G4021326 - Enxeñaría Bioquímica (Tecnoloxía Específico, Química Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia está pensada para desenvolver os principios de enxeñería química e biolóxica ensinados en cursos anteriores, proporcionando un coñecemento máis profundo dos procesos bioquímicos e da industria biotecnolóxica.
A materia incluirá clases nas que se introducirán biosistemas e bioprocesos complexos, e se desenvolverá unha estratexia cara á súa análise enxeñeril. Son necesarios coñecementos previos de cálculo e de enxeñería química.
ContidosTema 1. Introdución á Biotecnoloxía e á Enxeñería Bioquímica
Biotecnoloxía e Enxeñería Bioquímica. Multidisciplinaridade. Definicións básicas. Aplicacións: biotransformacións, agricultura e alimentación, saúde, medio ambiente. Descrición de procesos industriais. Diagramas de fluxo.
Tema 2. Ubicación dos microorganismos na Bioloxía. Concepto de célula e tipos de organización celular. Célula procariota. Morfoloxía e estrutura básica.
Célula eucariota básica. Características estruturais (mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi, lisosomas, núcleo, membrane plasmática). Descrición dun proceso xeral de clonación. Ferramentas básicas: Enzimas. Vectores de clonación. Formación de ADN recombinante. Produtos biotecnolóxicos obtidos por Enxeñería Xenética.
Tema 3. Cinética enzimática
Características e tipos de enzimas. Cinética enzimática. Ecuación de Michaelis-Menten. Inhibición enzimática. Modificación da actividade enzimática. Enzimas inmobilizados: métodos, consideracións de transferencia de materia. Aplicacións de enzimas.
Tema 4. Cinética microbiana
Cultivos celulares. Glicólise; ciclo Krebs e outras rutas. Estequiometría do crecemento de microorganismos. Factores medioambientais. Clasificación e modelos de crecemento microbiano. Ecuación de Monod. Inhibición. Inmobilización.
Tema 5. Biorreactores
Conceptos básicos a considerar no deseño dun biorreactor. Balances de materia e enerxía. Reactores de tanque axitado: operación en discontinuo, semicontinuo e continuo. Reactores de fluxo en pistón. Efecto da recirculación de biomasa. Esterilización. Aeración. Sensores. Instrumentación.
Tema 6. Biorreactores non convencionais
Descrición das características e operación dos principais reactores non convencionais: leito fixo, leito fluidizado, air-lift, reactores de membrana, fotobiorreactores, biorreactores bifásicos.
Tema 7. Bioseparacións
Eliminación de biomasa. Disrupción celular. Técnicas baseadas en membranas. Extracción. Adsorción e Cromatografía.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Bailey, J.E., e Ollis, D.F. Biochemical Engineering Fundamentals. 2nd ed. McGraw Hill, New York (1986).
Gòdia Casablancas, F., e López Santín, J. Ingeniería Bioquímica. Ed. Síntesis. Madrid (1998).
Bibliografía complementaria
Reinhard Renneberg. Biotechnology for beginners. Elsevier (2007).
Soetaert, W y Vandamme. EJ. Industrial Biotechnology: Sustainable Growth and Economic Success. Wiley-VCH Verlag (2010)
Aiba, S., et al. Biochemical Engineering. 2nd ed. University of Tokyo Press, Tokyo (1973).
Atkinson, B., e Mavituna, F. Biochemical Engineering and Biotechnology Handbook. Stockton Press (1991).
Jagnow, G., e David, W. Biotecnología. Introducción con experimentos modelo. Ed. Acribia (1991).
Moo-Young, M. Comprehensive Biotechnology. Pergamon Press (1985)
Wiseman, A. Handbook of Enzyme Biotechnology. Ellis Horwood (1985).
CompetenciasCompetencias específicas:
o (CQ.1.2) Coñecementos sobre biotecnoloxía.
o (CQ.1.4) Enxeñería da reacción química.
o (CQ.2.1) Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos.
Competencias xerais:
o (CG.3) Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
o (CG.4) Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
Competencias transversais:
o (CT.3) Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira.
o (CT.6) Resolución de problemas.
o (CT.8) Traballo en equipo.
o (CT.11) Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
o (CT.19) Aprendizaxe autónoma.
En relación ás competencias CQ.1.2, CG.3 e CG.4, promoverase a cultura de seguridade mediante o estudio dalgún tema (exemplos: esterilización, riscos biolóxicos, deseño de reactores)
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza dos contidos teóricos levarase a cabo por medio de clases maxistrais, onde os contidos se explicarán e xustificarán. Estas clases contarán co apoio do Campus Virtual (a través da plataforma web da USC) e presentacións en formato electrónico (postas previamente a disposición dos estudantes). Tódolos estudantes matriculados nesta materia teñen acceso libre á materia virtual. Estimularase a interacción estudante-profesor, con discusión de aspectos e conceptos clave, de cara a favorecer a aprendizaxe e a participación activa.
As clases de seminario consistirán na resolución de problemas, algúns dos cales serán resoltos polos propios estudantes. Nestas clases establecerase un diálogo cos estudantes en relación a varios aspectos teóricos e prácticos, para maximizar a aprendizaxe por parte do estudante. A folla de cálculo usada para a resolución de problemas será principalmente Excel.
Sistema de evaluaciónEfectuarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe, por medio do encargo de diferentes tarefas, que poderán ser presentacións orais/escritas dalgún tema, a resolución de problemas, traballo en equipo, de 5 traballos, que corresponderán a avaliación continua, a cal será a base para unha primeira nota, que contará o 60% da nota final.
Os traballos que corresponden a evaluación continua son os seguintes:
1) Presentación de PP sobre un proceso biotecnolóxico, con maior énfase no tipo de biocatalizador, reactor e condicións de cultivo/operación.
2) Exercicio resolto de cinética enzimática.
3) Exercicio resolto de cinética microbiana ou de reactores bioquímicos (batch/CSTR).
4) Estudo dun aspecto de diseño dun reactor bioquímico.
5) Unidades de downstream.
O traballo desenvolvido durante as titorías de grupo tamén será avaliado e a nota correspondente constituirá o 10% da nota final. Ó final das clases farase un exame teórico-práctico, incluíndo cuestións teóricas e resolución de problemas, que contará o 30% da nota final.
Os estudantes que non realizaran as tarefas durante o curso, ou os estudantes repetidores, terán a posibilidade de realizar o exame nas próximas convocatorias sempre que realicen un traballo especial sobre temas como Cultivos de Tecidos de Plantas ou Mamíferos, Produción de Anticorpos Monoclonais, Produción de Antibióticos, Plásticos Biodegradables, Bio-informática ou Produción de Células Nai, ou algún tema relacionado.
Consideraranse non presentados os estudantes que non participaran no 25% ou máis das actividades propostas.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímanse un total de 112,5 horas (4,5 créditos ECTS) entre clases e traballo por parte do estudiante, incluíndo as do exame. Da cantidade total, 38 horas serán na aula, en forma de clases expositivas, interactivas ou de titoría de grupo.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que os estudantes cursen simultaneamente a materia Enxeñería da Reacción Química.
Tendo en conta o papel clave de discusións construtivas sobre os contidos teóricos e a súa aplicabilidade na industria, considérase fundamental a asistencia á clase e a participación activa dos estudantes, para acadar os obxectivos da materia.
ObservaciónsHaberá dous grupos para esta materia, impartíndose en diferentes idiomas: un en galego, e o outro en inglés.