G4021226 - Laboratorio de Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Laboratorio: 51.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia "Laboratorio de Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor" é levar á práctica os coñecementos adquiridos nas correspondentes materias de teoría "Transporte de Fluídos" e "Transmisión de Calor". A finalidade que se persegue é dobre, por unha parte reforzar e fixar os coñecementos adquiridos nas materias teóricas e por outra, tomar contacto e estudar a operación de diversos equipos que o alumno poderá atoparse durante a súa futura actividade profesional na industria química.
ContidosAs prácticas a realizar inclúen a aplicación de conceptos básicos de transporte de fluídos e transmisión de calor e a análise de unidades prácticas de transporte de fluídos e transmisión de calor. Os coñecementos necesarios para abordar as devanditas prácticas desenvólvense nas materias teóricas "Transporte de fluídos" e "Transmisión de calor" do mesmo curso.
As prácticas dispoñibles se incluien dentro dos seguintes cinco grupos:
GRUPO 1. CONCEPTOS BÁSICOS DE TRANSPORTE DE FLUÍDOS
Calibrado dun estreitamento para a medida de caudais de líquidos
Calibrado dun estreitamento para a medida de caudais de gases
Demostración do teorema de Bernouilli
Tempo de baleirado dun depósito
GRUPO 2. CIRCULACIÓN DE FLUÍDOS
Planta de fluídos
Fluxo de fluídos a través de leitos porosos
Leito fluidizado
Ensaio de válvulas para líquidos
GRUPO 3. BOMBAS
Estudo de bombas centrífugas
Estudo dunha bomba e os seus compoñentes
Bernouilli (efecto Venturi e diafragma). Bombas (curvas características e cavitación)
GRUPO 4. CONCEPTOS BÁSICOS DE TRANSMISIÓN DE CALOR
Illamento térmico
Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte.
Analoxía eléctrica da condución de calor
Transferencia de calor en dúas fases (líquido-vapor)
GRUPO 5. INTERCAMBIADORES DE CALOR
Estudo dun cambiador de calor (I): Dobre tubo e placas planas
Estudo dun cambiador de calor (II): Dobre tubo, carcasa e tubos, placas planas
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MOTT, R.L. “Mecánica de fluidos aplicada” 4ª Ed, Prentice Hall, Mexico (1996); "Applied fluid mechanics" 6th Ed., Pearson International Edition, México (2006)
INCROPERA, F. P."Fundamentos de transferencia de calor", Prentice-Hall Hispanoamericana, México (1999);
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ÇENGEL, Y.A. "Transferencia de calor y masa" 3º ed. McGraw-Hill, Mexico (2007)
COSTA NOVELLA y col. “Ingeniería Química. Vol. 3. Flujo de fluidos” Alhambra, Madrid (1985)
HOLMAN, J.P. "Transferencia de calor" 8ª ed., (1ª en español), McGraw-Hill, Interamericana de España, Madrid (2000)
INCROPERA, F.P. y col. "Introduction to heat transfer" 5th ed., Wiley, New York (2007)
KREITH, F., BOHN, M.S. "Principios de transferencia de calor" 6ºEd., Thomson, Madrid (2002)
LEVENSPIEL, O. “Flujo de fluidos e intercambio de calor” Reverté, Barcelona (1993)
PERRY, R.H. y col. "Perry manual del ingeniero químico" 7ª Ed., 3ª ed. en español, McGraw-Hill, Madrid (2001)
WHITE, M.B. “Mecánica de fluidos” 5ª Ed. Mc Graw Hill, Madrid (2004)
WILKES, J.O. “Fluid Mechanics for chemical engineers” Prentice Hall, London (1999)
CompetenciasCompetencias específicas
CI.1. Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor.
Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
CI.2. Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a sua
aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de
canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
CQ.3.2 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de
experimentación aplicada especialmente para: Sistemas con fluxo de fluídos e
transmisión de calor
Competencias xerais
CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións,
creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos,
habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións,
taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos
análogos.
Competencias transversais
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.2 Capacidade de organizar e planificar
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.8 Traballo en equipo
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza Por tratarse dunha materia experimental a metodoloxía a seguir para o seu desenvolvemento adecuarase a iso. Tal e como se indica no apartado "Tempo de estudos e traballo persoal" as actividades formativas inclúen: prácticas de laboratorio, titorías individualizadas e exame e revisión, que requiren unha dedicación por parte do alumno distribuída en horas presenciais e horas de traballo persoal para preparar as diferentes actividades encomendadas e o exame.
