatividade.
    CT.19.- Aprendizaxe autónomo.

    Metodoloxía da ensinanza
    A asignatura é eminentemente práctica polo que tanto nas clases expositivas (CLE) como nas
    de seminario (CLIS) impartiranse os mínimos coñecementos teóricos imprescindibles para
    resolver a continuación os exercicios prácticos que nelas se que se irán plantexando de cara a
    fomentar a capacidade de abstracción e de visión espacial do alumno así como a habilidade
    para o debuxo a man alzada e soltura no manexo do instrumental.

    As clases expositivas e de seminario impartiránse ao longo do semestre a un único grupo con
    tódolos alumnos matriculados na asignatura, en dúas sesións semanais, una de dúas horas
    (CLE) e a outra dunha hora (CLIS), hasta agotar a carga docente prevista para o alumno. En
    cada tema incidirase na sua importancia no curriculum e a sua exposición e a resolución de
    exercicios apoiarase co encerado e proxeccións audiovisuais. O alumno tomará apuntes escritos e gráficos, o que lle aportará capacidade de síntesis e soltura no debuxo a man alzada.

    As clases prácticas impartiránse ao longo do semestre a os grupos CLIL nos que se divida o
    grupo de teoría, nunha sesión semanal de dúas horas de duración para cada un. As prácticas
    oriéntanse a dominar o manexo dos útiles manuais de debuxo e iniciarse no manexo de ferramentas informáticas.

    Os alumnos recibirán material de apoio a través do Campus Virtual: programación do curso,
    referencias bibliográficas, apuntes, exercicios, enlaces a páxinas de internet relacionadas coa
    materia, etc.

    O alumno procurará unha comunicación activa co profesor nas clases e aproveitará as tutorías
    para a resolución das dúbidas que lle poidan surxir.


    BLOQUE I - LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑARÍA: Necesidade, Fundamentos e Execución.

    Materiais.
    Facilitarase ó alumno o material audiovisual a empregar nas clases xunto cos enunciados de
    exercicios.
    Método de traballo aconsellado.
    O alumno porase ó día nos conceptos básicos das asignaturas de debuxo técnico de ensino
    secundario ou de formación profesional e practicará no manexo dos útiles de debuxo. Identificará o seu nivel incial de visión espacial para desenrolalo posteriormente.
    Actividade a desenvolver.
    Exposición do temario e resolución de exercicios nas sesións expositivas e de seminario apoiada co uso do encerado, de proxeccións audiovisuais e de modelos físicos, co fin de fomentar a súa capacidade de abstracción e de visión espacial. O alumno resolverá os exercicios prácticos de compexidade crecente que se lle propongan.

    BLOQUE II - XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA: S. Diédrico e Axonométrico.

    Materiais.
    Facilitarase ó alumno o material audiovisual a empregar nas clases xunto cos enunciados de
    exercicios.
    Método de traballo aconsellado.
    Neste bloque atópanse os fundamentos principais da materia. O traballo personal do alumno é
    moi importante para levar ó día a materia e avanzar no seu aprendizaxe, xa que cada tema é
    básico para a comprensión dos seguintes.
    Actividade a desenvolver.
    Exposición do temario e resolución de exercicios nas sesións expositivas e de seminario apoiada co uso do encerado, de proxeccións audiovisuais e de modelos físicos, co fin de fomentar a súa capacidade de abstracción e de visión espacial. O alumno resolverá os exercicios prácticos de compexidade crecente que se lle propongan.

    BLOQUE III - NORMALIZACIÓN: Normalización do debuxo industrial. Vistas. Cortes. Acoutamento

    Materiais.
    Facilitarase ó alumno o material audiovisual a empregar nas clases xunto cos enunciados de exercicios.
    Método de traballo aconsellado.
    O aprendizaxe das Normas exixe un certo esforzo de memoria polo que o traballo personal é
    moi importante. Terá que familiarizarse coa documentación gráfica de proxectos de industrias
    químicas.
    Actividade a desenvolver
    Exposición do temario e resolución de exercicios nas sesións expositivas e de seminario apoiada co uso do encerado, de proxeccións audiovisuais e de modelos físicos. Exposición de diagramas de fluxo de industrias químicas. Consulta da documentación gráfica de proxectos de industrias químicas.

