G4021221 - Química Analítica (Obrigatorias Propias USC) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar aos alumnos o coñecemento dos principios básicos dos métodos de análisis clásico e instrumental co fin de inculcar ao estudante o criterio analítico, incidindo nos aspectos que poden ter mais interese no Grao de Enxeñaría Química.
Desenvolver no alumno a sua capacidade para resolver problemas reais de Química Analítica, interpretar os resultados obtidos e tomar decisións en función da calidade dos resultados experimentais.
Potenciar a sua capacidade de:
-análise e síntese,
-de xestión da información
-aplicación de esta metodoloxía no control de procesos.
ContidosPrograma de clases expositivas:
TEMA 1. Proceso Analítico
Introducción as Técnicas Analíticas. Obxectivo, finalidade e metodoloxía da Química Analítica. Parámetros de calidade dun método analítico.
TEMA 2. Mostraxe e Preparación da Mostra.
Toma de mostra. Clasificación das mostras. Conservación da mostra. Preparación da mostra para a análise.
TEMA 3. Métodos Volumétricos de Análise
Características dos métodos volumétricos. Curvas de valoración. Aplicacións volumétricas: ácido-base, de formación de complexos, de precipitación e redox. Métodos gravimétricos.
TEMA 4. Introducción á Análise Instrumental.
Métodos de calibración. Sinais e ruido. Características e clasificación de analizadores de procesos.
TEMA 5. Introdución aos Métodos Espectroscópicos.
Espectro electromagnético. Absorción e emisión da radiación. Instrumentación básica dos métodos ópticos. Aplicacións.
TEMA 6. Métodos Espectroscópicos de análise I.
Espectroscopía molecular. Instrumentación específica. Aplicacións
TEMA 7. Métodos Espectroscópicos de análise II.
Espectroscopía elemental. Instrumentación específica. Aplicacións
Tema 8. Métodos Cromatográficos de Análisis I
Introdución aos métodos cromatográficos de separación. Cromatografía de gases. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 9. Métodos Cromatográficos de análise II
Cromatografía líquida de alta resolución. Mecanismos de separación. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 10. Técnicas electroanalíticas
Fundamentos de sensores Electroanalíticos. Clasificación dos sensores potenciométricos. Sensores amperométricos. Aplicacións.
Realizaranse 5-6 prácticas no laboratorio seleccionadas das seguintes propostas do Programa de clases prácticas:
Métodos espectrométricos
1.- Determinación espectrofotométrica de Mn nun aceiro.
2.- Identificación de ácido acecilsalicílico mediante IR
3.- Determinación de Cu en fariña mediante AAS.
4.- Determinación de Fe en viños mediante AAS.
5.-Determianción de K en cementos mediante AES.
6.- Determinación fluorimétrica de Quinina nun auga tónica.
Métodos eléctricos:
7.- Determinación das constantes de acidez do HAc e H3PO4 mediante potenciometría.
8.- Valoraciones conductimétricas. Aplicación á análise de viños.
Métodos volumétricos/gravimétricos:
9.- Determinación do contido de Na2CO3 e NaHCO3 dunha mestura.
10.- Determinación da materia orgánica nun auga doce.
11.- Determinación de ferro nun complexo vitamínico realizando unha valoración con permanganato.
Métodos cromatográficos de separación:
12.-Determinación de aldehídos mediante cromatografía de gases.
13.-Determinación de vitaminas mediante HPLC.
14.-Determinación de cafeína en café e bebidas mediante HPLC.
Métodos automáticos
15.- Determinación de Fe nun fármaco mediante análise por inxección en fluxo (FIA).
Bibliografía básica e complementariaBásica (a ser posible non mais de 2).
1.- D. C. HARRIS. "Análisis Químico Cuantitativo" 3ª Ed. Ed. Reverté S.A. Barcelona (2007).
2. D.A. SKOOG, D.M. WEST, F.J. HOLLER, S.R. CROUCH "Fundamentos de Química Analítica". 8ª Ed. Thomson. Madrid (2005).
Complementaria.
1.- G.D. CHRISTIAN, “Química Analítica” 6ª Ed. McGraw Hill (2009).
