Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021225 - Transmisión de Calor (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 37.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arce Arce, Alberto.SI
Rodríguez Martínez, Héctor.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo da materia é dotar ao alumno das ferramentas baseadas no coñecemento dos mecanismos e leis da transmisión de calor, para poder analizar as diferentes situacións nas que ten lugar un intercambio de enerxía térmica, así como para calcular e deseñar equipos de intercambio de calor utilizados na Industria Química.
    Contidos
    1. Aspectos xerais. Mecanismos de transmisión de calor e ecuacións de velocidade.
    2. Introducción á conducción. Conducción unidimensional en estado estacionario. Conducción bidimensional en estado estacionario. Conducción en estado non estacionario. Métodos numéricos.
    3. Introducción á convección. Coeficientes de convección. Fluxo externo. Fluxo interno.
    4. Intercambiadores de calor. Coeficiente global de transmisión de calor. Análise e deseño de intercambiadores. Aillantes. Evaporadores. Aspectos relativos á seguridade.
    5. Radiación: procesos e propiedades. Conceptos fundamentais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Obra de consulta básica (en castellano):
    - “Fundamentos de Transferencia de Calor”, Incropera F.P. y DeWitt D.P., 4ª Ed. Prentice Hall, Mexico, 1999.
    Obra de consulta básica (en inglés):
    - “Introduction to Heat Transfer”, Incropera, F. P. et al. John Wiley, 5ª edición, 2007
    Obras complementarias:
    - “Transferencia de calor”, Holman, J.P. McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid, 1998.
    - “Transferencia de calor y masa”, Çengel, Y.A. McGraw-Hill, 3ª edición, 2007
    - “Heat transfer”, Mills, A. F. Prentice Hall, 1999

    Competencias
    Competencia específica:
    • (CI.1.2) Coñecementos de transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñería.
    Competencias xerais:
    • (CG.3) Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
    • (CG.6) Capacidade para o manexo de especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumprimento.
    Competencias transversais:
    • (CT.1) Capacidade de análise e síntese.
    • (CT.4) Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
    • (CT.6) Resolución de problemas.
    • (CT.13) Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    Relacionados coas competencias CG.3 e CG.6, incluirase o estudio de aspectos de seguridade e análise de riscos, desde a perspectiva da materia.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía básica consistirá na exposición oral da teoría, con soporte audiovisual para as explicacións, conxuntamente coa resolución de problemas asociados, que se resolverán ben individualmente ou ben en grupo, nas clases de seminario e opcionalmente nas titorías. Unha selección destes problemas serán entregados polos alumnos nos prazos establecidos, e avaliaranse oportunamente. Tamén se contempla a realización de un traballo individual ou en grupo, sobre un caso práctico de transmisión de calor. Nas titorías de grupo plantexaranse problemas de solución aberta, a resolver polos alumnos.
    A folla de cálculo usada para a resolución de problemas, nos casos nos que sexa necesaria, será Excel.
    Contémplase a realización de unha visita técnica.
    Contarase coa Aula Virtual (na plataforma web da USC) como repositorio da documentación da materia.

    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos ou resolución de problemas. Esta avaliación continua será a base para unha primeira puntuación que se corresponderá co 20 % da nota final. A labor desenvolvida durante as titorías será tamén avaliada, e a nota en cuestión computará como o 10 % da nota final. Ó remate das clases realizarase un exame teórico-práctico, con cuestións teóricas e resolución de problemas, que corresponderá ó 70 % da nota final. As cualificacións dos traballos, actividades e titorías comunicaránselle ó alumno antes do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase un total de 150 horas (6 créditos ECTS) entre horas presenciais e traballo do alumno, das cales 51 horas serán presenciais en forma de clases expositivas, interactivas e titorías de grupo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ter superadas previamente as materias de matemáticas e termodinámica aplicada, así como boa base de balances de materia e enerxía.
    Observacións
    Haberá dous grupos para esta materia: nun deles a materia impartirase en castelán, e no outro en inglés.