    BLOQUE IV – INTRODUCCIÓN Ó DEBUXO CON ORDENADOR

    Materiais.
    Facilitarase ó alumno o material audiovisual a empregar nas clases xunto cos enunciados de
    exercicios. Utilizarase o software de debuxo asistido por ordenador (DAO) instalado nas aulas
    de informática.
    Método de traballo aconsellado.
    É convinte que o alumno se familiarice previamente co programa de DAO nas aulas de informática de libre acceso mediante o material facilitado. Tras as clases prácticas, exercitarase no manexo do programa e completará os traballos prácticos ue se lle propongan.
    Actividade a desenvolver.
    Exposición do temario e resolución de exercicios nas sesións prácticas que se impartirán na aula de informática, apoiada co uso do encerado e de proxeccións audiovisuais. O alumno resolverá mediante o programa de DAO os exercicios prácticos de compexidade crecente que se lle propongan.

    Sistema de evaluación
    ASISTENCIA A CLASE:
    A materia impártese nun marco de ensino presencial no que a asistencia as clases é necesaria
    para a aprendizaxe, polo que como mínimo deberá constar á asitencia ao 80% das clases prácticas para poder presentarse ós exames, en calquera das convocatorias da materia. (Desta obriga quedan exentos os alumnos repetidores)

    Si por circunstancias especiais o alumno non vai poder asistir regularmente ás clases prácticas, deberá comunicarllo ó profesor ó inicio do curso para ver a posibilidade dun sistema alternativo de control da progresión da aprendizaxe.


    NORMAS DE PRESENTACION DE EXERCICIOS (Prácticas e Exámenes):
    A Expresión Gráfica á unha linguaxe e como tal debe ser intelixible polo receptor e polo lo tanto debe coidarse a ordenación dos conceptos a corrección da expresión e a ortografía, así como a boa presentación. Nos exercicios gráficos deberanse observar a seguintes normas:
    1º.- Os traballos a calificar serán claramente lexibles e non permitirán ambigüedades na interpretación.
    2º.- Os traballos a calificar estarán limpos e apreciaranse as liñas auxiliares, necesarias para
    xustificar a solución e para que o profesor poda apreciar o procedimiento utilizado polo alumno.


    AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE

    Convocatoria ordinaria:

    A asignatura ten dúas partes: Debuxo Manual (Bloques I,II e III) e Debuxo Asisitido por Ordenador Bloque IV).

    Dada a escasa duración do curso, NON se prevé realizar exámes parciais, e teranse en conta seguintes probas:

    - Exame final PRÁCTICO (Debuxo Manual): 65% da nota final.
    O exame constará de TRES EXERCICIOS. Cada un deberá ter unha cualificación mínima de 3
    puntos e a nota do exame será a media dos tres. En cada exercicio cualifícaranse os coñecementos entre 0 e 8 puntos (pode obter 0 si é dificilmente lexible) e, a os que acaden entre 5 e 8 puntos, sumaráselles entre 0 e 2 puntos por calidade de execución.

    - Prácticas cualificadas (Debuxo Manual): 20% da nota final.
    Cada exercicio cualifícaranse como no caso anterior pero non se establece nota mínima e a
    nota de esta parte será a media da nota das prácticas. No caso de que a xuicio do profesor o
    número de prácticas cualificadas non tivese entidade para acadar a porcentaxe indicada, incrementarase o seu peso ao do exame final e as prácticas entregadas servirán para resolver
    casos dudosos ou redondear ó alza a nota.

    - Manexo do programa de DAO: 15% da nota final
    Durante as clases de DAO, eminentemente prácticas, evaluarase in situ a destreza dos alumnos e poderá complementarse coa entrega de algún exercicio práctico realizado polo alumno.

