Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021223 - Electrotecnia (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 53.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Rodríguez, Manuel Ramiro.SI
VELO SABIN, RAMON LUIS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
    • Coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos da electrotecnia e relación coas aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
    • Coñecemento e comprensión das funcións dos elementos básicos dos circuítos eléctricos e a interacción entre eles.
    • Coñecemento e comprensión de circuítos de corrente alterna, monofásicos e trifásicos (equilibrados e desequilibrados).
    • Instalar aparamenta de medida de diversas magnitudes eléctricas e interpretación de resultados obtidos en función das montaxes realizadas.
    • Proxectar e dirixir a instalación de liñas de transporte e redes de distribución de enerxía eléctrica, dende un punto de vista eléctrico, tendo en conta a seguridade do subministro e a normativa vixente.
    • Seleccionar e instalar os aparatos de protección e seguridade recomendables e necesarios segundo a normativa vixente nunha instalación eléctrica e comprensión da súa función.
    • Seleccionar e instalar receptores para forza e alumado, deseñando sistemas de iluminación axeitados e óptimos económica e enerxeticamente no ámbito das súas competencias.
    • Proxectar e dirixir instalacións eléctricas interiores e exteriores tendo en conta a eficiencia enerxética, a facilidade de manexo, a seguridade dos usuarios e a normativa vixente.
    • Búsqueda autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.

    2.- OBXECTIVOS ACTITUDINAIS
    • Sensibilizar ao alumno na importancia dos riscos das instalacións eléctricas, que son evitados con instalacións correctamente deseñadas e de acordo coa normativa vixente.
    • Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
    Contidos
    1.- CONTIDOS TEÓRICOS
    • Corrente alterna. Circuítos de corrente alterna monofásica e trifásica. Potencia e enerxía en circuítos de corrente alterna monofásicos e trifásicos.
    • Cálculo de liñas eléctricas e redes de distribución.
    • Lexislación e regulamentación.
    • Protección de instalacións e seguridade de persoas.
    • Transformadores. Máquinas rotativas.
    • Representación e proxectos de instalacións eléctricas.
    • Tarifas e contratación da enerxía eléctrica. Eficiencia e aforro enerxético.

    2.- CONTIDOS PRÁCTICOS
    • Manobra e automatización básica de máquinas eléctricas.
    • Luminotecnia. Cálculos de luminotecnia con ordenador, instalacións de alumado.
    • Cálculo de instalacións con ordenador, seccións dos condutores.
    • Instalacións de protección e esquemas unifilares.

    Bibliografía básica e complementaria
    1.- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    • Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid (555 páx.).
    • Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid (809 pax.).
    2.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    • Fernández Rodríguez, Mª D., González García, M.A. e Rodríguez Rodríguez, M.R. (2004): Fundamentos de Electrotecnia. Unicopia, S.L. Lugo. (135 pax.)
    • Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión.Thomson Editores Spain. Madrid (301 pax.).
    • Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias. Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (Boletín Oficial do Estado de 18 de setembro de 2002. Núm. 224)

    Competencias
    1.- COMPETENCIAS XERAIS
    • CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dóteos de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
    • CX.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumplimento.
    • CX.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    2.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    • CI.4. Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
    • CI.6. Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.

    3.- COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    • CT.6. Resolución de problemas.
    • CT.7. Toma de decisións.
    • CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
    • CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    • CT.19. Aprendizaxe autónoma.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas o profesor presentará, coa axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases é proporcionar ao alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudio da materia de xeito autónomo coa axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O alumno debe saír de cada clase cos coñecementos suficientes para abordar con garantía a resolución doutros problemas do mesmo tipo sen grandes dificultades no seu traballo persoal. O estudante disporá do material docente no Campus Virtual da USC.
    Nas clases interactivas o profesor realizará exercicios de cada tema. O estudante disporá, no Campus Virtual da USC, do seguinte material:
    • Boletíns de exercicios resoltos
    • Boletíns de exercicios propostos
    Preténdese que os alumnos interactúen co profesor na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
    As titorías en grupos reducidos serán sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
    As clases prácticas levaranse a cabo no laboratorio de electrotecnia e na aula de informática onde a metodoloxía a seguir consistirá nunha breve explicación do traballo a desenvolver, para o cal se lle facilitará un guión do mesmo ao alumno, e realización da práctica por parte do alumno.
    Apoio á docencia mediante o emprego do campus virtual.

    Sistema de evaluación
    1.- SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
    • Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de probas parciais que se farán de xeito aleatorio ao longo do curso e traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo. Este seguimento levarase a cabo no horario de clases. Ademais farase un exame parcial ao rematar as clases, o cal eliminará a parte da materia que os alumnos superen.
    • Farase un exame final, que incluirá a totalidade da materia para aqueles alumnos que non superaran algunha parte no exame parcial da mesma. A porcentaxe adicada a exames (70%) poderase obter na súa totalidade facendo unicamente o exame final. Este exame terá dúas partes: teoría de circuítos e instalacións eléctricas (70%) e máquinas e motores eléctricos (30%). Ambas partes poderán compensarse entre elas, sempre e cando na parte suspensa a cualificación acadada sexa superior a 3 puntos.
    • A cualificación das prácticas efectuarase a partires da execución da mesma, no laboratorio ou na aula de informática, e da avaliación da memoria de prácticas que entregará cada alumno ou grupo ao remate das mesmas. Tamén se poderán valorar no exame final, a partires de diversas cuestións específicas para este apartado.
    • As cualificacións dos traballos e actividades comunicaránselle ao alumno antes do exame.
    • Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
    - obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 como nota ponderada, coas porcentaxes asignadas anteriormente, do conxunto dos exames realizados
    - a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
    • Na convocatoria extraordinaria de xullo manterase a distribución da cualificación e as cualificacións de todos os apartados da convocatoria ordinaria, é dicir, das probas parciais, memoria de prácticas, traballos e outras actividades desenvolvidas. O alumno presentarase ao exame final nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos e memorias pendentes.
    • Os estudantes que xa cursaran a materia estarán nas mesmas condicións que os de nova matrícula, excepto aqueles que teñan entregada a memoria de prácticas que non terán que repetilas conservando a nota do curso anterior.
    • A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.

    2.- DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
    • Exame final 70%
    • Memoria de prácticas, probas parciais, traballos e outras actividades desenvolvidas 20%
    • Titorías 5%
    • Informe do profesor 5%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1.- TRABALLO PRESENCIAL: 58.0
    • Clases expositivas: 30.0
    • Seminarios: 6.0
    • Prácticas laboratorio: 15.0
    • Titorías individualizadas: 2.0
    • Exame e revisión: 5.0

    2.- TRABALLO NON PRESENCIAL: 92.0
    • Clases expositivas: 50.0
    • Seminarios: 9.0
    • Prácticas laboratorio: 8.0
    • Titorías individualizadas: 3.0
    • Exame e revisión: 22.0

    3.- HORAS TOTAIS: 150.0

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deberían ter cursado e superado a materia de Física. Asimesmo, recoméndase o dominio do cálculo vectorial, diferencial e integral e as operacións con números complexos.
    Observacións
    As titorías serán os martes, de 10:00 a 12:00 horas, no despacho D-1.7. Os alumnos recibirán atención a través do campus virtual a USC. O correo electrónico do profesor responsable da materia é: manuelramiro.rodriguez@usc.es
    O idioma empregado será será o galego no 70% da materia e o castelán no 30% restante.
    A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran a “normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas” da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).