Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021325 - Enxeñaría Ambiental (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL.SI
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia é facilitar uns coñecementos básicos acerca da problemática existente coa contaminación ambiental. Para iso, estudarase a caracterización e tratamento de augas residuais, residuos e gases contaminados así como os fundamentos relacionados coa lexislación vixente. Ademais, se presentarán as ferramentas de xestión ambiental como son a directiva da UE de Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC) e a metodoloxía de estudios de impacto ambiental.
    Contidos
    Desenvolveranse os contidos que figuran na memoria de Grao de Enxeñería Química:
    “Contaminación. Caracterización de augas residuais. Pretratamentos e tratamentos físico-químicos de augas residuais. Eliminación biolóxica de materia orgánica. Caracterización, xestión e tratamento de residuos sólidos. Caracterización e tratamento de gases contaminados. Xestión ambiental. Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC). Avaliación de Impacto Ambiental. Normativa vixente.”

    Bloque I: Contaminación

    Tema 1. Problemática ambiental e caracterización de contaminantes: Os límites do crecemento, o concepto de desenvolvemento sustentable.

    Bloque II: Tratamento de augas residuais
    Tema 2. Caracterización de augas residuais: Parámetros físicos, químicos e biolóxicos. Caracterización de caudais e cargas contaminantes. Lexislación. Métodos de tratamento, introdución a análise e selección de procesos e tratamentos.
    Tema 3. Operacións unitarias físicas e químicas. Separación de sólidos grosos, decantación, flotación..
    Tema 4. Fundamentos dos procesos biolóxicos de tratamento de augas residuais. Eliminación biolóxica de materia orgánica. O proceso de lodos activos.

    Bloque III: Caracterización e tratamento de residuos
    Tema 5. Caracterización de residuos: propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Clasificación de residuos. Lexislación. Lista europea de residuos.
    Tema 6. Xeración, recollida e centros de transferencia de residuos.
    Tema 7. Tratamento de residuos: Vertedoiros, tratamento biolóxico e procesos térmicos.

    Bloque IV: Contaminación atmosférica e tratamento de gases contaminados
    Tema 8. Caracterización de contaminantes atmosféricos. Principais fontes e impactos dos contaminantes atmosféricos. Lexislación.
    Tema 9: Tecnoloxías de tratamento: partículas en suspensión.
    Tema 10: Tecnoloxías de tratamento: Contaminantes gasosos e vapores (NOx, SOx e COVs)

    Bloque V: Xestión Ambiental
    Tema 11. Sistemas de xestión ambiental: ISO 14001 e EMAS.
    Tema 12. Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC): Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD), documentos de referencia (BREF), Valores Límites de Emisión; Autorización Ambiental Integrada (AAI). Rexistro de Emisións e Transferencia de Contaminantes (PRTR).
    Tema 13: Ferramentas de xestión ambiental: Estudos de Impacto Ambiental, Análise de Ciclo de Vida (ACV() e pegada ambiental.



    Bibliografía básica e complementaria
    Libro recomendado:
    • Kiely, G., Ingeniería Ambiental. Editorial Mc-Graw Hill, 1999.

    Bibliografía complementaria:

    Contaminación e Xestión Ambiental
    • Azapagic A., Perdan S. and Clift, R. “Sustainable development in practice: case studies for engineers and scientists”. Wiley & Sons, cop. 2004
    • Baumann H. & Tillman A.M. “The Hitch Hiker's guide to LCA: an orientation in life cycle assessment methodology and application”. Studentlitteratur. 2004.
    • Corbitt R.A. “Standard handbook of environmental engineering”. Ed. McGraw-Hill. 1999.
    • Davis M.L., Cornwell D.A. "Introduction to environmental engineering" 3rd edition, Ed. McGraw-Hill. 1998.

    Tratamento de augas
    • Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and reuse ". 4ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (2003).
    • Degremont. “Water Treatment Handbook” 2 volumes, Degremont, 6th Ed. (1991).
    • Eckenfelder W.W. "Industrial Water Pollution Control", Mc-Graw Hill, New York (1999).
    • Henze M., Härremoes P., La Cour Jansen J., Arvin E. "Wastewater Treatment". Springer Verlag, Berlin. (1997).