2.- D. HARVEY, “Química Analítica Moderna”. Ed. McGraw-Hill. Madrid (2002).
3. D.A. SKOOG, F.J. HOLLER and T.A. NIEMAN, “Principios de Análisis Instrumental” 5º Ed, Mc Graw Hill Madrid (2001)
4.- M. VALCARCEL. "Principios de Química Analítica". Springer, Barcelona (1999).
5.- K.A. RUBINSON and J.F. RUBINSON,” Análisis Instrumental” Ed Prentice Hall. Madrid (2000)
6.- C. CÁMARA, P. FERNÁNDEZ, A. MARTÍN-ESTEBAN, C. PÉREZ-CONDE y M. VIDAL. “Toma y tratamiento de muestras” . Ed Síntesis. Madrid (2002).
7.- MILLER, J.C. MILLER, J.N. “Estadística y Quimiometría para Química Analítica”. 2ª Prentice Hall. Madrid (2002)
8.- R. CELA, R.A. LORENZO, Mª DEL CARMEN CASAIS, “Técnicas Analíticas de Separación en Química Analítica”, Ed. Síntesis, Madrid (2003)
9.- K.HEINZ KOCH, “Process Analytical Chemistry”, Springer, Berlin (1999)
10.- R. COMPAÑÓ BELTRÁN Y A. RIOS CASTRO. “Garantía de calidad en los laboratorios analíticos”. Ed Síntesis. Madrid (2002)
Na Aula virtual da materia, o profesor porá a disposición dos alumnos as presentacións sobre os temas que sexan tratados nas clases expositivas, boletíns de problemas para resolver nos seminarios, guións de prácticas e propostas de traballo.
CompetenciasCompetencias xerais.
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novas metodoloxías de análise e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de solventar problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.8. Capacidade para aplicar-los principios e métodos da calidade.
CG.10. Capacidade de traballar en grupos de traballo nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais.
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e alguna extranxeira
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisións
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas
Baseadas na utilización da pizarra, explicación dos fundamentos teóricos de cada tema complementándose con exemplos xerais e resolución de exercicios relacionados coas técnicas analíticas aplicadas ao campo da Enxeñaría Química. As explicacións do profesor se van completar con recursos didácticos básicos e novas tecnoloxías da información e comunicación: plataforma virtual da USC, imáxes, videos, presentacións en diapositivas, acceso a Internet.
Clases interactivas de Seminarios
O Profesor proporcionará ao alumno, periódicamente e con avance, conxuntos de exercicios e casos prácticos. Nuhas sesións o profesor presentará e solventará unha serie de exercicios tipo e en outras sesións o estudante terá que solventar, presentar e discutir exercicios semellantes. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Tamén se llevará a cabo a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos (máximo 2 traballos durante ol semestre). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Sesiones de titorías
Titorías programadas polo profesor, que suporán para cada alumno 2 horas por semestre. O profesor orientará ao alumno tanto en propostas de carácter global como en cuestións concretas relacionas cos contidos da materia. Son propostas actividades como a supervisión de traballos dirixidos, lecturas aclaración de dúbidas sobre teoría ou das prácticas.
Clases interactivas de laboratorio
Son incluidas aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases expositivas. O alumno realizará distintos experimentos nos que se familiarizará coa aplicación experimental dos conceptos e metodoloxías analíticas explicados. Se aprenderá o manexo da instrumentación e as medidas básicas de seguridade. Como apoio á docencia práctica, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, la metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. Se fará uso do programa Excel. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lído atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, presentando nun informe, que se entregará ao finalizar as prácticas, o desenvolvemento das prácticas realizadas e os cálculos e resultados que procedan, que serán evaluados.
O alumno debe de realizar as prácticas de laboratorio e a presentación dun informe sobre as mesmas, para poder superar a materia.
Os alumnos que teñan realizado e superado as practicas interactivas de laboratorio en algún dos dous cursos anteriores, no será necesario que acudan de novo ao laboratorio.
