G4021329 - Enxeñaría de Procesos (Tecnoloxía Específico, Química Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo específico debe ser a descrición e análise dos procesos químicos máis coñecidos tendo en conta non só as materias primas implicadas e os produtos obtidos no mesmo, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e a análise das súas variables fundamentais. O alumno ten que entender que os procesos teñen que funcionar de forma segura, fiable, rentable e con un comportamento dinámico adecuado, nun intervalo de condicións de operación
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA
ANÁLISIS DE PROCESOS QUÍMICOS
Lección 1. Diagramas de proceso
-Diagrama de bloques: Plantas. Procesos
-Diagrama de fluxo. Información de correntes. Información de equipos
-P&ID
-Layout
Lección 2. Estrutura e síntese do diagrama de fluxo
-Procesos continuos e discontinuos
-Estrutura de entradas e saídas do proceso
-Estrutura de recirculación
-sistemas de separación e intercambio de enerxía
Lección 3. As condicións do proceso
-Presión e temperatura
-Condicións especiais
Lección 4. Principios baseados na experiencia para avaliar a adecuación do deseño do proceso
-Reglas heurísticas
-Fontes de información
Lección 5. Análise de custos en procesos
-Fases no deseño dun proceso e clasificación dos custos
-Influencia da capacidade e influencia do tempo
-Investimento: Compoñentes dos custos de capital fixo e capital circulante
-Métodos de estimación
Lección 6. Seguridade en procesos
-Diferencia entre PPRL e PPAG.
-Marco legal en Europa. Axencias internacionais.
-Perigos de exposición
-Fichas de seguridade
-Accidentes catastróficos. Definicións, conceptos e escenarios
-Medidas de protección. Seguridade funcional e organizativa. Xerarquía, independencia e diversidade na configuración das medidas de protección dunha planta de proceso.
-Árbores de fallos e sucesos
-Análise de operabilidade e perigos: HAZOP
-ACR. Conceptos básicos
EXERCICIOS. Pizarra.
ESTRATEXIA EN ENXEÑERÍA DE PROCESOS
Lección 7. Operabilidade.
-Principios da operabilidade dun proceso: Rexión de operación, fiabilidade, flexibilidade, seguridade, operación en transición, funcionamento dinámico, monitorización e diagnóstico.
- Eficiencia: Operativa, de materia e enerxética. Eficiencia e operabilidade.
- Fontes de enerxía e procesos. revisión xeral e oportunidades para a integración.
-A análise Pinch.
EXERCICIOS. Desenvolvemento de follas excel
DOCENCIA INTERACTIVA
-Exercicios asociados a cada lección. Discusión en seminario
-Caso práctico. Investigación de accidentes en plantas de proceso
-Tutorías de grupo:
Tutoría 1-Estudo dun HAZOP- Discusión en grupo
Tutoría 2 -Estudo de procesosPresentaciones orais dentro dos temas, materias primas, recursos energéticoa,refinaría e birefinería integrada. Presentación en grupo
-Actividades en colaboración coa aula Profesional [opcional]
ACTIVIDADES INDIVIDUAIS PARA ENTREGAR[RELACIONADAS COS SEMINARIOS] :3 [una cada mes, aprox.]
1-Debuxar diagramas de proceso a partir dunha descrición (instalaciónsencilla, unha ou dúas unidades.
2-Definir criterios en termos de custos, sguridad e sustentabilidade para seleccionar rutas e operacións nun proceso
3-Desenvolver unha folla excel para estimar custos e valorar alternativas durante o desenvolvemento dun proceso (estimacións pre-deseño detallado
Bibliografía básica e complementaria- Turton, R.; Bailie, R. C.; Whiting, W. B.; Shaeiwitz, J. A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 2nd Ed. Prentice Hall, New Jersey (2003)
Bibliografía complementaria
- Ullmann´s: "Encyclopedia of Industrial Chemistry". 5ª Edición en CD-ROM. Wiley-VCH. 1997
- Gary, J.H. y Handwerk, G.E. ”Refino del petróleo”, Ed. Reverté, Barcelona (1981).
- Himmelblau D.M. y Bischoff K.B. "Análisis y Simulación de Procesos", Reverté, Barcelona (1976).
- Kent J.A. "Riegel. Química Industrial", Grijalbo, Barcelona (1964).
- Ramos Carpio, M.A. ”Refino de petróleo, Gas natural y Petroquímica”, Fundación Fomento Innovación Industrial, Madrid (1997).
- Rudd D.F. y Watson C.C. "Estrategia en Ingeniería de Procesos", Alhambra, Madrid (1976).
- Stephenson R.M. "Introducción a los Procesos Químicos Industriales", CECSA, México (1974).
- Vian Ortuño, A. ”Introducción a la Química Industrial”, Ed. Reverté, S.A., Barcelona (1996).
Advances in chemical engineering. Vol. 23: Process synthesis. Ed. Anderson, J.L., Academic Press, New York (1996)
- Mizrahi, J. Developing an industrial chemical process. An integrated approach, CRC Press LLC, New York (2002)
CompetenciasCompetencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire
Competencias específicas
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos.