    Condicións para o aprobado da convocatoria ordinaria:
    - No Exame é impescindible acadar como mímimo 4 puntos (*).
    - A NOTA FINAL = (Nota Exame x %) + (Nota Prac. x %) + (Nota DAO x %) ≥ 5,0 puntos.

    (*) Si no Exame non se acada a nota mínima indicada, non se computarán as Prácticas nin o
    DAO e a nota final NF será a do Exame.

    A os alumnos repetidores só se lles avaliará polo exame final, que suporá o 100% da nota final.

    Convocatoria extraordinaria:

    A convocatoria extraordinaria evaluaranse mediante UN único EXAME de Debuxo Manual
    (Bloques I,II e III), que constará de TRES EXERCICIOS. Cualificaranse os coñecementos e a
    calidade de execución coma no exame da convocatoria ordinaria. Non se gardan exercicios
    aprobados na convocatoria ordinaria.

    Condicións para o aprobado da convocatoria extraordinaria (**):
    1º.- Cada exercicio terá unha cualificación mínima de 3 puntos.
    2º.- A cualificación final será a media dos tres exercicios e debe ser ≥ 5,0 puntos.

    (**) Si este exame fora de 'segunda oportunidade', computaranse ademáis as notas de
    Prácticas e DAO do curso, e a condición de aprobado sería coma no caso da convocatoria
    ordinaria.

    A os alumnos repetidores só se lles avaliará polo exame final, que suporá o 100% da nota final.


    REVISIÓN DE EXAMES

    Para a revisión de exames establecerase un horario segundo o establecido pola universidade. Nestas sesións os alumnos terán acceso aos seus exames correxidos e cualificados e informaráselles dos criterios de cualificación empregados.

    É interesante que asistan á revisión do exame tanto os alumnos suspensos como os aprobados, para coñecer os seus erros e recicbir explicacións complementarias para correxilos. O profesor, ademáis de facilitar as explicacións pertinentes, poderá suxerir o estudio de algúns temas e a realización de determinados exercicios, así como proporcionar material adicional para a súa preparación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A asignatura ten 6 créditos ECTS distribuidos en clases expositivas e seminarios, prácticas en
    aulas de proxectos e de informática, titorías de grupo e o exáme e a súa revisión. A distribución horaria tipo é a que se indica a seguir, ainda que pode variar lixeiramente según o calendario do semestre.

    Clases expositivas (CLE).- 24 horas presenciais 48 de traballo do alumno.
    Seminarios (CLIS).- 6 horas presenciais 12 de traballo do alumno.
    Prácticas (CLIL).- 16 horas presenciais 16 de traballo do alumno.
    Tutorías en grupo.- 2 horas presenciais 2 de traballo do alumno.
    Exame e revisión.- 6 horas presenciais 12 de traballo do alumno.

    Total: 54 h presenciais e 90 h de traballo do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos con coñecementos de debuxo técnico adquiridos durante o ensino secundario ou
    formación profesional, están en boas condicións para superar a asignatura. Os que carezan de
    esta base terán que facer un esforzo suplementario para acadar os coñecementos mínimos para abordala.

    A visión espacial necesaria para a comprensión da materia precisa dun grado de abstracción que require certo tempo de exercitación.

    Dada a secuencialidade dos contidos da asignatura e preciso que os alumnos leven a matería ao día, de forma que os novos conceptos sexan rápidamente asimilados.

    Otras recomendacións:
    - A realización dos exercicios propostos nos prazos indicados
    - A utilización das titorías individuais para a resolución de dúbidas.
    - A utilización dos materiais complementarios subministrados a través do Campus Virtual
    - A consulta da bibliografía recomendada

    Observacións
    - O material didáctico facilitarase en Galego cando exista e no caso contrario, en Castelán e incluso en Inglés.

    - As clases impatiranse preferentemente en Castelán.

    - O alumno pode pode expresarse libremente en Galego o Castellano.