    Tratamento de residuos
    • Tchobanoglous G. Theisen, H., Vigil, S. "Gestión Integral de Residuos Sólidos". Editorial Mc-Graw-Hill. 1995.
    • Lagrega M.D. "Gestión de residuos tóxicos. Tratamiento, eliminación y recuperación de suelos". Editorial Mc-Graw Hill. (1996).

    Contaminación atmosférica e tratamento de gases contaminados
    Cooper C. D. & Alley F.C. “Air pollution control: a design approach”. Waveland Press (2002)
    Davis W.T. “Air Pollution Engineering Manual” 2nd Ed. John Wiley & Sons. New York. (2000).

    Competencias
    Competencias específicas
    CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sustentabilidade.

    Competencias xerais
    CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
    CG.10. Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar
    CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    Competencias transversais
    CT.1. Capacidade de análise e síntese.
    CT.5. Capacidade de xestión da información.
    CT.7. Toma de decisións
    CT.8. Traballo en equipo.
    CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    CT.16. Sensibilidade aos temas ambientais.
    CT.19. Aprendizaxe autónoma.
    Metodoloxía da ensinanza
    Usarase a lección maxistral para desenvolver gran parte do temario. Os seminarios dedicaranse basicamente a realización de sesións de problemas e servirán para complementar a sesión de titoría, na que os alumnos terán que estudiar e preparar en grupos unha parte dun tema, usando técnicas de traballo cooperativo en grupo supervisadas polo profesor. Na titoría cada equipo de alumnos analizará un informe de Xestión Ambiental dunha instalación industrial concreta. Realizarase unha visita técnica a unha Estación Depuradora de Augas Residuais ou planta de xestión de residuos.

    Empregarase a aplicación Moodle, coma ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecendo aos alumnos información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudio da materia (apuntes do profesor así como artigos científico-técnicos) fomentando o estudio autónomo do estudiante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Realizaranse algúns dos problemas da materia utilizando folla de cálculo (Excel).

    Sistema de evaluación
    A cualificación do alumno é unha media ponderada do rendemento obtidos no exame (60% da cualificación; calificación; onde se requiere unha calificación mínima do 40%) dos traballos da aula (30% da cualificación) e da titoría (10% da cualificación). Considerarase obrigatoria a asistencia a titoría. O exame componse de dúas partes diferenciadas, teoría e problemas, que teñen o mesmo peso na nota final do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do producto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade. A carga total de traballo é de 112,5 horas implica que cada ECTS supoña 25 horas de traballo do alumno.

    Distribución de la actividad formativa en créditos ECTS

    Actividade................Horas aula...Horas alumno...ECTS

    Clases maxistrais...........28,0.......34,0...............2,5
    Seminarios......................9,0.......11,0...............0,8
    Aula informática...............0,0........0,0................0,0
    Prácticas laboratorio..........0,0........0,0................0,0
    Titorías grupo..................1,0........4,0................0,2
    Subtotal.........................38,0......49,0................3,5
    Titorías individualizadas....1,0........2,0................0,1
    Examen e revisión.............5,0......17,5................0,9
    Total..............................44,0......68,5................4,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter unha serie de coñecementos básicos que resultan de importancia para lograr superar a mesma, e que se dan ó longo dos 3 primeiros cursos da titulación de Grao en Enxeñería Química:

    Química Fundamental, Química Inorgánica, Orgánica e Analítica.
    Análise e Fundamentos de Procesos Químicos.
    Matemáticas, Informática e Física.
    Enxeñería da Reacción Química.
    Transferencia de Materia.
    Inglés técnico.

    Asemade para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web). Recoméndase a asistencia a clase e participación activa do alumno nas mesmas, recoméndase tamén que se faga un estudio continuado da materia e que se faga uso da aplicación Moodle da materia de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.

    Observacións
    IDIOMA: A materia impartirase en 2 grupos, un impartido en galego e outro en inglés.