Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021203 - Economía de Empresa (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 50.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DURAN SANTOMIL, PABLO.NON
OTERO ESPINAR, PEDRO ANTONIO.NON
REDONDO LOPEZ, JOSE ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Proporcionarlle ao alumno os coñecementos e ferramentas básicas para que sexa capaz de entender, valorar e participar nas decisións de investimento e financiamento tanto da empresa como persoais. É dicir, posibilitar que o alumno poida responder a cuestións como: ¿canto investir?, ¿en qué activos debería investir? e ¿como conseguilos fondos?, ¿como funciona o mercado de capitais?
    2.Coñecer e comprender a idea da Contabilidade como sistema de información
    3.Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control
    4. Familiarizar o alumno cos métodos adecuados (criterios de avaliación, aplicacións informáticas, material bibliográfico, etc.) para a toma de decisións financeiras.
    5. Formar o alumno nos fundamentos das finanzas, ao nivel preciso para afrontar os contidos das materias relacionadas dos cursos superiores.

    Contidos
    Tema 1. Actividad económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas.
    Tema 2. Fundamentos de cálculo financiero.
    Tema 3. Métodos de avaliacion e seleccion de investimentos.
    Tema 4. Fundamentos de Contabilidade
    Tema 5. Os Estados contables
    Tema 6. Interpretación e analise da información financeira
    Tema 7. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos
    Tema 8. Fontes de financiación na empresa.
    Tema 9. Análisis de risco económico e financiero.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    (1) BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamaricana de España. Capítulos 1 a 16.
    (2) LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.

    Bibliografía complementaria
    (3) FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid
    (4)ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F E SÁNCHEZ ALEGRÍA,S (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide. 2º Ed.



    Competencias
    As competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire nesta materia serán as seguintes:

    Competencias específicas
    CB.6.- Coñecemento adecuado do concepto de empresa. Organización e xestión de empresas. Capacidade para entender e analizar a información económico-financeira básica dunha empresa. Avaliación e financiamento de proxectos.

    Competencias xerais
    CG9.- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
    CG.11.- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    Competencias transversais.
    CT.2 Capacidade de organizar e planificar
    CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
    CT.5 Capacidade de xestión da información
    CT.7 Toma de decisións
    CT.9 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
    CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais
    CT.11 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
    CT.12 Adaptación a novas situacións
    CT.18 Liderado
    CT.20 Iniciativa e espírito emprendedor


    Metodoloxía da ensinanza
    O noso propósito, en relación coas aulas expositivas é:
    - Ofrecerlle ao alumno, antes de iniciar cada tema, unha visión xeral dos seus contidos e dos obxectivos que hai que cubrir.
    - Sinalar cales son os conceptos e coñecementos dos que se parte.
    - Especificar a bibliografía básica para o seguimento da materia e outra bibliografía recomendada para o seu estudo.
    - Propoñer actividades complementarias, por exemplo, a lectura de novas relacionadas co tema ou a visita a determinadas páxinas web, para que o alumno comprobe que os conceptos que se imparten teñen unha correspondencia absoluta coa realidade.

    En canto ás clases de carácter interactivo:
    - Tratarán de integrarse no normal transcorrer das clases expositivas, para reforzar a aprendizaxe dos aspectos teóricos tratados e darlles contido

    Ao longo dos temas do curso farase uso da Aula Virtual e da folla de cálculo Excel
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación en cada unha das oportunidades de exame (xuño e xullo) engloba tres elementos:

    1. Exame final dos temas recolleitos no programa da materia (9 Temas): 70% da cualificación final.
    Proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode constar de preguntas de resposta breve ou cuestiones tipo test. Esta última opción trata de abarcar un amplo abanico de conceptos impartidos na materia, mentres que coa primeira procurará, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia por parte do alumno, fomentar a súa capacidade de trasladar as nocións adquiridas de forma ordenada e sintetizada ao papel. A segunda parte do exame, de carácter práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos contidos que compoñen o temario, tratando de reflectir o grao de comprensión do alumno da materia.

    2. Traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas: 20% da cualificación final.
    Outras actividades prácticas serán exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, etc. Todas estas actividades serán anunciadas na aula.

    3. Titorías: 10% da cualificación final. A asistencia do alumno ás titorías programadas é obrigatoria. As titorías serán anunciadas na aula e no calendario deseñado pola ETSE.

    Calquera alumno poderá presentarse ao exame final haxa realizado ou non as actividades propostas na avaliación continua (punto 2 e 3). En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provén exclusivamente do exame final, polo que só poderá alcanzar unha nota máxima de 7.

    O sistema de avaliación dos alumnos será independente da súa condición de repetidor ou non.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais na aula
    Clases maxistrais 12,0 h
    Seminarios 12,0 h
    Aula informática 25,0 h
    Tutorías grupo 2,0 h
    Tutorías individualizadas 2,0 h
    Exame e revisión 5,0 h
    Total 58,0 horas de traballo presencial na aula

    Horas traballo alumno
    Clases maxistrais 14,0 h
    Seminarios 20,0 h
    Aula informática 25,0 h
    Tutorías grupo 8,0 h
    Tutorías individualizadas 3,0 h
    Exame e revisión 22,0 h
    Total 92,0 horas de traballo persoal do alumno

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás clases expositivas e interactivas e a realización dos exercicios propostos nelas.
    - Manexo da bibliografía recomendada na aula para a preparación dos temas. Isto facilita a obtención dunha visión global dos contidos.
    - Levar ao día os contidos, debido ao carácter secuencial dos conceptos impartidos na materia.
    - Familiarizarse coa folla de cálculo Excel de Windows.
    - Habituarse ao manexo e á lectura da prensa financeira, dado que se tratará de acompañar os temas co debate na aula de casos reais relacionados cos distintos temas.


    Observacións
    O idioma empregado na aula será o español