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos e produtos.
CI.9 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.16 Sensibilidade cara a temas ambientais
Metodoloxía da ensinanza SOPORTE
CLASES EXPOSITIVAS
1) Clases estruturadas para a explicación dos conceptos teóricos básicos (utilizando diapositivas e pizarra). Interacción cos alumnos mediante o método pregunta curta-resposta (5-10 minutos por clase) para dinamizar o funcionamiento da clase. Tamén se lles indica aos alumnos en que temas dos libros recomendados se encontran os conceptos que se lles están explicando (cada día de clase).
2)Resolución por parte da profesora de exercicios-tipo (pizarra). Bases para resolver os exercicios mediante o uso de ferramentas informáticas. 3) Proposta en clase dun exercicio de síntesis con tempo límite para que o resolvan os alumnos de forma que permita á profesora coñecer a forma de traballar do grupo (rapidez, grao de fixación dos conceptos, posta ao día na materia, etc.).
3)Indicacións sobre o uso de novas tecnoloxías de información e comunicación para acceder a fontes de información.
CLASES INTERACTIVAS
-Investigación de accidentes-Utilización de vídeos e discusión con formato mesa redonda e partipación da clase ao completo. Neste tipo de sesións, ademáis de transmitir coñecemento, preténdese exercitar ao alumno na intervención ante un gran auditorio, onde debe imperar a orde de intervención, o respecto ás opinións e sensibilidades dos demáis e a capacidade de discrepar nun ambiente non agresivo.
-Follas de cálculo Excel. Indicarase ao alumno en clase como configurar a folla e asignaranse exercicios para os que cada alumno debe deseñar a súa propia folla de cálculo e enviar ao profesor en formato ficheiro electrónico. Discutiranse en clase.
- Tutorías de grupo. Asignarase un traballo e discutirase co grupo utilizando o formato de mesa redonda.
-Estudo de procesos. Asignarase un tema a grupos de 5-6 alumnos. Os alumnos presentarán o tema en clase utilizando o formato Powerpoint. Os profesores analizarán cada unha das exposicións (contido, visualización, exposición oral) e indicarase aos alumnos como corrixir fallos conceptuais e de formato. Os alumnos disporán dun tempo para facer as correccións e entregarán un informe en formato papel que permitrá avaliar a súa capacidade de comunicar mediante informe.
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades, traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo. Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a cualificación final.
a) Exame 60%
b) Actividades individuais 25 %
c) Tutorías 10 %
d) Informe profesor 5%
A asistencia ás titorías de grupo é obrigatoria. A asistencia aos seminarios no que os alumnos teñan que facer exposición de traballos é obrigatoria e recomendable nos demais, o mesmo que nas clases expositivas, dada a dificultade da materia.Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a cualificación final.
1-Para sumar as cualificacións hai que obter un mínimo do 40% de cada apartado. Se non se supera este mínimo suspéndese a materia
2-Para a convocatoria de xullo consérvase a cualificación dos apartados b), c) e d) se se superou o mínimo. Se non se supera o mínimo, estudarase individualmente cada caso e indicarase ao alumno a posibilidade e forma de recuperación.Obviamente se non alcanzou o mínimo da fase presencial, esta parte é irrecuperable e significa o suspenso na materia.
3-Non se conservan cualificacións dun curso para o seguinte
A cualificacións dos traballos, actividades e titorías se lle comunicarán ao alumno antes do exame.
Tempo de estudo e traballo persoalClases maxistrais: 28,0 horas presenciais; 34,0 horas traballo alumnos; 2,5 ECTS
Seminarios: 9,0 horas presenciais; 11,0 horas traballo alumnos; 0,8 ECTS
Tutorías grupo: 1,0 horas presenciais; 4,0 horas traballo alumnos; 0,2 ECTS
Tutorías individualizadas: 1,0 horas presenciais; 2,0 horas traballo alumnos; 0,1 ECTS
Exame e revisión: 5,0 horas presenciais; 17,5 horas traballo alumnos; 0,9 ECTS
Total: 44,0 horas presenciais; 68,5 horas traballo alumnos; 4,5 ECTS
Recomendacións para o estudo da materia1) Cultivar as técnicas de auto-estudo (biblioteca, libros recomendados en clase e outros que puidesen espertar o interese do alumno e resolución de problemas á marxe dos propostos en clase). Non cinguirse exclusivamente ao visto na clase maxistral
2)Autodisciplina nos horarios de estudo
3)Participación en clase
4)Resolución con frecuencia diaria dos exercicios e cuestións expostos en clase
5)Utilización de recursos-web avanzados como complemento do apoio tutorial
6)Imprescindible a asistencia de forma regular ás tutorías
7)Recapitulación final e preparación global de cada tema. Plantexarase un problema e comprobarase que se poden levar a cabo todas aquelas tarefas tratadas no tema. En caso negativo comentar coa profesora as dificultades atopadas antes de seguir avanzando na materia.
8) Máxima dedicación individual durante a docencia práctica
Haber cursado as materias Transporte de fluidos, Transmisión de calor e Transferencia de materia
ObservaciónsA docencia teórica impártese en castelán