As sesións prácticas comezarán cunha sesión conxunta na que o profesor exporá unha serie de cuestións básicas sobre o desenvolvemento da materia:
* Preparación dos grupos de traballo (máximo 3 alumnos)
* Cada equipo fará 5-6 prácticas.
* Directrices básicas acerca do traballo no laboratorio (horario, normas, cuestións de seguridade, traballo en grupo, etc.)
* Indicacións para a elaboración da libreta de laboratorio e da memoria de prácticas.
* Indicacións sobre a avaliación da materia.
* Presentación da plataforma virtual na que se incluirán ademais dos guións de prácticas, normativa de seguridade, así como todos os aspectos sobre a materia previamente mencionados para que queden a disposición do alumno. A devandita plataforma ademais poderá ser utilizada como vía de comunicación profesor-alumno.
* Presentación do calendario de Google do curso no que o alumno dispoñerá de toda a información acerca de datas de entrega de libreta, memoria de prácticas, etc.
As prácticas de laboratorio asignadas a cada grupo desenvolveranse nunha serie de etapas que inclúen: preparación dos conceptos teóricos necesarios para o desenvolvemento da práctica para o que terán que acudir á bibliografía, notas de clase, páxinas web, etc. Neste punto o profesor valorará se os alumnos dispoñen dos coñecementos necesarios para abordar a parte experimental da práctica e se teñen claro o obxectivo da mesma. Tras a parte experimental, os alumnos realizarán o tratamento dos datos obtidos para o que se utilizará a folla de cálculo Excel.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación desta materia teranse en conta os seguintes aspectos:
A libreta de laboratorio que será única por equipo e responsabilidade de todos os membros do mesmo conterá os datos, anotacións e incidencias observadas no laboratorio
Unha semana despois de finalizar as prácticas os alumnos entregarán:
i) Libreta de laboratorio e fichero excel con datos e cálculos
ii) Cada equipo entregará a memoria de dúas/tres prácticas, que lle serán indicadas polo profesor. A memoria a realizar deberá ser concisa e recoméndase utilizar un formato de publicación de investigación (“ paper”), contendo polo menos unha breve introdución, materiais e métodos, resultados e discusión e conclusións.
Exame: Uns quince días despois de finalizar as prácticas realizarase o exame que será oral e consistirá na presentación individual por cada alumno dunha das prácticas das que realicen a memoria. A presentación farase en Power point, entregándose unha copia do ficheiro utilizado.
A distribución da cualificación será a seguinte:
* Exame: 40%
* Actividades laboratorio (25%) / Memorias de prácticas: (25%)
* Titorías: 10%
O alumno debe obter unha nota mínima de 3 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, traballos/ actividades e tutorías). No caso de que non consiga este mínimo, poderá recuperalo na convocatoria de Xullo.
As cualificacións dos traballos, actividades e tutorías comunicaránselle ao alumno antes do exame.
Será considerado como NON PRESENTADO aquel alumno que falte a máis dun 20% das horas presenciales da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalPrácticas laboratorio:
Horas presenciais 51,0 Horas traballo alumno 68,0 ECTS 4,8
Titorías individualizadas:
Horas presenciais 2,0 Horas traballo alumno 3,0 ECTS 0,2
Exame e revisión:
Horas presenciais 5,0 Horas traballo alumno 21,0 ECTS 1,0
Total:
Horas presenciais 58,0 Horas traballo alumno 92,0 ECTS 6,0
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi importante ter superado as materias previas de 2º curso (1 er semestre) "Transporte de fluídos" e "Termodinámica aplicada á Enxeñaría Química" e cursar a materia "Transmisión de Calor" que se imparte simultánemente con esta no 2º semestre.
Por outra banda, é recomendable ter práctica no manexo da folla de cálculo EXCEL, que será a empregada para o tratamento de datos, e cuxa aplicación se aborda na materia de primeiro curso "Informática".
Observacións* A docencia impartirase en gallego ou castelán
*El alumno acudirá provisto de bata de laboratorio e lentes de seguridade.
*A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran a " normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información encóntrase dispoñible na páxina web da USC (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
*Ademais, distribuiranse e asinarán trípticos ao inicio da primeira sesión de prácticas.