Sistema de evaluaciónA avaliación da asignatura se realizará de maneira continua en función de todas as actividades desenvolvidas polo alumno, relacionadas coas horas presenciais (clases expositivas e interactivas e titorías) y no presenciais (traballos propostos polo profesor durante o curso, problemas). Neste sentido, se plantexa a seguinte proporción:
O alumno no será avaliado si non realiza e aproba as prácticas de laboratorio
- Exame: As materias de Grao terán unha única convocatoria anual con un acta única que terá duas edicións, correspondendo coa realización previa do exame nas datas fixadas pola Xunta de Escola: a primeira, ao finalizar o semestre e a segunda en xullo. Constará dun conxunto de cuestións teórico-prácticas e de varios exercicios numéricos que abarquen os diferentes contidos da materia asimilados coas competencias (xerais e específicas) e habilidades, representando o 60% da avaliación global.
A segunda edición da acta está conformada co alumnado que no tivera superado a materia (alumnos suspensos e non presentados) co sistema ordinario de avaliación no primeiro período, e supón unha segunda oportunidade. Os alumnos que no teñan aprobado na primeira edición da convocatoria deberán repetir este examen e tamén o examen de prácticas no caso de telo suspendido.
- A realización das clases interactivas (prácticas de laboratorio, 15 horas) e a presentación dun informe sobre as mesmas, será imprescindible para avaliar ao alumno. A sua avaliación se realizará considerando o seu interese e calidade do traballo desenvolvido, a presentación do informe-portafolio correspondente e o exame de prácticas. Dito exame constará de preguntas relacionadas cos coñecementos adquiridos no laboratorio, e representa o 10% da avaliación global. O traballo no laboratorio xunto co informe-portafolio representa o 15% da avaliación global..Todo isto representa o 25 % da avaliación global.
- Se avaliará a asistencia e o aproveitamento do alumno das clases de tutorías, así como os traballos e ejercicios complementarios presentados polo alumno e plantexados polo profesor durante o curso, a capacidade de expresión oral e escrita e o debate profesor/alumno, representando o 15 % da avaliación global.
- No caso dos alumnos repetidores, coas prácticas aprobadas en algún dos dous últimos cursos, o examen teórico representará o 100% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA HORAS TRABALLO PERSONAL Do ALUMNO HORAS ECTS
Clases expositivas ........................28 Estudio autónomo individual..........42 ...........2,8
en grupo grande
Clases interactivas (seminarios)........6 Resolución de exercicios e.............. 9 ............0,6
...............................................................discusión de casos prácticos
Clases interactivas.........................15 Traball experimental no..................8 ...........0,9(Prácticas de laboratorio) + Informe...............laboratorio e elaboración da
..................................................................memoria de las prácticas
Titorías en grupo............................2 Consolidación de coñecementos,......8............0,4
.................................................................exposición de traballos e discusión
Titorías individualizadas..................2 Orientación e resolución de dubidas..3............0,2
Exames e revisión........................5 Realización e revisión del examen....22...........1,1
Total horas presenciais................58 Total horas non presenciais.............92.............6
Recomendacións para o estudo da materia- A asistencia a clase se configura como un dereito/deber dos alumnos/as, ás clases expositivas, interactivas (seminarios e prácticas) e de titorías.
- Se recomenda ter cursado previamente a materia de Química Fundamental
- Estudo previo e realización dos exercicios e cuestións recollidos nos boletíns que se entregarán previamente á realización das clases de seminario.
- Participación activa do alumno nas clases de seminario e entrega dos exercicios propostos polo Profesor.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, se deben repasar os conceptos teóricos necesarios para a realización de cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dubida que puidera xurdir deberá ser consultada co profesor.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Aproveitamento das horas de titorías durante o desenvolvemento da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben acudir nas horas de titoría individualizada, co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar a solventar ditas dificultades.
ObservaciónsA coordinadora da materia é a profesora: Antonia María Carro Díaz
Idioma no que se imparte a materia: Castelán-galego e inglés.
Recoméndase ter certa fluidez no idioma (sobre todo en comprensión lectora) para participar no grupo de inglés.
-A admisión dos alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumplan as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información está dispoñible na páx La admisión de los alumnos matriculados en el laboratorio de prácticas requiere que conozcan y cumplan las "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" de la Universidad de Santiago de Compostela. Dicha información está disponible en la página web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdfina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf